Centro

viernes, 30 de diciembre de 2016

miércoles, 21 de diciembre de 2016

Este Nadal lemos a... Roald Dahl

Este Nadal escollemos coma protagonista da nosa guía de suxestións a Roald Dahl. Agardamos que vos guste.


https://issuu.com/sansaliber/docs/compressed-roald

Galicia 100: unha apaixonante viaxe pola historia

Galicia 100 é o nome dunha exposición que presenta cen pezas da historia de Galicia. Esta apaixonante viaxe a través da historia pódese visitar ata o vindeiro 7 de xaneiro na sede de Afundación en A Coruña e a partir deste mes ata abril en Vigo.


Preme aquí para coñecer máis sobre esta interesante iniciativa e coñecer todas as pezas.

lunes, 19 de diciembre de 2016

viernes, 16 de diciembre de 2016

E seguimos con Valle-Inclán

Hoxe lembramos a don Ramón cun documental producido polo Consello da Cultura Galega que acompaña á exposición Outros verbos, novas lecturas: Valle-Inclán traducido.
 

jueves, 15 de diciembre de 2016

Admunsen e Manuel Antonio

Roald Admunsen desapareceu o 18 de xuño de 1928 mentres voaba en avión nunha operación de rescate do enxeñeiro e explorador italiano Umberto Nobile. O poeta rianxeiro Manuel Antonio dedicoulle unha sentida elexía que comeza cuns coñecidos versos do norteamericano Walt Whitman.


Elexía ao capitán Roald Admunsen
que se perdeu no Polo Norte
Oh captain! My captain!
Walt Whitman
PAISAXE
Ninguén pudo atopar entre a neve
eses beizos xeados
que se lle perderon ao silencio
E as lonxedades
ceibes
descinguiron a soedade
No remuíño
da derradeira rafega de vento
foise toda espranza
e o sol apagado
Ningunha voz poderá destemerse
sin caer morta aos pés da neve
coma un paxaro novo
Oh capitán! Meu capitán!
Manuel Antonio

miércoles, 14 de diciembre de 2016

E Admunsen logrouno

En estas regiones, uno pierde la costumbre de las ceremonias largas. Cuanto más cortas, mejor."
Roald Admunsen


Un 14 de decembro de 1911 a expedición dirixida polo noruegués Roald Admunsen alcanzaba o Polo Sur, tal e coma nos lembra o doodle de Google. Había dous anos que el e o explorador británico Robert Falcon Scott empezaran os preparativos para seren os primeiros en lograr esta fazaña. Mais a sorte favoreceu (nesta ocasión) ao noruegués,  xa que Scott chegou 34 días máis tarde falecendo á volta.
 
Créditos da fotografía aquí.

martes, 13 de diciembre de 2016

A beleza do Universo

Un pouco máis tarde do previsto, xa que habitualmente adoitamos publicar as nosas guías de suxestións de ciencia en novembro, presentámosvos A beleza do Universo. Premede na imaxe se queredes coñecer esta nosa nova guía.


https://issuu.com/sansaliber/docs/bioloxia

lunes, 12 de diciembre de 2016

Sempre, o gran don Ramón

e por fin o gran Don Ramón
Castelao, Alba de gloria

Pois si, o gran Don Ramón ao que se refire Castelao, no seu discurso Alba de gloria, non é outro que Ramón María del Valle-Inclán o grande escritor nacido en Vilanova de Arousa o 28 de outubro de 1866 e falecido en Santiago de Compostela o 5 de xaneiro de 1936. E nós, non podiamos deixar de lembralo neste ano no que se conmemora o 150 aniversario do seu nacemento.
Don Ramón foi narrador, dramaturgo e poeta. En certo sentido, incluso se pode afirmar que fixo da súa vida unha lenda... Unha lenda fiel a aquilo que escribiu:
"Lo mismo da triunfar que hacer gloria de la derrota".

