Centro

viernes, 30 de enero de 2015

Día da Paz V

Atopamos no blogue da Biblioteca José Fontenla Leal do Conservatorio Profesional de Música Xan Viaño de Ferrol a referencia ao Concerto pola Paz que celebrarán hoxe pola tarde ás 19:00. Por certo, nel participa un dos nosos alumnos.

Día da Paz IV: o noso recital

Hoxe celebramos o noso recital do Día da Paz, coma xa vén sendo habitual ao longo destes últimos anos. Alumnos e alumnas dos catro cursos de ESO recitaron para os seus compañeiros poemas de Ángela Figuera Aymerich, Adonis, Blas de Otero, Anna Akhmátova, Celso Emilio Ferreiro, Miguel Hernández, José Agustín Goytisolo e Eugénio de Andrade. Leron tamén un anaquiño dun discurso de Martin Luther King e outro anaquiño do discurso final que pronuncia Charles Chaplin na película O gran ditador.
Queremos agradecer ao alumnado participante, ao que asisitiu coma público e ao profesorado a súa axuda, especialmente a Mar e Carmen que nos axudaron cos ensaios na biblioteca, encargándose tamén a primeira da decoración da sala de secundaria para esta data.



Día da Paz III

Unha versión moi especial de "Imagine" a canción de John Lennon que a revista The Rolling Stones considera a terceira mellor de todos os tempos.

jueves, 29 de enero de 2015

Día da paz II

Este curso decidimos alongar a duración das actividades do Día da Paz, así que ademais da exposición de libros e películas e as outras actividades programadas para o 30 de xaneiro, incluiremos ao longo destes días entradas no blogue relacionadas con este tema.
Empezamos cun vídeo sobre como elaborar grúas de papel igual que a protagonista da novela Sadako e as mil grúas de papel de Eleanor Coerr, baseada na historia de Sadako Sasaki.

miércoles, 28 de enero de 2015

Día da Paz

O 30 de xaneiro como sabedes conmemórase o Día Escolar da Non Violencia e a Paz", recoñecido pola UNESCO en 1993. A data foi escollida por ser a da morte de Mahatma Ghandi.
Son numerosos os recursos que se poden atopar en Internet sobre esta data:





martes, 27 de enero de 2015

Nomes propios

Encontramos en Europa Press un interesante gráfico sobre os nomes máis comúns. A onomástica, a rama da lexicoloxía que estuda os nomes propios, é un tema moi interesante que vos interesa a moitos, polo que non só vos recomendamos que pasedes pola biblioteca, onde atoparedes libros de interese coma o Dicionario dos nomes galegos, senón que tamén vos deixamos algúns enlaces de interese:
Xa para rematar un vídeo que nos lembra a importancia da microtoponimia.

lunes, 26 de enero de 2015

Un test de Xeografía e recursos interesantes

Atopamos na páxina de Europa Press un interesante test para pór a proba os nosos coñecementos xeográficos. Por outra banda, nós recomendámosche algúns libros de interese como: Geografía mágica de Carlos Arrojo e Ana Cristina Herreros, ¡Que rico! Todo lo que hay que saber de alimentación de Sabine Jaeger e Hermann Schulz para ampliar os teus coñecementos de Xeografía económica, Galicia en cen prodixios de Henrique Alvarellos, Xeografía de Galicia coordinado por Mª José Piñeira e Xosé Manuel Santos,  El marabilloso mundo de la geografía de Kate Petty... E para os máis pequenos, coma non, os Bolechas: Os Bolechas van en caravana, Os Bolechas van de viaxe: Primeiro amor en Ferrol, Os Bolechas van de viaxe: a Moeda de Lugo, etc..
Canal Lector ofrécenos unha variada e suxestiva selección sobre este tema. Ademais na nosa aula virtual podes atopar as suxestións para secundaria do noso Departamento de Xeografía e Historia.
Outros enlaces de interese son:

Por certo, sabes quen foi o personaxe do cadro? Deixámosche algunha pista:
  • Foi un xeógrafo, astrónomo, humanista, naturalista e explorador alemán que naceu no ano 1769.
  • É considerado por moitos o pai da xeografía moderna.
  • Visitou Galicia en 1799.

viernes, 23 de enero de 2015

Informe Proxecto E-LBE 2012-2014

Atopamos no sitio web das bibliotecas escolares de Galicia o informe sobre o Proxecto E-LBE 2012-2014. Este proxecto foi concibido para introducir os lectores electrónicos nas bibliotecas integradas no Plan de mellora de bibliotecas escolares. Como moitos xa sabedes, o noso centro foi un dos seleccionados para esta experiencia. O informe completo pódese atopar aquí. Esta é unha das gráficas que inclúe:


jueves, 22 de enero de 2015

Poesía e astronomía

Con isto do cometa Lovejoy entráronnos ganas de saber algo máis sobre a poesía e a astronomía. Así que, vos deixamos uns versos dun poema do poeta nicaragüense Ernesto Cardenal e algúns enlaces de interese.
El cántico de los cánticos
En el principio ...
El Big Bang.
Remontémonos al primer origen, la chispa
de donde todo viene:
no existía materia ni movimiento ni espacio ni tiempo.
Y la Gran Explosión.
Un comienzo definido en el tiempo
y un comienzo definido del tiempo
y el espacio nació curvo como un huevo.
Primero un universo muy pequeño. Imaginemos
mil millones de toneladas en el tamaño de una aceituna.
Después, la primeras reacciones nucleares:
unos neutrones y protones por pares
procreando núcleos de deuterio.
Cuando el universo tendría un millón de años
aparecieron los átomos (núcleo con electrón).
Un electrón girando alrededor de un núcleo.
Cuando el universo se llenó de átomos
se volvió transparente y la luz ya pudo pasar
de un extremo al otro del universo.
Ni galaxias ni estrellas ni planetas existían todavía.
El principio
fue que el amor se convirtió en energía.

