Centro

viernes, 19 de diciembre de 2014

Guías de Nadal

Xa están listas as nosas guías de suxestións de Nadal para Educación Infantil e  Primaria e para ESO. Só nos queda desaxarvos un moi bo Nadal e lembrarvos que podedes atopar moitas máis suxestións, das bibliotecas escolares de Galicia, aquí.
Pero... non queremos esquecer un pequeno vídeo para lembrar unha actividade musical destacada destas datas, o Concerto de Aninovo da Filaharmónica de Viena; así que,  deixámosvos un vídeo do valse "O Danubio azul", de Johannn Strauss fillo, do concerto do ano pasado.
En fin... Bo Nadal e Feliz Aninovo.



Por certo, tampouco queremos esquecer felicitar á gañadora do concurso de postais de Nadal organizado polo EDLG.

jueves, 18 de diciembre de 2014

Unha nova proposta musical do IES Poeta Díaz Castro

O alumnado do IES Poeta Díaz Castro participou  en diferentes actividades propostas para a Semana da Música. Con esta canción reflexionan sobre a importancia da música nas nosas vidas e na nosa educación.

miércoles, 17 de diciembre de 2014

Castelao na RAG

A Real Academia Galega publicou dixitalmente en outubro tres textos autógrafos de Castelao que gardaba esta institución.


Tamén en outubro se desenvolveron as xornadas que a RAG lle dedicou ao rianxeiro co gallo de cumprírense os 50 anos do Día das Letras Galegas dedicado a el, os 70 anos da publicación do Sempre en Galiza e os 80 anos do ingreso na Real Academia Galega.

Aniversario de Platero y yo IV: visitando Moguer

Moguer, na ribeira do río Tinto, é un municipio pertencente a Huelva que conta cun rico patrimonio arquitectónico e natural. Preto de Moguer, por certo,  atópase o Parque Nacional de Doñana.
En Moguer tamén celebran, coma non podía ser menos, o Ano Platero.

Nós lembramos Moguer coas palabras de Juan Ramón: "Moguer es igual que un pan de trigo, blanco por dentro como el migajón, y dorado entorno -¡oh sol moreno!- como la blanda corteza."

martes, 16 de diciembre de 2014

Aniversario de Platero y yo III

Hai moitos vídeos e audios interesantes sobre Platero y yo e o seu autor. Aquí poderás atopar un enlace con algúns deles. Nós deixámosche este no que atoparás numerosos fragmentos do libro:


viernes, 12 de diciembre de 2014

Aniversario da publicación de Platero y yo I

Non queremos rematar este ano sen lembrar que un libro clásico está de aniversario, porque como xa sabedes hoxe cúmprense cen anos da publicación de Platero y yo de Juan Ramón Jiménez. E até Google nolo lembro co seu doodle!
Quen pode esquecer aquel marabilloso comezo do libro?

"Platero es pequeño, peludo, suave; tan blando por fuera, que se diría todo de algodón, que no lleva huesos. Sólo los espejos de azabache de sus ojos son duros cual dos escarabajos de cristal negro.
Lo dejo suelto, y se va al prado, y acaricia tibiamente con su hocico, rozándolas apenas, las florecillas rosas, celestes y gualdas... Lo llamo dulcemente: «¿Platero?», y viene a mí con un trotecillo alegre que parece que se ríe, en no sé qué cascabeleo ideal...
Come cuanto le doy. Le gustan las naranjas, mandarinas, las uvas moscateles, todas de ámbar, los higos morados, con su cristalina gotita de miel...
Es tierno y mimoso igual que un niño, que una niña...; pero fuerte y seco por dentro, como de piedra. Cuando paso sobre él, los domingos, por las últimas callejas del pueblo, los hombres del campo, vestidos de limpio y despaciosos, se quedan mirándolo:
—Tien’asero...
Tiene acero. Acero y plata de luna, al mismo tiempo."





Lembramos, con motivo do aniversario, que Platero y yo estaba relacionado coa lingua e a literatura galega. De feito, en 1965 publicáronse quince capítulos do libro traducidos ao galego nun almanaque editado en Lugo. Pero, quizais unha das relacións máis coñecidas é a referencia ao poema de Curros Enríquez "Ai" no capítulo XVII do libro de Juan Ramón (por certo, en "Son de poetas" podedes atopar o poema de Curros Enríquez e a versión musical de Meiga do Norte).


