Centro

jueves, 31 de marzo de 2016

Libros que van chegando: Fontán de Marcos Calveiro

É unha figura que me obsesiona dende que na adolescencia lin a Pedrayo: Eu, coma Adrian Solovio quedei deslumbrado polo seu mapa e pola súa figura, levo moitos anos tras a súa sombra.
 Marcos Calveiro

Compartimos con Marcos Calveiro a súa fascinación pola figura de Domingo Fontán; así que, estamos moi contentos de que xa figure no noso catálogo a novela coa que gañou a novena edición do IX Premio de Novela Breve Repsol. 



Unha novela biográfica de fondo histórico na que a ciencia tamén ten o seu "lugar", coma non podía ser doutra forma, tendo coma protagonista a ese "matemático sublime", en palabras de Suso de Toro, que foi o pontevedrés nacido en Porta do Conde (Portas). 


Marzo de poesía XI: Shakespeare


William Shakespeare, o famoso dramaturgo inglés de cuxa morte se cumpren catrocentos anos, foi un excelente poeta tal e coma amosa nos seus famosos sonetos. Por certo, debes ter en conta que o soneto inglés difire dos nosos, posto que está composto por tres serventesios e un pareado final
Escollemos para hoxe o número 116 na tradución de Ramón Gutiérrez Izquierdo:
Que nunca máis no enlace leal de dúas almas  
admita impedimentos. Non sente amor bastante
quen muda decontado se ve que hai mudanzas,
ou tende a distanciarse de quen está distante.

¡Oh, non! o amor é faro por sempre inalterable,
que observa a tempestade e nunca se intimida,
estrela sempre fixa que guía o barco errante,
da que o valor se ignora por alto que se mida.

Co amor non xoga o tempo, aínda que as fazulas
e labios mozos segue a fouce máis severa;
coas horas e semanas o amor non se demuda,
pois ata a fin dos días resiste e persevera.

Se a min poden probarme que nisto ando errado,
eu nada levo escrito, ninguén nunca foi amado.

 William Shakespeare

miércoles, 30 de marzo de 2016

Marzo de poesía X: recibimos a primavera con Manuel María

Este ano, como xa sabedes, o autor homenaxeado no Día das Letras Galegas é Manuel María. Queremos recibir esta primavera cun seu poema:

Están todas as carpazas
co lilailo da súa flor.
¡No corazón das rapazas
nacen cantigas de amor!

Hai ledicia verdadeira
nas flores e nas espiñas.
¡ Xa chegou a primaveira
no bico das anduriñas!

Manuel María, Terra Cha




Claude Monet, La primavera



martes, 29 de marzo de 2016

Día Mundial do Teatro 2016

"El teatro puede decirnos todo."
Anatoli Vasíliev
O  pasado 27 de marzo celebrouse o Día Mundial do Teatro. O instituto Internacional do Teatro convida todos os anos a un representante do mundo teatral a escribir unha mensaxe sobre esta efeméride. Este ano o elixido foi Anatoli Vasíliev e podedes ler a súa mensaxe aquí.
Outros recursos de interese:
 El teatro está frente a usted, no lo descuide y no se pierda la oportunidad de participar en él, tal vez la más preciosa oportunidad que tenemos en nuestras vanas y apresuradas vidas.
Anatoli Vasíliev



Créditos imaxe aquí.

lunes, 28 de marzo de 2016

Lembrando a Ángela Ruiz Robles

Hoxe o doodle de Google lémbranos a Ángela Ruiz Robles, a quen xa temos recordado neste blogue. Naceu en Villamanín (León) un 28 de marzo de 1895 e faleceu en Ferrol, cidade na que morou gran parte da súa vida, o 27 de outubro de 1975. En 1949 patentou a Enciclopedia Mecánica, considerada precursora do libro electrónico, que hoxe se pode ver na sede do MUNCYT na Coruña. 


Para saber máis:
Créditos da fotografía aquí.

viernes, 18 de marzo de 2016

Marzo de poesía IX: Día Mundial da Poesía

Las voces que transmiten la poesía contribuyen a realzar la diversidad lingüística y la libertad de expresión. Colaboran en el esfuerzo mundial en favor de la educación artística y la difusión de la cultura. A veces, la primera palabra de un poema es suficiente para recuperar la confianza ante la adversidad y encontrar el camino de la esperanza frente a la barbarie.

