Centro

viernes, 19 de diciembre de 2014

Guías de Nadal

Xa están listas as nosas guías de suxestións de Nadal para Educación Infantil e  Primaria e para ESO. Só nos queda desaxarvos un moi bo Nadal e lembrarvos que podedes atopar moitas máis suxestións, das bibliotecas escolares de Galicia, aquí.
Pero... non queremos esquecer un pequeno vídeo para lembrar unha actividade musical destacada destas datas, o Concerto de Aninovo da Filaharmónica de Viena; así que,  deixámosvos un vídeo do valse "O Danubio azul", de Johannn Strauss fillo, do concerto do ano pasado.
En fin... Bo Nadal e Feliz Aninovo.



Por certo, tampouco queremos esquecer felicitar á gañadora do concurso de postais de Nadal organizado polo EDLG.

jueves, 18 de diciembre de 2014

Unha nova proposta musical do IES Poeta Díaz Castro

O alumnado do IES Poeta Díaz Castro participou  en diferentes actividades propostas para a Semana da Música. Con esta canción reflexionan sobre a importancia da música nas nosas vidas e na nosa educación.

miércoles, 17 de diciembre de 2014

Castelao na RAG

A Real Academia Galega publicou dixitalmente en outubro tres textos autógrafos de Castelao que gardaba esta institución.


Tamén en outubro se desenvolveron as xornadas que a RAG lle dedicou ao rianxeiro co gallo de cumprírense os 50 anos do Día das Letras Galegas dedicado a el, os 70 anos da publicación do Sempre en Galiza e os 80 anos do ingreso na Real Academia Galega.

Aniversario de Platero y yo IV: visitando Moguer

Moguer, na ribeira do río Tinto, é un municipio pertencente a Huelva que conta cun rico patrimonio arquitectónico e natural. Preto de Moguer, por certo,  atópase o Parque Nacional de Doñana.
En Moguer tamén celebran, coma non podía ser menos, o Ano Platero.

Nós lembramos Moguer coas palabras de Juan Ramón: "Moguer es igual que un pan de trigo, blanco por dentro como el migajón, y dorado entorno -¡oh sol moreno!- como la blanda corteza."

martes, 16 de diciembre de 2014

Aniversario de Platero y yo III

Hai moitos vídeos e audios interesantes sobre Platero y yo e o seu autor. Aquí poderás atopar un enlace con algúns deles. Nós deixámosche este no que atoparás numerosos fragmentos do libro:


viernes, 12 de diciembre de 2014

Aniversario da publicación de Platero y yo I

Non queremos rematar este ano sen lembrar que un libro clásico está de aniversario, porque como xa sabedes hoxe cúmprense cen anos da publicación de Platero y yo de Juan Ramón Jiménez. E até Google nolo lembro co seu doodle!
Quen pode esquecer aquel marabilloso comezo do libro?

"Platero es pequeño, peludo, suave; tan blando por fuera, que se diría todo de algodón, que no lleva huesos. Sólo los espejos de azabache de sus ojos son duros cual dos escarabajos de cristal negro.
Lo dejo suelto, y se va al prado, y acaricia tibiamente con su hocico, rozándolas apenas, las florecillas rosas, celestes y gualdas... Lo llamo dulcemente: «¿Platero?», y viene a mí con un trotecillo alegre que parece que se ríe, en no sé qué cascabeleo ideal...
Come cuanto le doy. Le gustan las naranjas, mandarinas, las uvas moscateles, todas de ámbar, los higos morados, con su cristalina gotita de miel...
Es tierno y mimoso igual que un niño, que una niña...; pero fuerte y seco por dentro, como de piedra. Cuando paso sobre él, los domingos, por las últimas callejas del pueblo, los hombres del campo, vestidos de limpio y despaciosos, se quedan mirándolo:
—Tien’asero...
Tiene acero. Acero y plata de luna, al mismo tiempo."





Lembramos, con motivo do aniversario, que Platero y yo estaba relacionado coa lingua e a literatura galega. De feito, en 1965 publicáronse quince capítulos do libro traducidos ao galego nun almanaque editado en Lugo. Pero, quizais unha das relacións máis coñecidas é a referencia ao poema de Curros Enríquez "Ai" no capítulo XVII do libro de Juan Ramón (por certo, en "Son de poetas" podedes atopar o poema de Curros Enríquez e a versión musical de Meiga do Norte).


