Centro

viernes, 31 de marzo de 2017

Marzo de poesía: Gloria Fuertes

Es importante que los niños lean poesía. Y es más que importante, es necesario…
Gloria Fuertes

A poeta Gloria Fuertes naceu en Madrid o 28 de xullo de 1917 e faleceu nesta mesma cidade o 27 de novembro de  1998. A partir dos anos 70 fíxose moi popular pola súa colaboración en programas infantís de RTVE. Este ano, no que se cumpren cen anos do seu nacemento, queremos lembrar a Gloria a poeta infantil, a Gloria divulgadora literaria, a Gloria poeta postista, a Gloria loitadora en contra da inxustiza, a Gloria pacifista, a Gloria defensora da igualdade das mulleres... Queremos lembrar a esa gran poeta chamada Gloria Fuertes que usaba a ironía para escribir sobre a soidade, o amor, a inxustiza, a guerra...

Para saber máis:

jueves, 30 de marzo de 2017

Marzo de poesía O pouso do fume de Dores Tembrás


Dores Tembrás publico o seu poemario O pouso do fume no ano 2009. A el pertence o seguinte poema:
amor
que sostes os meus pulsos coma se foran
cuncas diminutas de cerámica chinesa

e non sabes que as cereixas
deixaron de medrar ata que volvas
Dores Tembrás, O pouso do fume

 Stephane Lutier: Dores Tembrás (fototeca da AELG)

lunes, 27 de marzo de 2017

Día Mundial do Teatro

De esta forma, por lo tanto, pertenezco al mundo. Soy griega, africana, siria, veneciana, rusa, brasileña, persa, romana, japonesa, una newyorquina, una marsellesa, una filipina, una argentina, una noruega, una coreana, una alemana, una austriaca, una inglesa – una verdadera ciudadana del mundo, por virtud del ensamblaje personal que existe dentro de mí.
Isabelle Huppert, Mensaxe do Día Mundial do Teatro 2017


A. Meunier: Comédie-Française no século XVIII

Hoxe celébrase o Día Mundial do Teatro. Esta conmemoración naceu en 1961 por iniciativa do Instituto Internacional do Teatro (ITI).

Aquí tedes algúns enlaces sobre esta data:

viernes, 24 de marzo de 2017

Marzo de poesía: obradoiros con Dores Tembras

e ao fin,
inimiga das billas que pingan
dos liques que tinguen a louza
Dores Tembrás: O pouso do fume 


Dores Tembrás visitounos o pasado xoves para apaixonarnos pola poesía a través de dous obradoiros dirixidos ao alumnado de 3º e 4º de ESO: Elas, poesía de muller e Penélope. O primeiro é unha actividade "concibida para aproximarnos a unha escolma de importantes autoras que permitirá analizar de perto o seu traballo poético e as características da súa escrita", mentres que o segundo achéganos á figura de Penélope a través da poesía e outras artes. 
Esta xornada tan especial foi froito da colaboración da Biblioteca Pública e do Departamento de Igualdade do Concello co noso centro dentro das actividades programadas para conmemorar o Día Mundial da Poesía e o Día Internacional da Muller.