 Mensaxe de Irina Bokova, Directora Xeral da UNESCO,
con gallo do Día Mundial da Poesía.

O día 21 de marzo conmemoraremos o Día Mundial da Poesía. Unímonos a esta conmemoración coas entradas que titulamos "Marzo de poesía" e cunha pequena homenaxe ao poeta Rubén Darío, falecido o 6 de febreiro de 1916, que podedes atopar premendo aquí


Non queremos despedirnos sen lembrarvos algúns enlaces de interese sobre esta data:
Por certo, na imaxe podedes ver unha estatua romana do século II d.C. que representa a Erato, a musa da poesía. As musas, coma seguramente xa sabedes, eran as deidades que protexían as artes e as ciencias na mitoloxía grega.   
Créditos da imaxe aquí

jueves, 17 de marzo de 2016

Marzo de poesía VIII: Camões


Luís Vaz de Camões é un afamado poeta portugués de ascendencia galega que naceu cara 1524 e morreu en 1580. O autor dos famoso poema épico Os Lusíadas  é tamén un bo sonetista coma podedes comprobar:


Amor é fogo que arde sem se ver;
É ferida que dói e não se sente;
É um contentamento descontente
É dor que desatina sem doer;

É um não querer mais que bem querer;
É solitário andar por entre a gente;
É nunca contentar-se de contente;
É cuidar que se ganha em se perder;

É querer estar preso por vontade;
É servir a quem vence, o vencedor;
É ter com quem nos mata lealdade.

Mas como causar pode seu favor
Nos corações humanos amizade,
Se tão contrário a si é o mesmo amor?

 Camões

Por certo, non vos lembra a outro famoso soneto? Quizais, a un de Lope de Vega? Ambos os dous tentan describir o amor e ambos os dous o describen coma un sentimento contraditorio, un utilizando os paradoxos e outro as antíteses... Os dous beben na fonte do petrarquismo.

miércoles, 16 de marzo de 2016

Caroline Herschel

Hoxe o doodle de Google lembrábanos que tal día coma hoxe de hai 266 anos nacía en Hannover (Baixa Saxonia, Alemaña) a astrónoma e soprano Caroline Herschel.


Os medios de comunicación fíxéronse eco da efeméride:
Nós querémosvos recomendar dous libros a aqueles e aquelas que esteades interesados na súa figura e na das mulleres científicas: Las astrónomas chicas estrella de Sara Gil Casanova e Las pioneras de Rita Levi-Montalcini e Giuseppina Tripodi. 


                
Vídeo atopado aquí.

lunes, 14 de marzo de 2016

Marzo de poesía VI: Luís Amado Carballo


Luís Amado Carballo é un poeta ao que recorremos habitualmente neste blogue. Hoxe eliximos un poema seu incluído na antoloxía Os nosos versos, ilustrada por Fino Lorenzo, de Antonio García Teijeiro.

LÚA

A lúa é velliña,
de brancos cabelos,
de enrugas de ouro
e de olliños cegos.

Érguese de leito
das foulas do mar
palpando os espazos
para camiñar.

Anda polo mundo
sen ver onde vai
pois as estreliñas
lévana da man.

Envolveita en néboas
hase de abrigar
pois como vai vella
tense de coidar.

Cando na outa noite
brúa o temporal
a lúa antre as tebras
tápase a tremar.

E así que o mal tempo
amainado vai
asoma a faciana
i espalla o luar.

L. Amado Carballo, O galo







viernes, 11 de marzo de 2016

Marzo de poesía V: Blas de Otero

O vindeiro 15 de marzo cumpriranse 100 anos do nacemento en Bilbao do poeta Blas de Otero, un dos principais representantes da chamada "poesía social", movemento poético que se desenvolveu durante a década dos 50 e dos 60 do pasado śeculo.
Pido la paz y la palabra

Escribo
en defensa del reino
del hombre y su justicia. Pido
la paz
y la palabra. He dicho
«silencio»,
«sombra»,
«vacío»
etcétera.
Digo
«del hombre y su justicia»,
«océano pacífico»,
lo que me dejan.
Pido
la paz y la palabra.

