- "Yo a las cabañas bajé,
- yo a los palacios subí,
- yo los claustros escalé
- y en todas partes dejé
- memoria amarga de mí."
- O mesmiño que namoraba a Dona Inés con estas palabras:
- "¡Ah! ¿No es cierto, ángel de amor,
- que en esta apartada orilla
- más pura la luna brilla
- y se respira mejor?
- Esta aura que vaga, llena
- de los sencillos olores
- de las campesinas flores
- que brota esa orilla amena:
- esa agua limpia y serena
- que atraviesa sin temor
- la barca del pescador
- que espera cantando el día,
- ¿ no es cierto, paloma mía,
- que estás respirando amor?"
- Ao que unha Dona Ines namorada respondía:
- "¿Y qué he de hacer ¡ay de mí!
sino caer en vuestros brazos,
si el corazón en pedazos
me vais robando de aquí?
No, don Juan, en poder mío
resistirte no está ya:
yo voy a ti como va
sorbido al mar ese río.
Tu presencia me enajena,
tus palabras me alucinan,
y tus ojos me fascinan,
y tu aliento me envenena.
¡Don Juan! ¡Don Juan!, yo lo imploro
de tu hidalga compasión:
o arráncame el corazón,
o ámame porque te adoro."
viernes, 31 de octubre de 2014
Don Juan Tenorio
O 1 de novembro ou noutras datas próximas aos días de Tódolos Santos e de Defuntos represéntase en numerosos teatros españois a peza teatral máis representada na historia da literatura en España: Don Juan Tenorio de Zorrilla. Si, a protagonizada por aquel que di:
jueves, 30 de octubre de 2014
Novembro de festas tradicionais I: Samaín, Halloween, cabazas...
Chegou xa esa data do ano na que o outono nos trae a visita do medo: Samaín, Halloween... Pero, en realidade cando e como se iniciaron estas celebracións?
Como xa sabes Halloween é unha contracción de "All Hallows' Eve", que traducido ao galego vén sendo véspera de Todos os Santos. En realidade semella que a orixe da festa provén do Samhaín irlandés que os habitantes de Éire, nome celta da illa, levaron con eles a Estados Unidos cando as grandes emigracións do século XIX. Alí popularizouse moito, estendéndose a súa celebración por numerosos países do mundo.
O Samhaín irlandés era a festividade coa que na verde illa se celebraba a recollida das colleitas e a chegada do ano novo. Pensaban que nesta noite as fronteiras que separaban o mundo dos vivos e dos mortes desaparecían e as ánimas retornaban ás súas casas. Os irlandeses dividían o ano en dúas metades, a da luz e a da escuridade, o cal segundo o insigne antropólogo escoceś J.G Frazer, autor da moi alabada e moi cuestionada (todo cómpre dicilo) La rama dorada, se debe a que se dedicaban principalmente ao pastoreo e polo tanto para eles as grandes épocas do ano eran aquelas nas que os rabaños saían dos lugares onde estaban estabulados (a principios do verán) e volvían a eles (a principios do inverno).
Era costume, segundo afirman algunhas fontes, no Samhaín baleirar nabos e colocar unha candea dentro, mais cando os irlandeses emigraron a USA cambiaron os nabos por cabazas, caiotas ou calacús, que todos estes nome e algún máis recibe esta cucurbitácea en galego dependendo da zona e da especie. Rafael López Loureiro observou que este costume tamén existía en Galicia e pervivía nalgunhas zonas da nosa comunidade e doutras partes de España. Se ben, cómpre tamén mencionar que hai voces, coma a de Méndez Ferrín, que disinten de que esta sexa unha tradición existente en Galicia. Sexa coma for, o certo é que o Samaín está xa moi estendido en toda Galicia e todos gozamos baleirando as cabazas e contando contos de medo... Non é así?
Así que deixámosche uns enlaces de interese sobre esta data para que te informes máis se así o desexas:
Samaín. Caderno informativo (IES Frei Martín Sarmiento).
Recompilación de recursos sobre o Samaín da Secretaría Xeral de Política Lingüística.
Outono: materiais e recursos. Recompilación da Secretaría Xeral de Política Lingüistica.
Outono: materiais e recursos. Recompilación da Secretaría Xeral de Política Lingüistica.
E nós xa para rematar, deixámosche o vídeo da canción "No Samaín" de Paco Nogueiras, incluída no libro-cd-dvd Brinca vai! con cancións de Paco Nogueiras, ilustracións de David Pintor e vídeos de José Miguel Sagüillo.
Outono literario III
Aínda que non chegou o mes de San Martiño, novembro, non nos resistimos a traer hoxe aquí uns anaquiños de "O outono en Galicia" das Prosas galegas de Florentino López Cuevillas:
"Vide a Galicia no mes de San Martiño, se queredes ver como se murchan os follatos das cepas. Vide a Galicia no mes de San Martiño, se queredes ver fumega-los lumes dos magostos.
