Centro

Mostrando entradas con la etiqueta ROBÓTICA. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta ROBÓTICA. Mostrar todas las entradas

martes, 7 de marzo de 2023

Actividades do Día de Rosalía

Un feixe de actividades arredor da escrita, o debuxo, o recitado e a robótica... Ese foi resumido o noso Día de Rosalía.

O noso alumnado participou nas actividades organizadas polo EDLG e a Concellería de Cultura: "Letras e cores para Rosalía", recitado de poemas e visionado da peza Feminino producida polo colectivo The sun girl.

 

Os nenos e nenas de  Educación Infantil elaboraron un cadro ben especial de Rosalía.


 Velaquí un dos dípticos de Eduación Primaria:




Por certo, o alumnado de Robótica de 4º de EP anda a preparar con Cristina un xogo a partir do poema "Adios ríos, adios fontes".


 

E o de 5º  uns estupendos caligramas!


 

Os versos de Rosalía tamén foron o eixe da actividade para este día de 2º de ESO.


 

 O dito: un feixe de actividades!

martes, 18 de junio de 2019

jueves, 13 de diciembre de 2018

Concurso Xogando coa CDU

A actividade de formación de usuarios do noso centro "A cidade dos libros. Aprendendo a CDU coa axuda dos escornabots" foi salientada polo seu interese no concurso Xogando coa CDU (organizado pola Asesoría de Bibliotecas Escolares de Galicia co gallo do Día da Biblioteca). Podedes atopar máis información sobre esta actividade, deseñada para Educación Infantil e Primaria, no seguinte enlace.

miércoles, 21 de febrero de 2018

Sansabotics 3.0

O equipo de robótica do CPI San Sadurniño, Sansabotics 3.0, participou o sábado 17 de febreiro no concurso de robótica First Lego League celebrado en Ferrol e organizado pola Universidade da Coruña. Premede aquí se queredes coñecer máis información sobre este evento e moitos parabéns ao alumnado participante.

miércoles, 8 de noviembre de 2017

Novembro de Ciencia III: Robótica en Sansa

O pasado 25 de outubro catro alumnos e alumnas de 5º de EP, acompañados de dous dos seus profesores, participaron nunha reunión de traballo que se engloba dentro do programa de innovación educativa "Introdución á robótica educativa en primaria". O alumnado realizou unha demostración do traballo que realizan en Robótica (materia de libre configuración en 4º de EP) e o seu profe Iván participou nunha mesa redonda sobre "Experiencias robótica en primaria". Podes atopar máis información, fotos e vídeos sobre esta actividade na nosa web.

Moitos parabéns ao alumnado e profesorado!