" Un día, cuando pasó por la calle blanca aquel mal viento negro, no vi ya al niño en su puerta. Cantaba un pájaro en el solitario umbral, y yo me acordé de Curros, padre más que poeta, que, cuando se quedó sin su niño, le preguntaba por él a la mariposa gallega:
Volvoreta d’aliñas douradas..."
Así que, decidimos preparar unha pequena homenaxe conxuntamente co Departamento de Lingua Castelá e a colaboración do de Lingua Galega. O martes 2 de decembro o alumnado de 1º de ESO reuniuse na biblioteca para ler anaquiños do libro, entre eles o anteriormente amentado capítulo, e o poema de Curros. Posteriormente visionamos un pequeno documental sobre a obra de Juan Ramón e escoitamos dúas versións musicais de "Ai", o poema do celanovés": a de Meiga do Norte e a de María do Ceo.


jueves, 11 de diciembre de 2014

Novembro de Ciencia e decembro tamén X: mates, mates... e música

A relación entre as Matemáticas e a Música é moi antiga. Xa os antigos chineses e exipcios estudaron os principios matemáticos dos sons, aínda que quizais sexan os filósofos pitagóricos na Grecia antiga os que máis destacaron no estudo da natureza destes. Non en van, defendían que "“toda a natureza consiste en harmonía que brota de números”.
O músico Germán Díaz, sobre que lle xa escribimos en Meteosansa, dedicoulle un proxecto/gravación ao número Pi no que utiliza a zanfona, caixas de música, órgano de barbaria e distintos instrumentos mecánicos. Esta é a súa "Canción de cuna matemática":



Se vos quedaron ganas de saber máis sobre as vinculacións existentes aquí vos deixamos uns cantos enlaces:

Culturgal e revista Criaturas

O Culturgal, a  Feira das Industrias Culturais, pechou con éxito a súa andaina deste ano, como podemos ver neste enlace da TVG. Por outra banda, vimos de saber da publicación dunha revista. Unha revista moi especial coordinada por Ledicia Costas e Daniel Landesa: a primeira revista dixital de Literatura Infantil e Xuvenil galega. O seu nome é Criaturas (preme no seu nome para acceder a ela).
Parabéns!

miércoles, 10 de diciembre de 2014

Día dos Dereitos Humanos

Hoxe, 10 de decembro, é o Día Internacional dos Dereitos Humanos. A Asemblea Xeral das Nacións Unidas proclamou este data en 1950 por ter sido a elixida dous anos antes para asinar a Declaración dos Dereitos Humanos. Este ano o tema é "Dereitos Humanos, 365 días ao ano".
Deixámosvos algúns enlaces de interese:


    Quijote para os máis novos

    A RAE vén de presentar a edición escolar e popular do Quijote, adaptada polo académico e escritor Arturo Pérez-Reverte.

    martes, 9 de diciembre de 2014

    Novembro de ciencia e decembro IX: mates, mates... e as mulleres matemáticas

    Hai uns días lembrabamos nunha entrada a María Woneburger Planells, a matemática coruñesa finada en xullo deste ano, cuxo nome leva un premio creado polo Goberno galego no ano 2006 para resaltar as traxectorias relevantes de mulleres nos eidos das ciencias e da tecnoloxía. Hoxe queremos presentarvos algúns recursos sobre as mulleres e as matemáticas.

    Chega o Nadal

    A Coordinadora  CGENDL (Coordinadora Galega de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística) pon á nosa disposición numerosos recursos para estas datas que podedes atopar premendo aquí.

    viernes, 5 de diciembre de 2014

    Novembro de ciencia e decembro tamén VIII: mates, mates, mates... listaxe de recursos na web

    Agora que xa presentamos algunhas webs e blogues de interese, queremos facer unha entrada recompilatoria de recursos e pregarvos que se coñecedes algún máis non dubidedes en facernolo chegar...