" Un día, cuando pasó por la calle blanca aquel mal viento negro, no vi ya al niño en su puerta. Cantaba un pájaro en el solitario umbral, y yo me acordé de Curros, padre más que poeta, que, cuando se quedó sin su niño, le preguntaba por él a la mariposa gallega:
Volvoreta d’aliñas douradas..."
Así que, decidimos preparar unha pequena homenaxe conxuntamente co Departamento de Lingua Castelá e a colaboración do de Lingua Galega. O martes 2 de decembro o alumnado de 1º de ESO reuniuse na biblioteca para ler anaquiños do libro, entre eles o anteriormente amentado capítulo, e o poema de Curros. Posteriormente visionamos un pequeno documental sobre a obra de Juan Ramón e escoitamos dúas versións musicais de "Ai", o poema do celanovés": a de Meiga do Norte e a de María do Ceo.


jueves, 11 de diciembre de 2014

Novembro de Ciencia e decembro tamén X: mates, mates... e música

A relación entre as Matemáticas e a Música é moi antiga. Xa os antigos chineses e exipcios estudaron os principios matemáticos dos sons, aínda que quizais sexan os filósofos pitagóricos na Grecia antiga os que máis destacaron no estudo da natureza destes. Non en van, defendían que "“toda a natureza consiste en harmonía que brota de números”.
O músico Germán Díaz, sobre que lle xa escribimos en Meteosansa, dedicoulle un proxecto/gravación ao número Pi no que utiliza a zanfona, caixas de música, órgano de barbaria e distintos instrumentos mecánicos. Esta é a súa "Canción de cuna matemática":



Se vos quedaron ganas de saber máis sobre as vinculacións existentes aquí vos deixamos uns cantos enlaces:

Culturgal e revista Criaturas

O Culturgal, a  Feira das Industrias Culturais, pechou con éxito a súa andaina deste ano, como podemos ver neste enlace da TVG. Por outra banda, vimos de saber da publicación dunha revista. Unha revista moi especial coordinada por Ledicia Costas e Daniel Landesa: a primeira revista dixital de Literatura Infantil e Xuvenil galega. O seu nome é Criaturas (preme no seu nome para acceder a ela).
Parabéns!

miércoles, 10 de diciembre de 2014

Día dos Dereitos Humanos

Hoxe, 10 de decembro, é o Día Internacional dos Dereitos Humanos. A Asemblea Xeral das Nacións Unidas proclamou este data en 1950 por ter sido a elixida dous anos antes para asinar a Declaración dos Dereitos Humanos. Este ano o tema é "Dereitos Humanos, 365 días ao ano".
Deixámosvos algúns enlaces de interese:


    Quijote para os máis novos

    A RAE vén de presentar a edición escolar e popular do Quijote, adaptada polo académico e escritor Arturo Pérez-Reverte.

    martes, 9 de diciembre de 2014

    Novembro de ciencia e decembro IX: mates, mates... e as mulleres matemáticas

    Hai uns días lembrabamos nunha entrada a María Woneburger Planells, a matemática coruñesa finada en xullo deste ano, cuxo nome leva un premio creado polo Goberno galego no ano 2006 para resaltar as traxectorias relevantes de mulleres nos eidos das ciencias e da tecnoloxía. Hoxe queremos presentarvos algúns recursos sobre as mulleres e as matemáticas.

    Chega o Nadal

    A Coordinadora  CGENDL (Coordinadora Galega de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística) pon á nosa disposición numerosos recursos para estas datas que podedes atopar premendo aquí.

    viernes, 5 de diciembre de 2014

    Novembro de ciencia e decembro tamén VIII: mates, mates, mates... listaxe de recursos na web

    Agora que xa presentamos algunhas webs e blogues de interese, queremos facer unha entrada recompilatoria de recursos e pregarvos que se coñecedes algún máis non dubidedes en facernolo chegar...

    Novembro de Ciencia e decembro tamén VII: mates, mates, mates... e máis blogues

    En DivulgaMat, Centro virtual de divulgación de las matemáticas da Real Sociedad Matemática Española, atopamos unha coidadosa selección de enlaces con blogues de interese. Na recompilación de materiais de ciencia "Novembro mes  de ciencia" podemos atopar un bo feixe de blogues científicos entre os que figuran algúns dedicados ás Matemáticas.

    jueves, 4 de diciembre de 2014

    Novembro de Ciencia e decembro tamén VI: mates, mates, mates... e poesía.

    A través do sitio temático das Bibliotecas Escolares coñecemos algúns interesantes recursos relacionados coas matemáticas e a poesía que podedes atopar premendo aquí.  Aproveitamos para lembrarvos dúas entradas do noso blogue nas que podedes atopar poemas e algúns enlaces relacionados coas matemáticas e a poesía: "Quincena da poesía" e "Asombrosa visualización do número Pi"


    Tesla e o seu legado tecnolóxico

    Presentámosvos un interesante vídeo no que se presenta dunha forma clara e amena a figura de Nikola Tesla e do seu inmenso legado tecnolóxico.

    miércoles, 3 de diciembre de 2014

    Juana la Loca

    A historia da infeliz raíña Juana I de Castela, alcumada a Tola, serviu de inspiración a escritores, directores de cine e músicos (no ano 2005 estreouse unha opera baseada nela). A súa tráxica vida aínda é discutida hoxe por historiadores e psiquiatras como podemos ler neste enlace.




