Centro

Mostrando entradas con la etiqueta ARTE NA BIBLIOTECA. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta ARTE NA BIBLIOTECA. Mostrar todas las entradas

viernes, 1 de diciembre de 2017

Outono de poemas: Ángel González

Mañana de otoño en Eragny de Camille Pissarro

A transparencia poética de Ángel González reflíctese neste poema que escollemos para este "Outono de poemas" a comezos do mes no que esta estación remata.

El otoño se acerca 
El otoño se acerca con muy poco ruido:
apagadas cigarras, unos grillos apenas,
defienden el reducto
de un verano obstinado en perpetuarse,
cuya suntuosa cola aún brilla hacia el oeste.

Se diría que aquí no pasa nada,
pero un silencio súbito ilumina el prodigio:
ha pasado
un ángel
que se llamaba luz, o fuego, o vida.
Y lo perdimos para siempre
Ángel González: Otoño y otras luces

martes, 26 de septiembre de 2017

Onde o mundo se chama biblioteca

Un curso máis volvemos a "abrir" este blogue para contarvos as novidades e outros eventos deste lugar onde o mundo se chama biblioteca.

Fairy tales de Mary Gow
Benvidos e benvidas!
Agardámosvos onde o mundo se chama biblioteca!

viernes, 30 de junio de 2017

Feliz verán

E toca despedirnos e desexarvos un feliz verán cheo de bos momentos e moitas lecturas. Este ano eliximos un cadro do pintor danés Carl Frederik Aagaard e un poema de Avilés de Taramancos.

Amalfi de Carl Frederik Aagaard


Se solto a voz no mar, volve-se ceive,
medra no vento, e vén
desde unha hora antiga, ainda diáfana,
traendo a miña voz doutras idades.
O ámbito é permanente:
Fica ese eco do cantar da ria
e o renxer do velámio da goleta.
Estou a ollar do fenestral que sempre
se me abre nos ollos cando amo,
vexo xente pasar, a miña xente:
O mariñeiro co liñó na man,
meu pai no paquebote
—ese castelo que por sempre cruza
polo meu corazón como unha auséncia—.
Está presente o mar e estou presente,
algo non limitado nos aferra:
No mar doutro confin teño bicado
a mesma onda que me bica agora
e manseliñamente
escáncio a dor que me feriu daquela.
Conversamos.
E brinco de rapaz pola ribeira.

Avilés de Taramancos, As torres no ar

viernes, 23 de junio de 2017

Este verán... Pois claro que imos ler

Este ano non vos imos deixar unha guía de suxestións de lectura para o verán, senón un feixe de enlaces para que atopedes o voso libro. Felices lecturas de verán.

‘Martha McKeen’ de Wellfleet de Edward Hopper

martes, 13 de junio de 2017

Libros que van chegando: Toca el piano: interpreta a Bach en seis semanas


Pois si, James Rhodes proponnos algo tan atrevido coma o que indica o título deste libro, pero lembra que tal e coma o autor nos sinala na introdución:

Voy a ser sincero: con este libro no vas a conseguir tocar conciertos de Rajmáninov ni sonatas de Chopin. Si despues de esto quieres seguir avanzando hasta el siguiente nivel, tendrás que buscarte un profesor y empezar a estudiar de forma algo más profunda.


 Quen por certo tamén nos lembra algo de moito interese:

Las últimas investigaciones (de Susah Hallam, profesora de Educación en el University College de Londres) demuestran que aprender a tocar un instrumento mejora la disciplina, la confianza en uno mismo, la concentración, la aptitud para resolver problemas, el lenguaje, la capacidad de analizar textos, el pensamiento matemático y el bienestar personal.

lunes, 29 de mayo de 2017

Maio de Letras Galegas: Cancións para desafinar da Gramola Gominola

Gústanos moito a colección Sonárbore de Galaxia que nos vén de sorprender cun novo libro-CD: Cancións para desafinar do grupo de rock de música infantil en galego Gramola Gominola.


Deixámosvos o booktrailer do seu anterior libro-CD.


lunes, 27 de marzo de 2017

Día Mundial do Teatro

De esta forma, por lo tanto, pertenezco al mundo. Soy griega, africana, siria, veneciana, rusa, brasileña, persa, romana, japonesa, una newyorquina, una marsellesa, una filipina, una argentina, una noruega, una coreana, una alemana, una austriaca, una inglesa – una verdadera ciudadana del mundo, por virtud del ensamblaje personal que existe dentro de mí.
Isabelle Huppert, Mensaxe do Día Mundial do Teatro 2017


A. Meunier: Comédie-Française no século XVIII

Hoxe celébrase o Día Mundial do Teatro. Esta conmemoración naceu en 1961 por iniciativa do Instituto Internacional do Teatro (ITI).

Aquí tedes algúns enlaces sobre esta data:

viernes, 24 de febrero de 2017

Semana Rosaliana V: Chegou o Día


Este ano sucedéronse outras iniciativas de interese relacionadas con Rosalía, coma por exemplo o  cambio de denominación do aeroporto de Santiago de Compostela a Aeroporto Santiago de Compostela - Rosalía de Castro. Tamén soubemos que un avión da compañía aérea Norwegian lle foi dedicado.
Xa para rematar esta Semana Rosaliana queremos lembrar algúns dos materiais que fomos elaborando ao longo destes anos en colaboración co EDLG.
Aromas puros, frescura e poesía é o título dunha selección de poemas, que elaboramos o pasado curso, ilustrada con cadros de pintores que dalgunha maneira se relacionan con Rosalía ou coa súa poesía. Non podiamos deixar de lembralo neste curso académico da Biblioteca Escolar-Territorio das Artes.

