Centro

viernes, 24 de septiembre de 2021

E... de novo aquí

Aquí estamos un curso máis neste lugar onde o mundo se chama biblioteca. Empezamos tendo moi presente o lema das bibliotecas escolares para este ano académico: "A biblioteca escolar ten a palabra". 



lunes, 21 de junio de 2021

Ler... no verán

Edith Holden

 

 O curso pasado inauguramos un espazo na nosa aula virtual para recompilar guías de suxestións de lectura, webs, blogues, bibliotecas virtuais: Lendo en Sansa.

Edith Holden

Feliz verán e felices lecturas!

lunes, 14 de junio de 2021

A eclipse

 O pasado xoves a nosa comunidade educativa participou nunha actividade moi especial: "Eclipse en Sansa". Preme aquí se queres saber máis.


martes, 8 de junio de 2021

O neno Groba

 Coñecemos grazas a Rede Lectura a publicación do libro O neno Groba e Música, un audiolibro que nos conta a vida do músico Eugenio Grob.



martes, 11 de mayo de 2021

Xela Arias: Darío a diario

  Darío a diario é un poemario de Xela Arias sobre a maternidade que vén de ser reeditado pola editorial Xerais con prólogo da escritora Berta Dávila e ilustracións de Iván R.. 




Se ti es

serei eu

nunca máis feliz.

Xela Arias, Darío a diario

martes, 4 de mayo de 2021

Xela Arias: Non te amola!

"Agora na primavera fixen nove anos. Son moitos para non procurar nada de proveito na vida, así que vou escribir un libro".

Xela Arias, Non te amola!

Non te amola é o título da única obra narrativa de Xela Arias. Unha engaiolante achega á súa infancia que vén de publicar Galaxia con ilustracións de Luz Beloso. 



martes, 27 de abril de 2021

Florece a lectura

 O alumnado de Educación Infantil e Primaria do noso centro viviu unha xornada moi especial de lectura o pasado 23 de abril. Preme aquí se queres saber máis sobre este día e como o celebraron.


lunes, 12 de abril de 2021

Libros que van chegando: La princesa de los lobos

 «... [una] ambientación extremadamente rica y un sentido clásico de la aventura.»

 Nicolette Jones, The Sunday Times

La princesa de los lobos de Cathryn Constable é un dos libros que vén de chegar aos nosos andeis.



viernes, 26 de marzo de 2021

Día do Libro Infantil e Xuvenil


 

O IBBY (International Board on Books for Young People) promove a celebración desta data, na que cada ano se convida a profesionais da ilustración e da escritura a elaborar un cartaz e unha mensaxe.

 


lunes, 1 de marzo de 2021

O sentido do abraio

 Coñecemos grazas ao blogue Rede Lectura a publicación do libro O sentido do abraio de Rachel Carson, pioneira do ecoloxismo.



martes, 23 de febrero de 2021

Día de Rosalía

 Mañá é o Día de Rosalía e na nosa web atoparedes a fotografía dun curruncho moi especial dedicado a ela que prepararon os membros do equipo de EI e EP. Tamén figuran nesta os recursos que seleccionamos para este día.


 

 

viernes, 19 de febrero de 2021

No laboratorio dun arqueólogo

 Atoparás na web Culturagalega un interesante vídeo no que Carlos Otero nos explica como usa a tecnoloxía para saber que se agocha no castro de Cerqueda.

martes, 9 de febrero de 2021

Entroido

 Estase achegando o Entroido e con el os mandados do Meco que podedes atopar na nosa web. Tamén aparecen novidades editoriaias coma Non pare a festa, un libro moi divertido e musical sobre esta data.


 

viernes, 5 de febrero de 2021

miércoles, 27 de enero de 2021

Día da Paz

 O vindeiro 30 de xaneiro conmemórase o Día Escolar da non Violencia e da Paz. Co gallo desta data seleccionamos unha serie de recursos que podedes atopar na nosa aula virtual. 



Lembrade que tamén se atopan neste enderezo o Manifesto do Día da Paz elaborado polo alumnado de 1º de ESO, así coma os poemas  creados para esta data nas materias de Lingua Galega e  de Lingua Castelá en colaboración co equipo da biblioteca e co EDLG.

martes, 26 de enero de 2021

martes, 19 de enero de 2021

Libros que van chegando: Dinosaurium


 

Dinosaurium é un libro da colección "Visita nuestro museo" da editorial Impedimenta que explora a vida dos dinosaurios.


lunes, 11 de enero de 2021

Dende 1880

Coñecemos a través de Rede Lectura a publicación do álbum Dende 1880 de Pietro Gottuso. Un libro moi especial que nos permite achegarnos aos cambios históricos e tecnolóxicos acontecidos dende1880 ata a actualidade a través dunha librería.