    A serie documental de TVE Mujeres en la historia dedicoulle un capítulo á Juana que podes ver premendo aquí. 
    Por outra banda, se che interesa coñecer o papel das mulleres na historia recomendámosche o blogue Mujeres en la historia onde atoparás unha interesante selección de libros sobre o tema.  Así mesmo tamén che pode interesar o capítulo a "Historia de ser mulleres" da serie Historias de Galicia ou Historia das mulleres galegas de Pepe Carreiro.
    Aproveitamos tamén para lembrarvos as seleccións de libros (unha delas acompañada de guías de lectura) realizadas polo noso Departamento de Xeografía e Historia para os distintos cursos de ESO que podedes atopar neste enlace e nestoutro.
    E, xa sabes: agardámosvos onde o mundo se chama biblioteca!

    martes, 2 de diciembre de 2014

    Novembro de Ciencia e decembro tamén V... Guía de suxestións matemáticas

    Presentámosvos a nosa guía de suxestións de lectura e recursos web sobre as Matemáticas para ESO.

    Nikola Tesla. Suyo es el futuro

    A exposición "Nikola Tesla. Suyo es el futuro" pode visitarse en Madrid ata o vindeiro mes de febreiro. Tesla, como sabedes, é un dos grandes científicos e inventores do século XX. Se queredes saber máis sobre el, premede neste enlace ou buscade na nosa biblioteca o libro Tesla, el genio de la tecnología de Sergi Aguilar. Recoméndamosvolo moito, porque coñeceredes a un home que inventou o futuro. 

    lunes, 1 de diciembre de 2014

    Novembro de ciencia e decembro tamén: mates, mates, mates IV e... máis blogues

    Hoxe traemos un enlace cun interesante blogue: "Cifras y teclas" . Un blogue cooperativo no que se tratan as matemáticas dende diversos puntos de vista. Ademais, tamén se pode visitar en facebook. Precisamente, nunha das entradas deste blogue atopamos este vídeo:

    Lembrámovos  que na recompilación de materiais das bibliotecas escolares galegas, Novembro Mes da Ciencia en Galego, podedes atopar unha seccion dedicada aos blogues nos que se inclúen varios blogues matemáticos. Preme aquí se queres acceder.

    Erros máis comúns na lingua castelá

    Atopamos na axencia de novas Europa Press un interesante cuestionario baseado nos erros máis comúns que se cometen á hora de falar a lingua castelá. Preme aquí para acceder a el. 
    Por outra banda, lembrámosche que a RAE dispón dun apartado de consultas lingüísticas no que podes atopar a sección "Preguntas frecuentes". Ademais, desde o ano 2012 tamén presenta este servizo de consultas a través de Twitter.


    viernes, 28 de noviembre de 2014

    IV Concurso Investigación e Ciencia

    A biblioteca en colaboración cos departamentos de ciencias do centro organiza o IV Concurso Investigación e Ciencia para o alumnado de ESO do CPI de San Sadurniño. Este ano presenta unha soa modalidade: fotografía de tema científico. Atoparás as bases na nosa páxina web.
    Anímate e participa!

    Novembro de Ciencia III: mates, mates, mates... e webs

    O curso pasado empezamos o noso "Novembro de ciencia" no blogue cun conxunto de entradas nas que enlazabamos blogues, páxinas webs e artigos, relacionados coa ciencia. Neste curso, ímonos dedicar ás matemáticas. 
    Empezamos cun blogue que nos gusta moito: Mati y sus mateaventuras e co Pequeño LdN. Mati y sus aventuras (suplemento infantil e xuvenil da web Libro de Notas). Clara Grima, a súa autora e catedrática da Universidade de Sevilla, explicanos neste vídeo coma xurdiu a idea:


    Novembro Mes da Ciencia en Galego XI: A NASA en galego

    Atopamos na web GCiencia unha sección titulada "A NASA en galego" que nos permite acceder á versión galega  do Astronomical Picture Of the Day da NASA que ofrece unha fotografía astronómica diaria acompañada dun texto escrito por un astrónomo profesional. APOD Galego é unha das pezas da comunidade AstroGalicia, un espazo para astrónomos afeccionados.

     Non deixes de ver as espectaculares fotografías que nos amosan!

    jueves, 27 de noviembre de 2014

    Novembro de Ciencia II: mates, mates, mates... e o noso carabelo matemático

    O noso carabelo matemático seguirá dispoñible ao longo deste mes e do próximo na sala de secundaria. Como sabedes, trátase dun cesto no que incluímos libros relacionados coas matemáticas e algunha revista de ciencia para levar á aula cando se considere oportuno.


    miércoles, 26 de noviembre de 2014

    Novembro Mes da Ciencia en Galego X: Historias de Galicia

    A serie Historias de Galicia, da TVG, proporcionounos interesantes e amenas achegas á historia de Galicia nos seus dezanove programas. No capítulo 18, "A causa das cousas", aproximounos á vida de tres científicos galegos: Domingo Fontán, autor da Carta Xeométrica de Galicia, o primeiro mapa científico de Galicia, impresa en 1845; Ramón María Aller Ulloa, o astrónomo ao que xa aludimos noutra entrada deste blogue e Cruz Gallástegui, creador dunha variedade nova de millo híbrido que permitiu mellorar o rendemento das colleitas.
    O capítulo 15 da amentada serie titúlase "A forza das máquinas" e permítenos achegarnos á historia das máquinas en Galicia así como á súa industrialización.


    Parabéns de novo

    Temos que parabenizar ao alumnado e profesorado de ciencias do centro polos premios acadados en IGACIENCIA e en Galiciencia. Neste enlace da nosa web podedes atopar máis información.

    martes, 25 de noviembre de 2014

    Novembro de Ciencia I: mates, mates, mates... DivulgaMAT e Agapema

    A web de Agapema, Asociación Galega do Profesorado de Educación Matemática, ofrécenos novas, actividades e recursos de interese.

    "Lúas de outubro e agosto" de Guadi Gallego

    Guadi Gallego pon hoxe á venda o seu segundo disco: "Lúas de outubro e agosto". Por certo, o videoclip da canción "Matriarcas", acadou un grande éxito en Youtube con preto de 15.000 visualizacións en só dous días. 

    Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller

    O 25 de novembro celébrase o Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller. Esta conmemoración foi aprobada pola Asemblea Xeral das Nacións Unidas o 17 de decembro de 1999 a proposta da República Dominica. A data escolleuse en memoria das irmáns Mirabal.
    Deixamos os enlaces con algúns recursos e actividades de interese sobre esta data:
    Por outra banda, queremos lembrarvos que esta día daranse a coñecer os gañadores do concurso literario que con motivo desta data organizan o Concello e o EDLG do noso centro. 


    lunes, 24 de noviembre de 2014

    Novembro Mes da Ciencia en Galego IX: libros

    Seguimos hoxe con máis suxestións de libros en galego sobre ciencia. Empezamos con A ciencia no punto de Mira de Jorge Mira, unha divertida forma de achegarte á ciencia. Outros dous libros de moito interese son os de Xurxo Mariño: Os dados do reloxeiro: ciencia amena para mentes inquietas e Po de estrelas: novas receitas científicas de Os dados do reloxeiro. Os afeccionados á astronomía atoparán en Astronomía práctica de Ramón Vilalta respostas a moitas das súas preguntas. Igual que todo aquel alumnado que desexe coñecer o papel das mulleres na ciencia ten en As mulleres nas Matemáticas de Matilde Ríos e en Investigadoras galegas de Iolanda Fernández Casal dous libros esenciais. Coma sabemos que hai moitos alumnos e alumnas afeccionados ao origami, non queremos deixar de recomendarvos Papiroflexia de G. Chicharo Valencia e S. Muñoz Campos, Papiroflexia. Iniciación e Papiroflexia. Animais de papel de Vicente Palacios.
    Para os máis noviños e noviñas recomendamos A guerra dos números de Juan Darién, Once damas atrevidas de Oli e Helle Tomassen e A casa da mosca chosca de Eva Mejuto e Sergio Mora...
    Se queres coñecer máis libros de ciencia en galego, preme neste enlace da "Recopilación de materiais de ciencia en galego" das Bibliotecas escolares de Galicia e accederás á unha ampla selección.
    En fin, agardámosvos onde o mundo se chama biblioteca.



    viernes, 21 de noviembre de 2014

    Premio Sustentabilidade e Paisaxe

    Queremos felicitar aos responsables e participantes no programa do Plan Proxecta Sustentabilidade e Paisaxe do noso centro que veñen de recibir un premio. Preme aquí se queres saber máis sobre esta nova.
    Parabéns!

    Novembro Mes da Ciencia en Galego VIII: webs de ciencia

    Hoxe queremos presentar algunhas webs de ciencia en galego. Empezamos con GCiencia, un portal de divulgación científica en galego, castelán e inglés que naceu o pasado ano. Código Cero  permiteche coñecer as novas e os eventos relacionados coa tecnoloxía e na web de Amtega, Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, poderás atopar novas, documentos e eventos de interese relacionados coas TIC. Tamén de moito interese é a web da Real Academia Galega de Ciencias.
     Se queres coñecer máis webs de interese só tes que premer aquí para atopar unha ampla lista.

    E non queremos esquecer a web de Galiciencia, a feira científica para estudantes na que algúns de vós vindes de participar, tal e como reflicte o Díario de Novas Tecnolóxicas de Galicia Código Cero. Por certo, deixámosvos un vídeo da feira da ciencia do ano pasado.
    Parabéns aos participantes en Galiciencia e felices lecturas científicas e proveitosos experimentos para todos!

    jueves, 20 de noviembre de 2014

    Día do Neno

    Hoxe, como sabedes, é o Día Oficial do Neno. A ONU celebra este día o 20 de novembro en conmemoración da aprobación da Declaración dos Dereitos do Neno en 1959 e da Convención sobre os Dereitos do Neno en 1989.
    Deixámosvos algúns enlaces de interese sobre esta data:
    E un vídeo que atopamos na web de UNICEF e que nos emocionou, porque nos lembrou como a súa protagonista mantén os seus soños malia a adversidade.