Feliz Día de Rosalía!
Manifesto Día de Rosalía de Ledicia Costas

Para saber máis sobre as actividades deste día preme neste enlace coa web culturagalega.org. E para coñecer as actividades das bibliotecas escolares galegas nestoutro.

miércoles, 18 de enero de 2017

E na biblioteca... arte V. Renoir: intimidad

Pont-Neuf, (1872), National Gallery of Art, Washington

O Museo Thyssen-Bornesmiza acolle dende o 18 de outubro unha exposición sobre o pintor impresionista Pierre-Auguste Renoir que recorre as diversas etapas da súa obra pictórica a través de máis 70 cadros procedentes de diversos museos e coleccións do mundo.

lunes, 9 de enero de 2017

E na biblioteca... arte IV: Mar Interior

Somos fans de Miguelanxo Prado, non o podemos negar, por isto queremos traer hoxe aquí a exposición Mar Interior que se pode ver ata o 29 de xaneiro no Museo de Pontevedra. Unha mostra con cen orixinais que amosa o seu traballo nos eidos da ilustración, da banda deseñada e da animación.

Feliz ano!

martes, 20 de diciembre de 2016

viernes, 9 de diciembre de 2016

E na biblioteca... arte II. Mulleres do silencio

Coñecemos, a través de Cultura Galega, unha interesante exposición no MARCO, Museo de Arte Contemporánea de Vigo: Mulleres do silencio.

Este proxecto, que reúne preto dun centenar de obras,  percorre diferentes xeracións de artistas ata a actualidade. Rosario Sarmiento, comisaria da exposición, escribe no texto curatorial desta:

A historia da arte occidental foi construíndo durante séculos os seus propios códigos, favorecendo o protagonismo da figura do creador masculino e excluíndo as mulleres dos principais movementos que conforman a historia da arte occidental. Esta visión da historia da arte como un discurso parcial e nesgado foi investigada por historiadoras como Linda Nochlin que en 1971, no xa considerado texto fundacional da crítica artística feminista, se preguntaba "Por que non houbo ao longo da historia grandes mulleres artistas?". Con iso non facía máis que formular no territorio artístico unha cuestión que se podía aplicar a calquera outro ámbito social ou cultural. A inexistencia de mulleres artistas non era consecuencia da súa propia natureza, senón do papel que ao longo da historia lle asignara a sociedade. Deste xeito, será a partir dos anos setenta do pasado século cando se inicie a construción/reconstrución dunha historia paralela que poñía en tea de xuízo a propia historia da arte e a súa valoración do traballo das mulleres artistas, relegadas a ser simples obxectos en lugar de suxeitos activos. 
Rosario Sarmiento

lunes, 14 de noviembre de 2016

Leonard, o home que escoita os segredos acordes

Now I've heard there was a secret chord
Leonard Cohen

A pasada semana chegounos a nova do falecemento do escritor e cantautor canadense Leonard Cohen. Empezou a escribir cando era moi novo amosando a súa paixón por Lorca e Walt Whitmann  e facéndose coñecido coma escritor no seu Montreal natal e no resto do Canada. Co paso dos anos foise centrando máis na música e compoñendo cancións, que cantaba coa súa voz rouca tan especial, nas que as referencias místicas, o amor e a influencia surrealista se mesturaban para conseguir acadar ese punto na que canción e poesía se fusionan de maneira sorprendente.
Unha das súas cancións máis coñecidas é "Hallellujah" que, versionada por Rufus Wainwright, formou parte da banda sonora de Shrek. En 1986 Cohen incluiu no seu disco I'm Your Man unha canción titulada "Take this waltz". Tratábase dunha versión do poema de Lorca "Pequeño vals vienés" publicado no libro Poeta en Nueva York. Se ben, a canción xa se incluirá anteriormente noutro disco que homenaxeaba a Lorca e no que participaron numerosos cantantes: Poetas en Nueva York.




Para saber máis:
 So long, Leonard Cohen.

viernes, 21 de octubre de 2016

E na biblioteca... arte I

Este curso, como xa sabedes, Biblioteca Escolar-Territorio das Artes é  o lema escollido para os carteis e outros materiais que a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria edita con destino ás bibliotecas escolares.

Nós queremos que a arte, que sempre tivo o seu lugar na nosa biblioteca e neste blogue, sexa un dos eixos da nosa actividade, polo que hoxe comezamos lembrando unha exposición sobre o Mestre Mateo que se poderá visitar no Museo del Prado a partir do 29 de novembro e da que vimos de ter noticia grazas á web Culturagalega.org..
Por certo, deixámosvos un interesante vídeo sobre a restauración da obra cimeira do Mestre Mateo: o Pórtico da Gloria na Catedral de Santiago de Compostela.

jueves, 13 de octubre de 2016

Bob Dylan: Forever Young

Forever young, forever young,
may you stay forever young.
Bob Dylan

O cantautor norteamericano Bob Dylan vén de recibir o Premio Nobel de Literatura 2016. Ao coñecer a nova viñeron tantas cancións á cabeza que ao principio se nos facía difícil escoller algunha. Despois, pensamos nunha, que lle dedicou ao seu fillo máis vello, na que amosa a súa capacidade de dicir o esencial con poucas palabras. Unha canción fermosa e simple: "Forever Young".

                
Para saber máis: