Centro

miércoles, 30 de noviembre de 2016

¡Fútbol! Mucho más que un juego

El fútbol nos sirve para enseñar valores a nuestros niños y jóvenes, que aprenden a jugar en equipo y a compartir responsabilidades y esfuerzos.
Vicente del Bosque 

¡Fútbol! Mucho más que un juego é un libro escrito polo sociólogo arxentino Pablo Nacah. María Pascual é a ilustradora deste libro que nos invita a coñecer as orixes e a historia do fútbol, ao mesmo tempo que nos proporciona prácticos consellos para practicalo.

La vida es juego y el fútbol es amistad: esta es la hipótesis principal que ¡Fútbol! Mucho más que un juego invita a considerar a sus jóvenes lectores y lectoras. (...)
Se encienden las luces del estadio, los lápices para subrayar ya están preparados, la pelota bajo la suela del pie... ¡a disfrutar del juego de leer!

Pablo Nacah

martes, 29 de noviembre de 2016

Novembro, mes da Ciencia en Galego nas Bibliotecas VI: De vacalouras e escornabaois

Por sobre do soutelo había unha carballeira; entre os dous bosques un regueiro estreito. A carballeira era o reino ciclópeo e salvaxe das vacalouras.
Méndez Ferrín, "Grieih"
 

Atopamos en GCiencia, unha das nosas webs de divulgación científica preferidas, unha nova preocupante sobre as vacalouras ou escornabois (Lucanus cervus) que se titula "A vacaloura, unha icona galega en perigo". O certo é que tal e coma nos lembran no artigo, o Lucanus cervus, chamado en castelán "ciervo volante", tivo unha gran presenza na cultura popular galega, foi coprotagonista dun conto de Méndez Ferrín titulado "Grieih" (Percival e outras historias) e ata dunha canción do Xabarín Club! 


lunes, 28 de noviembre de 2016

Novembro Mes da Ciencia en Galego nas Bibliotecas Escolares V: Vivir no solo

Pois si, moita xente cre que é necesario salvar as baleas ou os carballos pero non movería un dedo polo solo. 
Vivir no solo

Esta é unha das reflexións da lombriga ou miñoca (Lumbricus terrestris) protagonista do cómic Vivir no solo que, segundo lemos no xornal La Voz de Galicia, vén de traducirse ao italiano, despois de ter sido traducido ao castelán, o catalán e o inglés. Un verdadeiro éxito para unha obra con texto de Marilar Aleixandre e ilustracións de Francisco Bueno que naceu no ano 2000 para sensibilizar á cidadanía sobre a necesidade de protexer o solo.

Preme aquí se queres lelo e lembra que na bilioteca temos un exemplar impreso.

miércoles, 23 de noviembre de 2016

Novembro Mes da Ciencia en Galego nas Bibliotecas IV: Efervesciencia

Efervesciencia é un programa de divulgación científica emitido pola Radio Galega os domingos de 15:00 a 16:00. Preme aquí se queres acceder aos podcasts deste interesante espazo radiofónico.

martes, 22 de noviembre de 2016

Novembro de Ciencia IV: Ano Internacional dos Legumes



A Asemblea Xeral das Nacións Unidas proclamou (no seu 68ª período de sesións) o ano 2016 Ano Internacional dos Legumes co fin de sensibilizar á cidadanía sobre vantaxes nutricionais destes como parte dunha produción de alimentos sustentable encamiñada a lograr a seguridade alimentaria e a nutrición.
Para saber máis:
               
Vídeo atopado aquí

jueves, 17 de noviembre de 2016

Novembro Mes da Ciencia en Galego nas Bibliotecas Escolares III: Cruz Gallástegui