    miércoles, 19 de noviembre de 2014

    Novembro Mes da Ciencia en Galego VII: os dicionarios

    Presentamos hoxe dúas das ferramentas máis útiles sobre ciencia que atesoura a nosa biblioteca. Referímonos a dous dicionarios: Dicionario de física e Dicionario de quimica de Juan José Guillín Fraga, Antonio Varela Caamaño e Ramón Vilalta López. Nos seguintes enlaces podedes atopar máis información sobre estas dúas obras:
    Ademais, temos a sorte de que un dos seus autores sexa membro da nosa comunidade educativa e de contar coa súa continúa colaboración coas actividades da biblioteca!


    martes, 18 de noviembre de 2014

    Novembro Mes da Ciencia en Galego VI: as científicas

    O Álbum da ciencia é unha interesante web, da que xa temos falado, que nos permite achegarnos á vida dos científicos e das científicas galegas. Así, a través deste álbum coñecerás a vida e obra de María Josefa Wonenburger, prestixiosa matemática que desenvolveu a súa investigación na rama da álxebra; das médicas Elisa e Jimena Fernández de la Vega, as primeiras mulleres licenciadas nunha universidade galega, concretamente na USC a única existente na época; de Ángela Ruíz Robles, que patentou unha enciclopedia mecánica que se pode considerar como precursora dos libros electrónicos, etc..
    O Álbum de Mulleres tamén nos permite coñecer ás biografías de científicas coma Angeles Alvariño, unha ferrolá precursora na investigación oceanográfica mundial ou Antonia Ferrín Moreiras, matemática e astrónoma ourensá, así como entender o papel das mulleres no Seminario de Estudos Galego.
    En fin, se queres saber máis sobre as científicas galegas recomendámosche unha interesante obra composta por dous volumes de Iolanda Casal titulada Investigadoras galegas, no cal a autora dá voz a varias científicas galegas.

    GaliciaLe

    Os días 7 e 8 de novembro, nas V Xornadas das bibliotecas escolares de Galicia, coñecimos mellor a recén creada plataforma GaliciaLe, a plataforma de  préstamo de libros electrónicos das bibliotecas públicas galegas. Se queres saber máis sobre esta iniciativa preme aquí.

    viernes, 14 de noviembre de 2014

    Novembro Mes da Ciencia en Galego IV: Funes, o inventor da lúa

    En GCiencia atopamos a nova do estreo dun documental sobre Eugenio Funes, un inventor galego que chegou a traballar para a Nasa: Funes, o inventor da lúa. Enrique Otero lembra neste documental a figura deste home, nacido en Quiroga (Lugo), que tivo un papel importante na carreira espacial.
    Se che interesa a súa figura neste enlace podes atopar máis información e nestoutro poderás escoitar unha entrevista co director do documental.

    jueves, 13 de noviembre de 2014

    Lembrando a Carl Sagan despois da aterraxe de Philae

    Aínda que sexa un pouco tarde, queremos unirnos á homenaxe do científico e divulgador Carl Sagan, quen tería cumprido 80 anos de estar vivo o 9 de novembro e quen, con seguridade, tería estado moi contento onte.
    Sagan fíxose mundialmente famoso a principios do 80 coa serie de televisión Cosmos, un prodixio de divulgación científica que aínda hoxe é lembrada por moitos pola súa rigorosidade e amenidade e que, por certo, podedes atopar na nosa biblioteca. Posteriormente, publicaría un libro co mesmo nome baseado na amentada serie documental.
    Carl Sagan non só debe de ser un dos homes que máis vocacións científicas espertou na segunda metade do século XX, senón que tamén contribuiu a achegar á ciencia a todos os espectadores coa determinación que só podía ter un home que afirmou isto: "La ciencia no es perfecta, con frecuencia se utiliza mal, no es más que una herramienta, pero es la mejor herramienta que tenemos: se corrige a sí misma, está siempre evolucionando y se puede aplicar a todo. Con esta herramienta conquistamos lo imposible."
    Onte unha vez máis fíxose certa esa afirmación de Sagan con Philae e a súa aterraxe no cometa 67P/Churyamov-Gerasimenko!

    miércoles, 12 de noviembre de 2014

    Un día histórico: Rosetta e Philae

    Hoxe é un deses días que seguramente figurarán na historia, xa que por primeira vez un enxeño espacial creado polos seres humanos vai aterrar nun cometa. Trátase do módulo, Philae, da sonda espacial Rosetta (nomeada así en homenaxe á pedra de Rosetta que permitiu a Champollion descifrar os xeroglíficos exipcios) que foi lanzada o 2 de marzo de 2004 pola Axencia Espacial Europea (ESA).
    A continuación deixámosche algúns enlaces de interese relacionados con tan importante e histórica nova:

