Mostrando entradas con la etiqueta SUXESTIÓNS LECTURA. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta SUXESTIÓNS LECTURA. Mostrar todas las entradas
jueves, 18 de diciembre de 2025
Nadal...
A piques de irnos de vacacións lembramos algo... faltaban por publicar as nosas guías de suxestións de libros e tamén de xogos para EI e EP.
Aproveitamos para lembrar o noso "Espazo Nadal" onde podedes atopar recursos e suxestións.
viernes, 7 de marzo de 2025
Día Internacional da Muller
Este curso sumámonos ás actividades para conmemorar esta data cunha guía de suxestións e unha recompilación de recursos.
jueves, 22 de diciembre de 2022
Nadal!
Un ano máis chegaron decembro, o inverno e o Nadal que agardamos teñan os seus intres para a lectura.
![]() | |||
| Franz Skarbina, Mercado de Nadal en Berlín (1892) |
"Intres" nos que achegarnos a algunhas das lecturas do noso curruncho de Nadal na aula virtual ou das propostas por outras bibliotecas escolares.
jueves, 17 de febrero de 2022
Robótica en Educación Infantil e Primaria de Iván Montes
Hoxe Iván presenta na Casa da Cultura de San Sadurniño o seu libro: Robótica en Educación Infantil e Primaria.
Moitos parabéns pola publicación!
lunes, 5 de octubre de 2015
Lembrando a Henning Mankell
Vimos de coñecer a triste nova da morte do escritor sueco Henning Mankell. Mankell, moi coñecido polas súas novelas policíacas protagonizadas polo inspector Kurt Wallander, foi un prestixioso dramaturgo que fundou o Teatro Avenida en Maputo. Seguramente algúns dos nosos alumnos e alumnas de secundaria tamén o coñecerán pola triloxía de novelas protagonizada pola mociña africana Sofía: El secreto del fuego, La ira del fuego e Jugar con fuego.
Hai uns anos publicamos unha entrada sobre el no primeiro blogue do noso club de lectura que podedes atopar premendo aquí.
viernes, 29 de mayo de 2015
Correr...
Nós tamén queremos facer a nosa pequena contribución á II Carreira Popular, recomendando dous libros publicados nos últimos anos relacionados coas carreiras: Correr de Jean Echenoz e Do que estou a falar cando falo de correr de Haruki Murakami.
Echenoz e Murakami súmanse con estes dous libros ao grupo de escritores que elixiron o "correr" coma tema das súas novelas ou relatos, entre os que ten un papel importante o británico Allan Sillitoe con A soidade do corredor de fondo, novela breve ou conto longo, segundo se mire, que foi levada ao cine por Tony Richardson en 1962.
En Correr Echenoz nárranos co seu habitual estilo narrativo, no que o ritmo xoga un importante papel, a vida do famoso corredor checo Emile Zátopek. Non se trata dunha biografía, tal e coma o escritor francés ten afirmado nunha entrevista no xornal El País (25-09-2010), senón dunha ficcionalización da vida do famoso atleta:
Mi libro no es una biografía. El Zátopek del que hablo no es el verdadero Zátopek. Lo que yo he hecho es apoderarme de alguien real y manejarlo como un personaje de ficción, como en mis otras novelas. He intentado ser lo más fiel posible a su biografía, pero me he concedido, como novelista, un margen de libertad.
Mi libro no es una biografía. El Zátopek del que hablo no es el verdadero Zátopek. Lo que yo he hecho es apoderarme de alguien real y manejarlo como un personaje de ficción, como en mis otras novelas. He intentado ser lo más fiel posible a su biografía, pero me he concedido, como novelista, un margen de libertad.
Haruki Murakami é un recoñecido escritor xaponés e tamén un grande afecciónado a correr. Da súa paixón polo correr e pola escrita naceu Do que estou a falar cando falo de correr, libro no que as reflexións sobre a escrita e sobre as súas experiencias como corredor se mesturan. Escribe Murakami:
No entanto, o meu interese céntrase máis en se podo superar ou non os obxectivos que establezo para min mesmo. Visto deste xeito, as carreiras de fondo son un deporte que se axusta perfectamente á miña mentalidade.
Non podemos rematar sen mencionar outra excelente película sobre corredores, ademais da de Richardson. Referímonos a Carros de fuego, a famosa película ambientada nos anos 20 na que se conta a rivalidade entre dous atletas británicos.
martes, 24 de marzo de 2015
Libros, libros, libros: Clara Campoamor: la sufragista
Clara Campoamor: la sufragista é un libro de Víctor Vilardell Balasch que conta dunha forma amena a vida da avogada e política madrileña valedora dos dereitos da muller e firme defensora do sufraxio feminino (aprobado por primeira vez en España o 1 de outubro de 1931).
Este é un interesante vídeo sobre o debate arredor do sufraxio feminino no que a Clara Campoamor tivo un destacado papel:
miércoles, 18 de marzo de 2015
Libros, libros, libros: Rapoemas de Aid
jueves, 26 de febrero de 2015
Remate exposición Día da Paz
Como sabedes, durante mes expuxemos algúns dos nosos fondos relacionados coa paz na sala de secundaria.
Podedes aproveitar até o vindeiro luns para visitala.
Podedes aproveitar até o vindeiro luns para visitala.
viernes, 20 de diciembre de 2013
Guías de suxestións de Nadal
Este curso eliximos como temas das nosa guías de suxestións de Nadal os Dereitos Humanos (EI e EP) e a educación (ESO).
Bo Nadal.
Bo Nadal.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)












