Centro

martes, 22 de diciembre de 2015

O Nadal e a literatura VI: Cuentos de Navidad

Unha antoloxía de 38 contos, seleccionados por Marta Salís, na que atoparás relatos dos irmáns Grimm, Hoffmann, Andersen, Dickens, Emilia Pardo Bazán, Paul Auster... Como ves, unha recompilación moi variada!
Con este libro damos por rematada a nosa selección de lecturas relacionadas co Nadal. Se queredes coñecer máis premede nos seguintes enlaces:
Pero, non queremos despedirnos por uns días sen felicitarvos estas festas a todas e todos coa tarxeta gañadora do noso concurso de tarxetas de Nadal, organizado polo EDLG coa colaboración da ANPA. 


Parabéns á gañadora e Bo Nadal!

viernes, 18 de diciembre de 2015

miércoles, 16 de diciembre de 2015

Guías de suxestións de Nadal

Xa están listas as nosas guías de suxestións de lectura para este Nadal. Premede neste enlace se queredes coñecer a de Educación Infantil e Primaria e nestoutro para ver o noso especial sobre a literatura de medo para a ESO.
Felices lecturas! 

O Nadal e a literatura II: Conto de Nadal


Hoxe tócalle a quenda a outro dos grandes clásicos do Nadal: Un conto de Nadal de Charles Dickens. O relato protagonizado polo avaro señor Scrooge é xa un clásico destas datas.

Por outra banda, é unha das obras de Dickens que máis veces foi adaptada ao cine. A última versión foi dirixida por Robert Zemeckis

martes, 15 de diciembre de 2015

O Nadal e a literatura



Agora que xa se aproxima o Nadal queremos recomendar algúns libros e películas relacionados con estas datas. Comezamos cun dos máis emotivos contos escritos sobre esta época do ano: "A vendedora de mistos" de Hans Cristian Andersen. O escritor danés amosa neste relato a sensibilidade e a mestría literaria que o converteron nun clásico da literatura mundial.
Para saber máis:

lunes, 14 de diciembre de 2015

Libros que van chegando: O amor, l'amour de Pepe Carreiro

O amor, l'amour de Pepe Carreiro é o primeiro libro dunha colección, chamada "Algo así debeu pasar",  que pretende achegarnos a acontecementos da historia de Galicia a través de personaxes de ficción.  Neste caso atopámonos cunha divertida historia ambientada na época en que as tropas napoleónicas invadiron Galicia


jueves, 10 de diciembre de 2015

Un novembro de ciencia máis... en decembro tamén XIV: Jane Goodall

O pasado 3 de abril Jane Goodall cumpriu 81 anos. Goodall é unha das primatólogas máis coñecidas nun eido do saber científico no que destacaron, e destacan, numerosas mulleres coma Dian Fossey ou Birute Galdikas.
Por certo, se Diane Fossey serviu de inspiración a unha famosa película  Gorilas en la niebla, en 2010 estreouse o documental El viaje de Jane sobre a vida de Goodall.


Esta é unha interesante entrevista feita horas antes da súa investidura coma Doutora Honoris Causa pola Universidade Nacional de Córdoba (Arxentina).



Xa para rematar deixámosvos unhas suxestións de lectura ben interesantes:

E nós, coma  sempre agardámosvos onde o mundo se chama biblioteca.

lunes, 7 de diciembre de 2015

Novembro de ciencia... en decembro tamén XIII: A expedición Malaspina

E de tanto escribir sobre expedicións, véusenos á cabeza a "Expedición Malaspina" encabezada por Alessandro Malaspina entre 1789 e 1794.


                                                  
Este vídeo está accesible en: 
https://www.youtube.com/watch?v=uq5Wqql9fcA#t=16

viernes, 4 de diciembre de 2015

miércoles, 2 de diciembre de 2015

Neira Vilas: Memorias dun neno labrego

"Eu son Balbino. Un rapaz de aldea. Coma quen dis, un ninguén. E ademais, pobre."

Este é o comezo de Memorias dun neno labrego, a novela máis coñecida de Neira Vilas. A través de Balbino, o narrador-protagonista, sabemos da difícil vida dun neno galego de aldea durante a posguerra, pero tamén dos seus soños e esperanzas.
Unha novela moi lida, como amosan os máis de 600.000 exemplares vendidos, que foi traducida a numerosas linguas.


                                                
VÍdeo atopado en: https://www.youtube.com/watch?v=D3iHudyrzXk

martes, 1 de diciembre de 2015

Neira Vilas: sempre no corazón, sempre en Galicia

A pasada fin de semana atopámonos coa nova do pasamento de Xosé Neira Vilas e, malia que se nos fai difícil afacernos a súa ausencia, sentiamos que tiñamos que escribir unha lembraza del.
E é tan difícil empezar! Porque Xosé Neira Vilas foi non só un bo escritor, senón tamén un home ben cordial e xeneroso, coma puidemos constatar hai dous anos no noso centro, grazas á Biblioteca Pública Municipal.
Queremos recordar a Pepe de Gres, pero tamén á súa compañeira Anisia Miranda a quen el sempre lembraba. E unha vez máis, temos que recorrer ás palabras de Manuel Rivas, quen escribiu un emotivo artigo sobre Neira Vilas e Xosé Chao Rego, tamén falecido esta fin de semana:

Si, Neira e Chao medraron aí, nesa escola onde se aprende a ver con ollos libres, a ceibar as palabras coa ironía e onde a verdadeira reválida do ser humano consiste en ser quen de rebelarse contra a inxustiza. (...)
Os dous foron activistas. É unha palabra que molesta aos que vén a cultura como unha variedade estupefaciente. Mais ser activista significa non ser conformista. Ter por musa a conciencia. E mesmo apostar a cabeza en tempos de silencio. Ambos os dous se foron sen apagar a luz. Deixan acesas lámpadas de esperanza. E unha marabillosa herdanza que non pediu nada a cambio, nin poder nin vangloria. Só a nosa curiosidade.
 Manuel Rivas, "Dous nenos na liña do horizonte" en La Voz de Galicia
Grazas ao escritor coruñés polas súas palabras e grazas a Manuel Rey polo fotografía na que podemos ver a Neira Vilas durante a conferencia inicial do recente congreso "Ferrol-Cuba-Galiza: historias comúns" celebrado os días 13, 14 e 15 de novembro.

Vou ó reencontro dos teus ollos, neno.
Teño espetada en min
a lembranza deles:
dúas pérolas que rodan por incertos vieiros,
dous tenros gromos,
dúas caixiñas azúes
que gardan pevidas de saudade.
  
Xosé Neira Vilas, Dende lonxe