    martes, 11 de noviembre de 2014

    Novembro de festas tradicionais II: o magosto

    O magosto, a festa das castañas, xa está aí agora que chegou o mes de Santos, San Martiño ou novembro que das dúas formas se coñece en Galicia o undécimo mes do ano, aquel que no refraneiro popular aparece como "Bendito mes, que empeza con Santos e acaba con San Andrés", refrán por certo tamén existente en castelán como podes comprobar no Refranero Multilingüe do Centro Virtual Cervantes.
    O magosto, é unha das festas do ciclo de outono, posto que, como sabes, en todo o mundo existen celebracións rituais asociadas aos cambios estacionais. Ademais, o Magosto é a festa da castaña, que foi o alimento básico en Galicia ata a chegada da pataca de América.
    Tradicionalmente o Magosto celebrábase o primeiro día de novembro, festividade de Todos os Santos, pero hoxe en día vense celebrando entre a segunda quincena de outubro e a primeira de novembro, se ben en Ourense asociouse co patrono da diocese, San Martiño, e celébrase o once.
    Deixamos a descrición dos magostos a Florentino L. Cuevillas coa continuación do seu texto "O outono en Galicia" do libro Prosas galegas cuxa primeira parte xa reproducimos na entrada titulada "Outono literario III":

    "Nesta paisaxe pintada polo outono e cuberta moitas veces por un ceo embazado, sobe dereito o fume dos magostos. Acéndense as fogueiras nos piñeiros, ó pé dunhas penedas, baixo das ponlas aínda non espidas dos carballos e dos castiñeiros; e derredor delas, a rolda de mozas e mozas agarda e troulea.
    Ásanse as castañas na fogueira, as pobres castañas, que caeron dende a boca pasmona dos ourizos, para morreren "no lume" coma se fosen bruxas endiañadas; as pobres castañas tan vergoñentas e asisadas, que astra que están mortas non se deixan tirar do corpo a derradeira das súas túnicas. Agardan os mozos e as mozas, namentres arde o lume, e rin e falan e cantan; e unha cántiga vai dereita a un corazón, outra cae ós tombos polo monte embaixo, e outra aínda, queda presa nos pinchos dun toxo. (...)
    Dirédesme que os follatos murchos das viñas son sinal de morte que o inverno trae consigo. Dirédesme que o magosto é o final do froito dos castiñeiros; e teredes razón; mais teredes que confesar que as viñas trocadas en xardín son ben belidas, e que as castañas se queiman entre risas e entre amores. Porque na nosa terra, astra a morte ten engado.
    E se non o credes, vinde ver a Galicia, no mes de San Martiño."
    Recursos de interese sobre o magosto:
    Recursos para o magosto. 
    Outono: materiais e recursos. Recompilación da Secretaría Xeral de Política Lingüística. 
    O magosto no noso centro.
    Chegou o outono. (Actividades de Educación Infantil e Primaria do noso centro).


    Créditos da fotografía aquí.

    lunes, 10 de noviembre de 2014

    Novembro Mes da Ciencia en Galego III: Ramón María Aller Ulloa

    Sabemos que algúns e algunhas tendes moito interese en saber máis sobre astronomía, polo que hoxe queremos lembrar a Ramón María Aller Ulloa, concretamente cun vídeo da serie "Historias de Galicia" da TVG no que se recorda a figura do famoso astrónomo galego natural de Lalín cuxo nome leva un IES da localidade.
    Aller Ulloa fundou en 1943 o observatorio da USC (Universidade de Santiago de Compostela). Por outra banda, Don Ramón María foi un divulgador e un reivindicador da obra de Jośe Rodríguez González, matemático e agrónomo homenaxeado este ano no V Día da Ciencia en Galego, lalinense coma el.

    viernes, 7 de noviembre de 2014

    Novembro Mes da Ciencia en Galego II

    Na anterior entrada deste blogue incluímos o manifesto do coñecido científico Angel Carracedo, profesor de Medicina Legal, Ética Médica e Bioloxía Molecular da Universidade de Santiago de Compostela.
    Hoxe queremos deixarvos unha interesante entrevista con el no programa Conexións da TVG.



    jueves, 6 de noviembre de 2014

    V Día da Ciencia en Galego e Novembro Mes da Ciencia en Galego nas Bibliotecas

    Este ano as figuras  elixidas para homenaxear no V Día da Ciencia en Galego  son Isaac Newton e José Rodríguez González. Por outra banda, dende a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria vaise impulsar a celebración anual do mes de novembro como Mes da Ciencia en Galego nas Bibliotecas. Este ano iníciase a celebración cun manifesto do coñecido científico  Angel Carracedo (catedrático de Medicina Legal e experto en xenética) e unha recompilación de recursos dixitais relacionados coa ciencia en galego.
    Nesta última web podes atopar catro dos blogues do noso centro (E ti ¿sustentas?, Meteonsansa, Proxecto Río Xuvia e Arrancando con biodiesel) na sección de blogues, así coma unha referencia ás entradas relacionadas coa ciencia en Bibliosansa na sección "A ciencia nas bibliotecas escolares (1)".


    miércoles, 5 de noviembre de 2014

    Outono literario IV: Juan Ramón Jiménez

    Continuamos este feixe de entradas sobre o outono con Juan Ramón Jiménez:

    OTOÑO
    Esparce octubre, al blando movimiento
    del sur, las hojas áureas y las rojas,
    y, en la caída clara de sus hojas,
    se lleva al infinito el pensamiento.