É nas ribeiras da nosa terra, onde o outono pinta os seus cadros. Son, primeiro, só uns lixos roxos que estouran entre as viñas como estouran os foguetes no medio da noite; e veñen logo, outros lixos marelos e mourados e verdegados; e deseguida, onde había antes unha viña, hai agora un xardín. E os xardíns xorden axiña, preto e lonxe. Hainos pequerrechos, case coma un pano, mais de tal xeito ledos nas súas cores, que os piñeiros que os rodean quédanse pampos ó miralos. Hai outros que se tenden polas ladeiras estesas e que semellan tapices persas, que un mago do Irán fixese nacer para afuxenta-la súa morriña. E hainos que baixan polos cadoiros dun río de crisantemos."
Florentino L. Cuevillas, Prosas galegas, Galaxia
miércoles, 29 de octubre de 2014
In memoriam Begoña Caamaño
O pasado 27 de outubro faleceu a xornalista e escritora Begoña Caamaño. A viguesa, que se deu a coñecer como escritora serodiamente, é autora das novelas Circe ou o pracer do azul e Morgana en Esmelle.
Ramón Nicolas lembrábaa onte nun artigo en La Voz de Galicia así:
"Disque Penélope tecía e destecía. Begoña Caamaño, nun momento dado,
decidiu asumir un reto: tecer palabras para construír un marabilloso
tapiz, rabenado dolorosamente onte, que escintila en Circe ou o pracer
do azul e mais en Morgana en Esmelle."
Sit tibi terra levis.
A marabillosa biblioteca do Mago Fuco e o Día da Biblioteca
Coñecemos a través do blogue Hora de ler a biblioteca do Mago Fuco do CEIP Plurilingüe Pepe de Xan Baña (Santa Comba, A Coruña). Ademais, a través do sitio temático das Bibliotecas Escolares descubrimos moitas actividades de interese relacionadas co Día da Biblioteca.
Por outra banda, nós non queriamos rematar este mes das bibliotecas sen recordar unha das nosas bibliotecarias predilectas, María Moliner, autora dunhas marabillosas Instrucciones para el servicio de pequeñas bibliotecas e tamén as sabias palabras do filósofo Ortega y Gasset pronunciadas no discurso inaugural do Segundo Congreso
Internacional de Bibliotecarios da International Federation of
Library Associations and Institutions (IFLA), no paraninfo da
Universidade de Madrid, o 20 de mayo de 1935:
"Ahora bien; la escritura, al fijar
un decir, sólo puede conservar las palabras, pero no las intuiciones
vivientes que integran su sentido. La situación vital donde brotaron
se volatiliza inexorablemente: el tiempo, en su incesante galope, se la
lleva sobre el anca. El libro, pues, al conservar sólo las palabras
conserva sólo la ceniza del efectivo pensamiento. Para que éste
reviva y perviva no basta con el libro. Es preciso que otro hombre reproduzca
en su persona la situación vital a que aquel pensamiento respondía.
Sólo entonces puede afirmarse que las frases del libro han sido
entendidas y que el decir pretérito se ha salvado."
Así que a ler e pensar moito, tal e como nos recomenda Ortega e a non esquecer o entusiasmo da gran María Moliner.
Fotografía atopada aquí.
Así que a ler e pensar moito, tal e como nos recomenda Ortega e a non esquecer o entusiasmo da gran María Moliner.
Fotografía atopada aquí.
martes, 28 de octubre de 2014
Wildlife Photograph of the Year e libros sobre o mundo natural
Atopamos na web da BBC as fotos gañadoras do concurso "Wildlife Photographer of the Year" que se entrega todos os anos no Museo de Historia Natural de Londres.
E aproveitamos para lembrarche outros interesantes museos de historia natural:
E aproveitamos para lembrarche outros interesantes museos de historia natural:
- O Museo de Historia Natural da SGHN (Sociedade Galega de Historia Natural) en Ferrol.
- O Museo de Historia Natural da USC (Universidade de Santiago de Compostela) cuxas novas instalacións veñen de ser inauguradas hai uns días. Aquí atoparas un enlace no a súa directora nolo amosa.
lunes, 27 de octubre de 2014
Outono literario II
Sabido é que a vendima é unha desas actividades que asociamos ao inicio do outono, por iso queremos hoxe traer a este blogue unha fábula de Félix María de Samaniego.
LA ZORRA Y LAS UVAS
Es voz común que a más del mediodía,
en ayunas la Zorra iba cazando;
halla una parra, quédase mirando
de la alta vid el fruto que pendía.