Foi autor dunha extensa obra na que destaca a poesía e o teatro, pero na que non se pode esquecer a poesía ou os artigos xornalísticos. Mais, don Ramón, foi e será coñecido por crear o esperpento, unha estética nova na que o cómico e o serio se mesturan e na que os personaxes son caricaturizados e a realidade satirizada. Unha estética, que alcanza o seu punto máximo de esplendor en Luces de bohemia, unha obra teatral que apareceu publicada en entregas semanais na revista España en 1920 e que en 1924 se editou en libro. E sabes o máis curioso: non se estreou en España ata o ano 1970!
Para saber máis:

viernes, 9 de diciembre de 2016

E na biblioteca... arte II. Mulleres do silencio

Coñecemos, a través de Cultura Galega, unha interesante exposición no MARCO, Museo de Arte Contemporánea de Vigo: Mulleres do silencio.

Este proxecto, que reúne preto dun centenar de obras,  percorre diferentes xeracións de artistas ata a actualidade. Rosario Sarmiento, comisaria da exposición, escribe no texto curatorial desta:

A historia da arte occidental foi construíndo durante séculos os seus propios códigos, favorecendo o protagonismo da figura do creador masculino e excluíndo as mulleres dos principais movementos que conforman a historia da arte occidental. Esta visión da historia da arte como un discurso parcial e nesgado foi investigada por historiadoras como Linda Nochlin que en 1971, no xa considerado texto fundacional da crítica artística feminista, se preguntaba "Por que non houbo ao longo da historia grandes mulleres artistas?". Con iso non facía máis que formular no territorio artístico unha cuestión que se podía aplicar a calquera outro ámbito social ou cultural. A inexistencia de mulleres artistas non era consecuencia da súa propia natureza, senón do papel que ao longo da historia lle asignara a sociedade. Deste xeito, será a partir dos anos setenta do pasado século cando se inicie a construción/reconstrución dunha historia paralela que poñía en tea de xuízo a propia historia da arte e a súa valoración do traballo das mulleres artistas, relegadas a ser simples obxectos en lugar de suxeitos activos. 
Rosario Sarmiento

miércoles, 7 de diciembre de 2016

AulaCorto

AulaCorto é un portal de cinema para centros docentes cuxo obxectivo é ofrecer á comunidade educativa unha selección de  30 curtametraxes  a partir dos que traballar nas aulas.

lunes, 5 de diciembre de 2016

Youtubeir@s

Coñecemos a través de Cultura Galega unha interesante iniciativa para incrementar o número de vídeos en galego na rede: Youtubeir@s.

viernes, 2 de diciembre de 2016

Todo o tempo do mundo

E así ía lendo o mundo coma se lese un libro, ou fose lendo unha rúa da vila. Sempre me gustou ler as rúas, foi o que máis me gustou de aprender a ler: ler as rúas, os carteis dos comercios, mil cousas. Pero ninguén me ensinara a escoitar.
David Pérez Iglesias, Todo o tempo do mundo

E Ariadna aprenderá a escoitar da man do seu avó nesta novela de David Pérez Iglesias (responsable da canle de vídeos SonCine) con ilustracións de Marcos Viso. Pero, deixemos que sexa o seu autor o que nos presente a obra coa que, por certo, gañou a XXXI edición do Premio Merlín de Literatura Infantil:

«Un libro é un camiño. Desexar que o camiño non remate, que te acolla e chame polo mellor de ti. Verte ensarillado nos camiños que outros andaron. Repousar nas encrucilladas coas outras historias. Porque ese é o noso relato e a nosa herdanza. O que di que estivemos aquí, e que o noso estar aquí tivo desexo e sentido, que non nos acovardamos, que andamos o treito que tocou, e que o camiño segue despois de nós.»
 
«Se da man destas palabras algunha meniña á volta da escola, ou algún patrón canso, ou unha traballadora alertada polas inseguridades da vida, comparten a emoción do encontro coa terra, a valentía da infancia, a convicción do que é xusto, a dignidade da palabra, a aperta confiada do idioma que nos deron, a nobreza da necesidade, eu terei feita a miña labor.»

 «Todo o Tempo do Mundo é unha novela sobre a perda e o descubrimento. Unha nena que volve á aldea dos seus pais, onde xa só vive un avó que apenas coñece. Unha aldea no límite da desaparición, ameazada polas canteiras e o despoboamento. Nela cada xesto cotián ten a reverberación do único, do esencial. Da man do seu avó Valente, Ariadna abre os ollos a un mundo que é por ultima vez e a unha maneira de camiñar pola vida que durará sempre.»