Aquí tes un enlace co noso díptico sobre Lois Pereiro.
jueves, 26 de mayo de 2011
miércoles, 25 de mayo de 2011
Lembrando a Mario Benedetti
O pasado 17 de maio cumpríronse dous anos da morte en Montevideo de Mario Benedetti.
Si te quiero es por que sos
mi amor, mi cómplice y todo.
Y en la calle codo a codo
somos mucho más que dos.
Mario Benedetti
Aínda que Mario naceu en Paso de los Toros, no departamento de Tacuarembó, á beira do Río Negro, a súa vida estivo moi vencellada a Montevideo, cidade á que seus pais o levaron a vivir con catro anos. Alí, naquela cidade na que oito anos antes morrera traxicamente a poeta Delmira Agustini, asistiu ao Colexio Alemán, onde segundo afirmaba escribía en verso as leccións. Así de temperá foi a súa vocación poética.
Narrador (La tregua), dramaturgo (Pedro y el capitán), ensaísta (Subdesarrollo y letras de osadía) e... poeta. Poeta comprometido, sinxelo e tenro, lúcido cantor do amor e a alegría dende a sinxeleza e a coloquialidade. Afirmaba escribir non para os que virían, senón “para el que está aquí, poco menos que leyendo el texto sobre mi hombro”.
Despois da súa morte, o escritor Eduardo Galeano, tamén nado en Montevideo, afirmaba que non podía dicir nada sobre a morte do seu amigo, co que compartía a paixón polo fútbol, porque “el dolor se dice callando”. Seguramente Mario, o fillo de Brenno Benedetti e Matilde Ferrugia, concordaría con esta sinxela e honesta afirmación.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)