Causábala mil ansias y congojas
no alcanzar a las uvas con la garra,
al mostrar a sus dientes la alta parra
negros racimos entre verdes hojas.
Miró, saltó y anduvo en probaduras,
pero vio el imposible ya de fijo.
Entonces fue cuando la Zorra dijo:
«No las quiero comer. No están maduras».
No por eso te muestres impaciente,
si se te frustra, Fabio, algún intento:
aplica bien el cuento,
y di: No están maduras, frescamente.
en ayunas la Zorra iba cazando;
halla una parra, quédase mirando
de la alta vid el fruto que pendía.
Causábala mil ansias y congojas
no alcanzar a las uvas con la garra,
al mostrar a sus dientes la alta parra
negros racimos entre verdes hojas.
Miró, saltó y anduvo en probaduras,
pero vio el imposible ya de fijo.
Entonces fue cuando la Zorra dijo:
«No las quiero comer. No están maduras».
No por eso te muestres impaciente,
si se te frustra, Fabio, algún intento:
aplica bien el cuento,
y di: No están maduras, frescamente.
Felix María de Samaniego,
Fabulas en verso castellano, 1781
miércoles, 22 de octubre de 2014
Outono literario I
O outono xa leva aquí ben días e nós comezamos hoxe a redactar un feixe de entradas cun elo en común: a súa presenza.
Empezamos con Uxío Novoneyra:
Veo o tempo morno do Outono
Os días son tardes longas
O aire é unha cousa...
Todo ten ise xeito:
os tesos
os camiños que se van
no serán do val
os soutos
alumados d'ouro
eu quedo
ollando ó mofo...
Os días son tardes longas
O aire é unha cousa...
Todo ten ise xeito:
os tesos
os camiños que se van
no serán do val
os soutos
alumados d'ouro
eu quedo
ollando ó mofo...
Uxío Novoneyra
lunes, 20 de octubre de 2014
Banda deseñada
De novo a través de Hora de ler coñecemos unha web de moito interese sobre banda deseñada realizada pola biblioteca "A Marela Tarabela" do IES Ramón María Aller Ulloa de Lalín. Preme aquí se queres consultar esta útil ferramenta.
viernes, 17 de octubre de 2014
Día Internacional para a Erradicación da Pobreza
O Día Internacional para a Erradicación da Pobreza celébrase o 17 de outubro e foi recoñecido pola ONU en 1992. Este ano o tema é: "Non deixar a ninguén atrás: pensar, decidir e actuar unidos contra a pobreza extrema".
Aquí deixámosvos algúns recursos de interese:
- Mapa dos dez países máis pobres do mundo (Europa Press).
- Día Internacional da Erradicación da Pobreza (UNESCO).
- Obxectivos do milenio (ONU).
- Programa mundial de alimentos.
jueves, 16 de octubre de 2014
Día Mundial da Alimentación
O 16 de outubro celébrase o Día Mundial da Alimentación proclamado en 1979 pola FAO. Este ano dedícase á Agricultura Familiar.
miércoles, 15 de octubre de 2014
Máis libros sobre o medio ambiente
Atopamos en Canal lector unha interesante selección de libros titulada "Cuidamos la tierra". A esta coidada mostra poderiamos engadir algúns libros máis en galego como: O carballo de Carlos Silvar que nos lembra que todos os habitantes da natureza formamos un equipo, Guía de ecoloxía cotiá de Ramsés Pérez Rodríguez, Horta ecolóxica na Galiza de Xan Pouliquén, A cuestión ambiental en Galicia de Francisco Díaz-Fierros Viqueira, etc.. Por certo, o autor do último libro, o catedrático de Edafoloxía e Química Agrícola da USC Francisco Díaz-Fierros, pronunciou un discurso titulado "Un ensaio sobre a historia ecolóxica de Galicia: O aproveitamento do solo" durante o acto da súa entrada na RAG.
lunes, 13 de octubre de 2014
Malala e Satyarthi
Malala Yousafzai e Kailash Satyarthi, presidente da Marcha
Global contra o Traballo Infantil, son os
gañadores do Premio Nobel da Paz deste ano. Tal e coma podemos ler nesta nova da TVG o comité noruegués recoñece o labor de ambos a prol da educación e en contra da opresión infantil.