Ernesto Cardenal, Cántico cósmico, 1992
 Enlaces de interese:
"Astronomía y poesía" Biblioteca Escolar CPI Luis Díaz Moreno.
Astronomía poética.
Uni-Versos en Vía Láctea s/n

miércoles, 21 de enero de 2015

Lovejoy, o cometa verde

O cometa Lovejoy, o cometa verde, "visítanos", coma seguramente moitos de vós sabedes. Ao longo do mes de xaneiro o cometa Lovejoy (c/2014 Q2), descuberto polo astrónomo afeccionado autraliano Terry Lovejoy o 17 de agosto de 2014, pode observarse en todo o planeta, especialmente no Hemisferio Norte. Por certo, Lovejoy, quen con este leva reportados cinco cometas, utilizou un pequeno telescopio de 20 cm. de diámetro.
Así que animádevos a buscalo no ceo (se queredes verlle a verde cola teredes que usar uns prismáticos) e tamén a pasar pola biblioteca onde podedes atopar interesantes libros sobre astronomía.

Deixámosvos uns cantos recursos e enlaces de interese:

Créditos da fotografía: Juan Carlos Casado @ tierrayestrellas.com



martes, 20 de enero de 2015

Os mellores libros en galego de 2014 para Fervenzas Literarias

Atopamos no blogue Rede Lectura a lista dos mellores libros publicados en lingua galega durante o pasado ano segundo a web Fervenzas Literarias; mellor dito segundo os participantes na votación proposta por esta. Estes son os escollidos relacionados coa Literatura infantil e xuvenil. 

lunes, 19 de enero de 2015

Exposición Goya en Madrid

O pasado 28 de novembro inaugurouse a exposición Goya en Madrid, que permanecerá aberta  até o vindeiro 3 de maio, no Museo del Prado. Manuela Mena, xefa de Conservación de Pintura do século XVIII e Goya do Museo Nacional del Prado, comenta a exposición no seguinte vídeo.

viernes, 16 de enero de 2015

Os mellores da LIX segundo Babelia

Atopamos en Rede Lectura unha entrada sobre a publicación no suplemento cultural do xornal El País, "Babelia",  do 24 do mes de decembro da súa lista dos mellores libros de LIX (literatura infantil e xuvenil) do 2014. Na categoría de álbum ilustrado o libro elixido foi La cocina de noche de Maurice Sendak publicado pola editorial Kalandraka ao mesmo tempo en galego e castelán; na categoría de primeiros lectores o libro escollido foi El tesoro de Barracuda de Llanos Campos Martínez (SM) e o mellor libro xuvenil segundo os especialistas consultados polo suplemento cultural é Al sur de la Alameda de Lola Larra (Ediciones Ekaré). 


jueves, 15 de enero de 2015

Os fitos mundiais da ciencia en 2014

Atopamos en GCiencia a lista elaborada polas revistas Science e Nature sobre os fitos máis relevantes da ciencia no ano 2014. As dúas prestixiosas revistas científicas coinciden en que a aterraxe do módulo Philae da sonda espacial Rosetta foi a nova do ano.

Créditos foto:
CC-BY 3.0 - File:Philae over a comet.jpg (https://www.flickr.com/photos/dlr_de/11963394924)

lunes, 12 de enero de 2015

Calendario do libro e da lectura 2015 e Día do Usuario das Bibliotecas

O día 11 de xaneiro celébrase o Día do Usuario/a das Bibliotecas. Co gallo desta conmemoración organizáronse nas bibliotecas galegas diversas actividades: obradoiros para o público infantil, liberación de libros, visitas guiadas ás bibliotecas, etc.. 
Nós queremos sumarnos a esta celebración lembrándovos que no portal da Rede de Bibliotecas de Galicia podedes atopar moita información e recursos. 
Por outra banda tamén vos deixamos o calendario do libro e da lectura do 2015.
Felices lecturas! 


viernes, 9 de enero de 2015

Meteosansa

O blogue Meteosansa lembrábanos o pasado trimestre a visita do alumnado á Meteogalicia, así mesmo na web desta entidade tamén se pode ver unha fotografía que lembra o paso dos nosos alumnos e alumnas. Por outra banda, podedes atopar no amentado blogue as predicións meteorolóxicas, experimentos e fotografías realizadas polos vosos compañeiros e compañeiras.
Nós, querémos deixarvos unhas suxestións de lectura relacionadas co clima que podedes atopar na nosa biblioteca: A treboada de C de Agustín Agra, o ABC do clima de Manuel J. Tello, El tiempo de Eduardo Banqueri, Estaciones y clima... Tamén unha web que xa moitos e moitas coñecedes, Climántica, e algúns outros recursos de interese:
Xa sabedes, agardámosvos onde o mundo se chama biblioteca!