    Qué noble paz en este alejamiento
    de todo; oh prado bello que deshojas
    tus flores; oh agua fría ya, que mojas
    con tu cristal estremecido el viento!

    ¡Encantamiento de oro! Cárcel pura,
    en que el cuerpo, hecho alma, se enternece,
    echado en el verdor de una colina!

    En una decadencia de hermosura,
    la vida se desnuda, y resplandece
    la excelsitud de su verdad divina.

    Juan Ramón Jiménez

    lunes, 3 de noviembre de 2014

    Novembro de medo: "O lobo da xente"

    Vicente Risco escribiu un conto de medo titulado "O lobo da xente: lenda galega" publicado na revista Lar en 1925 e baseado nas lendas de lobishomes, chamados en galego "lobos da xente" que escoitou contar. Este comeza co protagonista recollendo castañas nun souto...
    Na nosa biblioteca podes atopar, ademais do relato de Risco, unha adaptación libre deste de Xosé Manuel Moxom. Por outra banda, deixámosvos tamén unhas recomendacións interesantes para o segundo ciclo de ESO sobre lobos e lobishomes: O lobishome de Candeán de Paula Carballeira e Pel de lobo de Xosé Miranda. Outro título de interese relacionado con este tema A herdanza do Marqués de Conchi Regueiro.

    viernes, 31 de octubre de 2014

    Don Juan Tenorio

    O 1 de novembro ou noutras datas próximas aos días de Tódolos Santos e de Defuntos represéntase en numerosos teatros españois a peza teatral máis representada na historia da literatura en España: Don Juan Tenorio de Zorrilla. Si, a protagonizada por aquel que di:

    "Yo a las cabañas bajé,
    yo a los palacios subí,
    yo los claustros escalé
    y en todas partes dejé
    memoria amarga de mí."
    O mesmiño que namoraba a Dona Inés con estas palabras:
    "¡Ah! ¿No es cierto, ángel de amor,
    que en esta apartada orilla
    más pura la luna brilla
    y se respira mejor?
    Esta aura que vaga, llena
    de los sencillos olores
    de las campesinas flores
    que brota esa orilla amena:
    esa agua limpia y serena
    que atraviesa sin temor
    la barca del pescador
    que espera cantando el día,
    ¿ no es cierto, paloma mía,
    que estás respirando amor?"
    Ao que unha Dona Ines namorada respondía:
     "¿Y qué he de hacer ¡ay de mí!
    sino caer en vuestros brazos,
    si el corazón en pedazos
    me vais robando de aquí?
    No, don Juan, en poder mío
    resistirte no está ya:
    yo voy a ti como va
    sorbido al mar ese río.
    Tu presencia me enajena,
    tus palabras me alucinan,
    y tus ojos me fascinan,
    y tu aliento me envenena.
    ¡Don Juan! ¡Don Juan!, yo lo imploro
    de tu hidalga compasión:
    o arráncame el corazón,
    o ámame porque te adoro."

    jueves, 30 de octubre de 2014

    Novembro de festas tradicionais I: Samaín, Halloween, cabazas...

    Chegou xa esa data do ano na que o outono nos trae a visita do medo: Samaín, Halloween... Pero, en realidade cando e como se iniciaron estas celebracións?
    Como xa sabes Halloween é unha contracción de "All Hallows' Eve", que traducido ao galego vén sendo véspera de Todos os Santos. En realidade semella que a orixe da festa provén do Samhaín irlandés que os habitantes de Éire, nome celta da illa, levaron con eles a Estados Unidos cando as grandes emigracións do século XIX. Alí popularizouse moito, estendéndose a súa celebración por numerosos países do mundo.
    O Samhaín irlandés era a festividade coa que na verde illa se celebraba a recollida das colleitas e a chegada do ano novo. Pensaban que nesta noite as fronteiras que separaban o mundo dos vivos e dos mortes desaparecían e as ánimas retornaban ás súas casas. Os irlandeses dividían o ano en dúas metades, a da luz e a da escuridade, o cal segundo o insigne antropólogo escoceś J.G Frazer, autor da moi alabada e moi cuestionada (todo cómpre dicilo) La rama dorada, se debe a que se dedicaban principalmente ao pastoreo e polo tanto para eles as grandes épocas do ano eran aquelas nas que os rabaños saían dos lugares onde estaban estabulados (a principios do verán) e volvían a eles (a principios do inverno).
    Era costume, segundo afirman algunhas fontes, no Samhaín baleirar nabos e colocar unha candea dentro, mais cando os irlandeses emigraron a USA cambiaron os nabos por cabazas, caiotas ou calacús, que todos estes nome e algún máis recibe esta cucurbitácea en galego dependendo da zona e da especie. Rafael López Loureiro observou que este costume tamén existía en Galicia e pervivía nalgunhas zonas da nosa comunidade e doutras partes de España. Se ben, cómpre tamén mencionar que hai voces, coma a de Méndez Ferrín, que disinten de que esta sexa unha tradición existente en Galicia. Sexa coma for, o certo é que o Samaín está xa moi estendido en toda Galicia e todos gozamos baleirando as cabazas e contando contos de medo... Non é así?
    Así que deixámosche uns enlaces de interese sobre esta data para que te informes máis se así o desexas:
    Samaín. Caderno informativo (IES Frei Martín Sarmiento).