Cruz Ángel Gallástegui Unamuno naceu en Bergara en 1891 e faleceu en Pontevedra en 1960. Gallástegui, afincado en Galicia dende 1921, foi un enxeñeiro agrónomo e veterinario que se converteu nun dos pioneiros en experimentar con híbridos do millo en Europa e nun modernizador da agricultura galega.
Para saber máis:

miércoles, 16 de noviembre de 2016

Lembrando a Narf

Só tambor ecoando como a canção da força e da vida
Só tambor noite e dia
dia e noite só tambor
José Craveirinha
 
Estes días estannos deixando moitas novas tristes relacionadas co música, posto que onte enterámonos da nova do falecemento do músico Fran Pérez, Narf. O seu derradeiro disco, en colaboración coa cantante Uxía, chamáse Baladas da Galiza imaxinaria. Nel inclúese unha versión da "Cantiga do neno da tenda", un dos Sete poemas galegos de García Lorca. Nós queremos homenaxelo cun vídeo no que interpreta outro dos sete poemas que o escritor andaluz, ao que tanto admiraba tamén Cohen, escribiu en galego: "Madrigal á cibdá de Compostela".

               

 Para saber máis:

A nosa sorpresa lectora de medo


O pasado xoves 27 de outubro un grupo de alumnos e alumnas de 1º de ESO xuntouse na biblioteca para ler un conto de medo moi especial: "Noites de lúa chea" do libro Contos por palabras de Agustín Fernández Paz.
Grazas pola súa participación.


martes, 15 de noviembre de 2016

Día do Peón

O pasado venres 11 o noso centro celebrou o Día do Peón seguindo a convocatoria de Brinquedia. Na nosa web poderás atopar máis información sobre este evento.


lunes, 14 de noviembre de 2016

Leonard, o home que escoita os segredos acordes

Now I've heard there was a secret chord
Leonard Cohen

A pasada semana chegounos a nova do falecemento do escritor e cantautor canadense Leonard Cohen. Empezou a escribir cando era moi novo amosando a súa paixón por Lorca e Walt Whitmann  e facéndose coñecido coma escritor no seu Montreal natal e no resto do Canada. Co paso dos anos foise centrando máis na música e compoñendo cancións, que cantaba coa súa voz rouca tan especial, nas que as referencias místicas, o amor e a influencia surrealista se mesturaban para conseguir acadar ese punto na que canción e poesía se fusionan de maneira sorprendente.
Unha das súas cancións máis coñecidas é "Hallellujah" que, versionada por Rufus Wainwright, formou parte da banda sonora de Shrek. En 1986 Cohen incluiu no seu disco I'm Your Man unha canción titulada "Take this waltz". Tratábase dunha versión do poema de Lorca "Pequeño vals vienés" publicado no libro Poeta en Nueva York. Se ben, a canción xa se incluirá anteriormente noutro disco que homenaxeaba a Lorca e no que participaron numerosos cantantes: Poetas en Nueva York.




Para saber máis:
 So long, Leonard Cohen.

lunes, 7 de noviembre de 2016

Novembro de Ciencia III: VI Concurso Científico

Xa podedes atopar na nosa web as bases para participar no noso VI Concurso Científico Investigación e Ciencia. Trátase dunha actividade, organizada polo departamento de Física e Química e a biblioteca escolar, que está dirixida ao alumnado de secundaria do noso centro.

Anímate e participa!

jueves, 3 de noviembre de 2016

Novembro, Mes da Ciencia en Galego nas Bibliotecas

 Hoxe vivimos en Galicia, e dende Galicia vivimos no mundo
Isabel Aguirre de Urcola

Un ano máis chega novembro e a ciencia vólvese a protagonista deste mes nas bibliotecas galegas cunha conmemoración que pretende apoiar a presenza da divulgación científica nas bibliotecas: Novembro, mes da ciencia en Galego nas Bibliotecas. Trátase dunha iniciativa conxunta da Secretaría Xeral de Cultura (Subdirección de Bibliotecas), a Secretaría Xeral de Política Lingüística e a Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos (Asesoría de Bibliotecas Escolares), da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.
A arquitecta Isabel Aguirre de Úrcola foi a científica convidada para a elaboración do "Manifesto" desta data.