    Novembro de Ciencia e decembro tamén VII: mates, mates, mates... e máis blogues

    En DivulgaMat, Centro virtual de divulgación de las matemáticas da Real Sociedad Matemática Española, atopamos unha coidadosa selección de enlaces con blogues de interese. Na recompilación de materiais de ciencia "Novembro mes  de ciencia" podemos atopar un bo feixe de blogues científicos entre os que figuran algúns dedicados ás Matemáticas.

    jueves, 4 de diciembre de 2014

    Novembro de Ciencia e decembro tamén VI: mates, mates, mates... e poesía.

    A través do sitio temático das Bibliotecas Escolares coñecemos algúns interesantes recursos relacionados coas matemáticas e a poesía que podedes atopar premendo aquí.  Aproveitamos para lembrarvos dúas entradas do noso blogue nas que podedes atopar poemas e algúns enlaces relacionados coas matemáticas e a poesía: "Quincena da poesía" e "Asombrosa visualización do número Pi"


    Tesla e o seu legado tecnolóxico

    Presentámosvos un interesante vídeo no que se presenta dunha forma clara e amena a figura de Nikola Tesla e do seu inmenso legado tecnolóxico.

    miércoles, 3 de diciembre de 2014

    Juana la Loca

    A historia da infeliz raíña Juana I de Castela, alcumada a Tola, serviu de inspiración a escritores, directores de cine e músicos (no ano 2005 estreouse unha opera baseada nela). A súa tráxica vida aínda é discutida hoxe por historiadores e psiquiatras como podemos ler neste enlace.




    A serie documental de TVE Mujeres en la historia dedicoulle un capítulo á Juana que podes ver premendo aquí. 
    Por outra banda, se che interesa coñecer o papel das mulleres na historia recomendámosche o blogue Mujeres en la historia onde atoparás unha interesante selección de libros sobre o tema.  Así mesmo tamén che pode interesar o capítulo a "Historia de ser mulleres" da serie Historias de Galicia ou Historia das mulleres galegas de Pepe Carreiro.
    Aproveitamos tamén para lembrarvos as seleccións de libros (unha delas acompañada de guías de lectura) realizadas polo noso Departamento de Xeografía e Historia para os distintos cursos de ESO que podedes atopar neste enlace e nestoutro.
    E, xa sabes: agardámosvos onde o mundo se chama biblioteca!

    martes, 2 de diciembre de 2014

    Novembro de Ciencia e decembro tamén V... Guía de suxestións matemáticas

    Presentámosvos a nosa guía de suxestións de lectura e recursos web sobre as Matemáticas para ESO.

    Nikola Tesla. Suyo es el futuro

    A exposición "Nikola Tesla. Suyo es el futuro" pode visitarse en Madrid ata o vindeiro mes de febreiro. Tesla, como sabedes, é un dos grandes científicos e inventores do século XX. Se queredes saber máis sobre el, premede neste enlace ou buscade na nosa biblioteca o libro Tesla, el genio de la tecnología de Sergi Aguilar. Recoméndamosvolo moito, porque coñeceredes a un home que inventou o futuro. 

    lunes, 1 de diciembre de 2014

    Novembro de ciencia e decembro tamén: mates, mates, mates IV e... máis blogues

    Hoxe traemos un enlace cun interesante blogue: "Cifras y teclas" . Un blogue cooperativo no que se tratan as matemáticas dende diversos puntos de vista. Ademais, tamén se pode visitar en facebook. Precisamente, nunha das entradas deste blogue atopamos este vídeo:

    Lembrámovos  que na recompilación de materiais das bibliotecas escolares galegas, Novembro Mes da Ciencia en Galego, podedes atopar unha seccion dedicada aos blogues nos que se inclúen varios blogues matemáticos. Preme aquí se queres acceder.

    Erros máis comúns na lingua castelá

    Atopamos na axencia de novas Europa Press un interesante cuestionario baseado nos erros máis comúns que se cometen á hora de falar a lingua castelá. Preme aquí para acceder a el. 
    Por outra banda, lembrámosche que a RAE dispón dun apartado de consultas lingüísticas no que podes atopar a sección "Preguntas frecuentes". Ademais, desde o ano 2012 tamén presenta este servizo de consultas a través de Twitter.