    E nós xa para rematar, deixámosche o vídeo da canción "No Samaín" de Paco Nogueiras, incluída no libro-cd-dvd Brinca vai! con cancións de Paco Nogueiras, ilustracións de David Pintor e vídeos de José Miguel Sagüillo.

     

    Outono literario III

    Aínda que non chegou o mes de San Martiño, novembro, non nos resistimos a traer hoxe aquí uns anaquiños de "O outono en Galicia" das Prosas galegas de Florentino López Cuevillas:
    "Vide a Galicia no mes de San Martiño, se queredes ver como se murchan os follatos das cepas. Vide a Galicia no mes de San Martiño, se queredes ver fumega-los lumes dos magostos.
    É nas ribeiras da nosa terra, onde o outono pinta os seus cadros. Son, primeiro, só uns lixos roxos que estouran entre as viñas como estouran os foguetes no medio da noite; e veñen logo, outros lixos marelos e mourados e verdegados; e deseguida, onde había antes unha viña, hai agora un xardín. E os xardíns xorden axiña, preto e lonxe. Hainos pequerrechos, case coma un pano, mais de tal xeito ledos nas súas cores, que os piñeiros que os rodean quédanse pampos ó miralos. Hai outros que se tenden polas ladeiras estesas e que semellan tapices persas, que un mago do Irán fixese nacer para afuxenta-la súa morriña. E hainos que baixan polos cadoiros dun río de crisantemos."
    Florentino L. Cuevillas, Prosas galegas, Galaxia


    miércoles, 29 de octubre de 2014

    In memoriam Begoña Caamaño

    O pasado 27 de outubro faleceu a xornalista e escritora Begoña Caamaño. A viguesa, que se deu a coñecer como escritora serodiamente, é autora das novelas Circe ou o pracer do azul e Morgana en Esmelle.
    Ramón Nicolas lembrábaa onte nun artigo en La Voz de Galicia así:
    "Disque Penélope tecía e destecía. Begoña Caamaño, nun momento dado, decidiu asumir un reto: tecer palabras para construír un marabilloso tapiz, rabenado dolorosamente onte, que escintila en Circe ou o pracer do azul e mais en Morgana en Esmelle."
    Sit tibi terra levis.



    A marabillosa biblioteca do Mago Fuco e o Día da Biblioteca

    Coñecemos a través do blogue Hora de ler a biblioteca do Mago Fuco do CEIP Plurilingüe Pepe de Xan Baña (Santa Comba, A Coruña). Ademais, a través do sitio temático das Bibliotecas Escolares descubrimos moitas actividades de interese relacionadas co Día da Biblioteca.
    Por outra banda, nós non queriamos rematar este mes das bibliotecas sen recordar unha das nosas bibliotecarias predilectas, María Moliner, autora dunhas marabillosas Instrucciones para el servicio de pequeñas bibliotecas e tamén as sabias palabras do filósofo Ortega y Gasset pronunciadas no discurso inaugural do Segundo Congreso Internacional de Bibliotecarios da International Federation of Library Associations and Institutions (IFLA), no paraninfo da Universidade de Madrid, o 20 de mayo de 1935:
    "Ahora bien; la escritura, al fijar un decir, sólo puede conservar las palabras, pero no las intuiciones vivientes que integran su sentido. La situación vital donde brotaron se volatiliza inexorablemente: el tiempo, en su incesante galope, se la lleva sobre el anca. El libro, pues, al conservar sólo las palabras conserva sólo la ceniza del efectivo pensamiento. Para que éste reviva y perviva no basta con el libro. Es preciso que otro hombre reproduzca en su persona la situación vital a que aquel pensamiento respondía. Sólo entonces puede afirmarse que las frases del libro han sido entendidas y que el decir pretérito se ha salvado."

    Así que a ler e pensar moito, tal e como nos recomenda Ortega e a non esquecer o entusiasmo da gran María Moliner.
    Fotografía atopada aquí.



    martes, 28 de octubre de 2014

    Wildlife Photograph of the Year e libros sobre o mundo natural

    Atopamos na web da BBC as fotos gañadoras do concurso "Wildlife Photographer of the Year" que se entrega todos os anos no Museo de Historia Natural de Londres
    E aproveitamos para lembrarche outros interesantes museos de historia natural:
    Por outra banda, en Canal Lector podes atopar unha selección de libros sobre o mundo natural moi interesante ademais de especiais sobre "A vida no bosque". Nós engadimos a estas interesantes seleccións algúns libros da nosa biblioteca como: Atlas básico de biología, Espacios naturais de Galicia, Guía das aves de Galicia, Guía das árbores de Galicia, Guía das bolboretas de Galicia, Guía ecolóxica das cunchas e moluscos de Galicia, Los porqués de la naturaleza: las respuestas del Dr. Quesí y el Dr. Quenó, etc...