Na nosa biblioteca podes atopar Yo soy Malala, libro escrito por ela mesma e que incluimos nas nosas recomendacións para a ESO o pasado Nadal, na guía de suxestións de lectura titulada "Literatura, cine e educación".
viernes, 10 de octubre de 2014
Libros sobre o medio ambiente
Aproveitando a proveitosa e encomiable campaña de reciclaxe a que aludimos na entrada anterior, queremos lembrarvos que na biblioteca temos numerosos libros relacionados coa natureza e a reciclaxe: La Tierra herida: ¿qué mundo heredarán nuestros hijos?, Atlas básico de ecología, Plantar un pequeño jardín: la jardinería paso a paso, Los porqués de la naturaleza, Os Bolechas coidamos a escola, coidamos o Planeta, Conservación de la naturaleza, Lo que tu puedes hacer para salvar la Tierra... Libros para todas as idades, como podes ver! E ademais, tamén podedes consultar a nosa guía elaborada para o Día Mundial da Auga do 2012.
Para quen isto escribe hai un libro moi especial relacionado con este tema, titúlase Un mundo que agoniza e o seu autor é Miguel Delibes. En realidade é o seu discurso de entrada na RAE e nel podemos ler: "Todo cuanto sea conservar el medio es progresar; todo lo que signifique alterarlo esencialmente, es retroceder."
Para quen isto escribe hai un libro moi especial relacionado con este tema, titúlase Un mundo que agoniza e o seu autor é Miguel Delibes. En realidade é o seu discurso de entrada na RAE e nel podemos ler: "Todo cuanto sea conservar el medio es progresar; todo lo que signifique alterarlo esencialmente, es retroceder."
Uns cantos anos antes, en 1899, outro dos grandes mestres da literatura universal, Anton Chekhov escribiu no seu drama El tío Vania o seguinte:
"El hombre está dotado de inteligencia y fuerza creativa para multiplicar lo que le ha sido dado. Sin embargo, hasta ahora no ha creado, sino que ha destruido. Cada día hay menos bosques, los ríos se secan, la caza desaparece, el clima se ha deteriorado y la tierra se vuelve más pobre y fea."
miércoles, 8 de octubre de 2014
De novo en marcha "¿E ti sustentas?"
O blogue "¿E ti sustentas?" está de novo en marcha despois do verán. Así que, se queredes ver a dous dos vosos compañeiros explicando en que vai consistir o programa de reciclaxe deste ano só tedes que premer aquí.
Parabéns aos promotores e participantes e agora a reciclar moito entre todos.
martes, 7 de octubre de 2014
1º Congreso Mundial sobre Gaudí
Onte, 6 de outubro, inaugurose o 1º Congreso Mundial sobre Gaudí, o xenial (non cabe empregar outra palabra) arquitecto catalán nado en 1852 e finado en 1926. Entre os seus numerosos proxectos figuran: A Sagrada Familia, o Parque Güell, a casa Batlló, o Pazo Episcopal de Astorga, etc..
Se queres saber máis sobre a súa obra recomendámosche que pases pola biblioteca onde poderás atopar libros coma este.
Se queres saber máis sobre a súa obra recomendámosche que pases pola biblioteca onde poderás atopar libros coma este.
lunes, 6 de octubre de 2014
A volta á Terra nun minuto
Atopamos na web da BBC un time-lapse elaborado pola Axencia Espacial Europea (ESA) a partir das fotos enviadas polo astronauta alemán Alexander Gerst. Se queres velo preme aquí.
E aproveitamos para lembrarvos algúns dos libros sobre astronomía que podedes atopar na biblioteca: As vidas de Galileo: viaxe pola historia da astronomía de Fiami, Astronomía práctica e outras cousas de Ramón Vilalta, Los porqués de la astronomía de Paul Martin e Monike Czarneki, Las astrónomas chicas estrella de Sara Gil Casanova, Galileo el astrónomo de Esteban Rodríguez Serrano, Guía del joven astrónomo e ¿Qué sabían los antiguos sobre los astros? de Isaac Asimov...
Xa sabes, agardámoste na biblioteca e se queres consultar os libros sobre este tema só tes que ir aos nosos catálogos, premer en busca avanzada e escribir en "tema" astronomía. Lembrámosche que para acceder aos catálogos debes premer neste enlace ou nestoutro.
jueves, 2 de octubre de 2014
Vídeo moi interesante
A través do sitio temático das Bibliotecas escolares de Galicia coñecemos un interesante vídeo sobre a importancia da biblioteca escolar: "Bibliotecas escolares de Andalucía al servicio de la comunidad educativa".
miércoles, 1 de octubre de 2014
Nélida Piñón na RAG
A escritora brasileira de ascendencia galega Nélida Piñón vén de ingresar na Real Academia Galega cun discurso titulado "A épica do coração". Nacida en Río de Xaneiro no seo dunha familia que tiña as súas orixes no concello pontevedrés de Cotobade, no que residiu dende os 12 aos 14 anos, é autora dunha ampla obra composta de novelas, relatos breves e ensaios.
Nelida Piñón é membro da Academia Brasileira de Letras, da que foi presidenta entre 1996 e 1997, sendo por certo a primeira muller elixida para presidir esta institución.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)