Mostrando entradas con la etiqueta DÍA DA CIENCIA EN GALEGO. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta DÍA DA CIENCIA EN GALEGO. Mostrar todas las entradas
jueves, 27 de noviembre de 2025
Novembro, Mes da Ciencia en Galego nas Bibliotecas
Elaboramos unha guía de suxestións sobre narrativa relacionada coa ciencia co gallo de Novembro, Mes da Ciencia en Galego nas Bibliotecas. Ademais, organizouse unha exposición sobre libros desta área do saber para EI e EP.
O alumndo de EP construíu unha man articulada:
Etiquetas:
BIBLIOTECA CREATIVA,
CIENCIA,
CIENCIA E LITERATURA,
CIENCIA FICCIÓN,
DÍA DA CIENCIA EN GALEGO,
NOVEMBRO DE CIENCIA,
SUXESTIÓNS DE LECTURA
lunes, 18 de febrero de 2019
Lembrando a Arquímedes
Dáme unha panca e un punto de apoio e moverei o mundo
Arquímedes
![]() |
| Arquímedes pensativo de Domenico Fetti |
Como sabedes un dos científicos homenaxeados o pasado ano no Día da Ciencia en Galego foi o xenial Arquímedes. Si, o siracusano que segundo a tradición empezou a berrar "Eureka!" despois de resolver se a coroa do rei de Siracusa era de realmente de ouro puro. O xenio de Siracusa é considerado un dos matemáticos máis grandes da historia.
Arquímedes el despistado de Luis Blanco Laserna é unha aproximación á vida e obra do científico grego que podedes atopar na nosa biblioteca.
Arquímedes el despistado de Luis Blanco Laserna é unha aproximación á vida e obra do científico grego que podedes atopar na nosa biblioteca.
Eureka!
Etiquetas:
CIENCIA,
DÍA DA CIENCIA EN GALEGO,
MATEMÁTICAS,
NOVEMBRO DE CIENCIA,
NOVEMBRO MES DA CIENCIA EN GALEGO,
SUXESTIÓNS,
SUXESTIÓNS +9,
TECNOLOXÍA
martes, 20 de noviembre de 2018
Novembro de Ciencia VII: Día da Ciencia en Galego: un vídeo sobre Arquímedes
Hoxe continuamos lembrando ao xenial siracusano que naceu cara o 287 a.C e faleceu cara o 212 a.C.
Eureka!
lunes, 12 de noviembre de 2018
Novembro de Ciencia IV: Día da Ciencia en Galego
Atopamos na web do IX Día da Ciencia en Galego un cartel sobre a xeometría no Pórtico da Gloria que nos semella de moito interese.
lunes, 5 de noviembre de 2018
Novembro de Ciencia: IX Día da Ciencia en Galego
O Día da Ciencia en Galego deste ano ten coma temática "A cultura científica e a cultura galega como patrimonio cultural europeo" e está dedicado a Arquímedes e ao Mestre Mateo.
Para saber máis:
jueves, 9 de noviembre de 2017
Novembro de Ciencia IV: Domingo Fontán
Domingo Fontán é un científico galego ao que xa lle temos dedicado algunha entrada no noso blogue e sobre o que os departamentos de Matemáticas, Xeografía e Historia, Educación Física e Lingua Galega e Literatura teñen traballado conxuntamente.
![]() |
| Domingo Fontán por Antonio María Esquivel |
viernes, 3 de noviembre de 2017
Novembro de Ciencia: VIII Día da Ciencia en Galego
O vindeiro día 4 de novembro Igaciencia invítanos a celebrar o VIII Día da Ciencia en Galego que este ano está adicado ás viaxes científicas. Tamén se homenaxea a Charles Darwin e a Domingo Fontán quen, coma moitos xa sabedes, foi o autor do primeiro mapa topográfico científico de Galicia.
Para saber máis:
viernes, 4 de noviembre de 2016
Novembro, Mes da Ciencia en Galego II: Día da Ciencia en Galego
Hoxe, coma moitos e moitas sabedes, conmemoramos o VII Día da Ciencia en Galego. Este ano lémbranse o Ano Internacional dos Legumes e tamén os científicos Gregor Mendel e Cruz Gallastegui.
Para saber máis:
- IGACIENCIA
- Guía de lectura de ciencia en galego no blogue da Biblioteca e o Equipo de Dinamización da Lingua Galega do CPI As revoltas.
viernes, 6 de noviembre de 2015
Un novembro de ciencia máis I: Xurxo Mariño
Un ano máis sumámos as conmemoracións da Semana da Ciencia e do Día da Ciencia en Galego cunha serie de entradas no noso blogue que este ano se encamiñarán fundamentalmente á difusión de enlaces e libros relacionados coa Bioloxía e a Xeoloxía.
Como vos sabemos interesadas e interesados en Xurxo Mariño querémosvos lembrar que na nosa biblioteca podedes atopar os seus libros: Os dados do reloxeiro, Pó de estrelas e Neurociencia para Julia.
Enlaces de interese sobre Xurxo Mariño:
- Breve nota biográfica (centrada actividades de divulgación).
- Xurxo Mariño en Naukas.
- Entrevista en SINC (Servicio de Información y Noticias Científicas).
- Xurxo Mariño & Vicente de Souza en Conexións.
- "Escoitando a neuronas: Xurxo Mariño at TEDxGalicia".
- Entrevista na TVG despois de dar a volta ao mundo.
jueves, 5 de noviembre de 2015
Día da Ciencia en Galego
Este ano celébrase o VI Día da Ciencia en Galego. Sumámomos a esta conmemoración cuns cantos enlaces que consideramos vos poden interesar.
- VI Día da Ciencia en Galego.
- IGACIENCIA (Institución Galega da Ciencia).
- Novembro: mes da ciencia en galego nas bibliotecas. Recompilación de materiais de ciencia en galego.
- Novembro, Mes da Ciencia en Galego nas Bibliotecas 2015.
- Novembro, Mes da Ciencia en Galego nas Bibliotecas 2015. Manifesto de Jorge Mira.
- Recursos recompilados no noso blogue.
- GCiencia.
- Código Cero. Diario Tecnolóxico de Galicia.
jueves, 6 de noviembre de 2014
V Día da Ciencia en Galego e Novembro Mes da Ciencia en Galego nas Bibliotecas
Este ano as figuras elixidas para homenaxear no V Día da Ciencia en Galego son Isaac Newton e José Rodríguez González. Por outra banda, dende a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria vaise impulsar a celebración anual do mes de novembro como Mes da Ciencia en Galego nas Bibliotecas. Este ano iníciase a celebración cun manifesto do coñecido científico Angel Carracedo (catedrático de Medicina Legal e experto en xenética) e unha recompilación de recursos dixitais relacionados coa ciencia en galego.
- Outono de ciencia 2014. Secretaría Xeral de PolíticaLingüistica.
- Manifesto de Angel Carracedo.
- Recompilación de materiais de ciencia en galego.
Nesta última web podes atopar catro dos blogues do noso centro (E ti ¿sustentas?, Meteonsansa, Proxecto Río Xuvia e Arrancando con biodiesel) na sección de blogues, así coma unha referencia ás entradas relacionadas coa ciencia en Bibliosansa na sección "A ciencia nas bibliotecas escolares (1)".
Suscribirse a:
Entradas (Atom)