Blas de Otero

Para saber máis:

jueves, 10 de marzo de 2016

Marzo de poesía IV: Manuel Lueiro Rey

Xa sabedes,
hei seguir cantando o que me peta.
botando fóra o que me morde o peito.

Manuel Lueiro Rey 
O vindeiro 9 de abril cumpriranse cen anos do nacemento en Fornelos de Montes (Pontevedra) do escritor e xornalista Manuel Lueiro Rey.


Blas de Otero

Anxo feramente humán
poeta do noso alento
verba aberta dun irmán
e forma de pensamento.

Verba alerta,
sempre alerta.

Túa voz foi man espida.

Manuel Lueiro Rey, Derradeira escolma ferida
Para saber máis:






miércoles, 9 de marzo de 2016

Marzo de poesía III: Adonis


En este momento el aire está en duelo.
Adonis
Hoxe continuamos o noso marzo poético co poeta sirio Ali Ahmad Said Esber, coñecido polo seudónimo Adonis. Eterno aspirante ao Nobel, Adonis é un dos grandes renovadores da poesía contemporánea en árabe. A poesía, que el aprendeu a amar de neno co seu pai, é para el unha forma de achegarnos á súa cosmovisión, á súa forma de ver o mundo:

"Si nos alejamos de la poesía nos alejamos de nosotros mismos. Qué es la poesía sino el amor, sólo el amor.



DESIERTOS (Fragmentos)




Las ciudades se deshacen

y la tierra es una locomotora de polvo.

Sólo el poeta sabe casar este espacio.




No hay camino hacia mi casa: estado de asedio,

las calles son cementerios.

Desde lejos, sobre su casa,

una luna ensimismada se cuelga

en los hilos del polvo.




Dije: "Este es el camino a mi casa". Respondió: "No,

no pasarás", y me apuntó con el fusil...

Está bien. Tengo en todos los barrios

amigos, y todas las casas del mundo.




Caminos de sangre.

Los evocaba un niño

y su amigo le susurraba:

No hay en el cielo

sino agujeros llamados estrellas...


Adonis


Unha poesía marcada por unha clara pegada simbólica e a confluencia da tradición e da modernidade. 
Reivindico toda la herencia mediterránea, pero además formo parte integrante de la cultura universal, de Oriente hasta Occidente. La única especificidad que me reconozco es mi lengua y mi subjetividad. Pero, por medio de ellas, trato de abrirme a lo universal.
Adonis

lunes, 7 de marzo de 2016

Marzo de poesía II: Alberti e o mar

Rafael Alberti é un dos grandes poetas do século XX e coma mostra esta evocación do mar... Do mar da súa infancia. 


El mar. La mar.

El mar. ¡Sólo la mar!



¿Por qué me trajiste, padre,

a la ciudad?



¿Por qué me desenterraste

del mar?



En sueños, la marejada

me tira del corazón.

Se lo quisiera llevar.



Padre, ¿por qué me trajiste

acá?

Rafael Alberti: Marinero en tierra  

viernes, 4 de marzo de 2016

Marzo de poesía I: Manuel María


O 21 de marzo conmemoramos o Día da Poesía e nós queremos celebralo ao longo deste mes con poemas. Comezamos cun do poeta ao que homenaxearemos este ano no Día das Letras Galegas: Manuel María.

O meu barco
Teño un barco de xoguete
e nel me quero embarcar.
Polos mares dos meus soños
quen me verá navegar!

Navegarei por mil rios
sete mares hei cruzar.
No meu barco de xoguete
cansarei de viaxar...!

No meu barco de xoguete,
mariñeiro e capitán...!
Non teño medo ó trebón
nin me asusta o furacán!

O meu barco de xoguete!
O meu barco moito val:
verei terras, verei illas,
verei mares de coral...!

Andiven tódolos mares!
Xa cansei de navegar
co meu barco de xoguete
sin salir do meu fogar!
Manuel María: Os soños na gaiola

Eliximos para ilustrar este poema o cadro Dende o balcón do pintor coruñés Urbano Lugrís.
 

martes, 1 de marzo de 2016

Concurso Ciencia que Conta

O grupo DIVULGATIA do Departamento de Física Aplicada da Universidade de Vigo convoca o concurso de relatos curtos relacionados coa ciencia "Ciencia que conta".