Centro

viernes, 30 de septiembre de 2016

Lembrando a Buero Vallejo


«El teatro es mi realización y mi vida... Cuando Buero deje de existir ya no quedará más que su obra y Buero será su obra».
Antonio Buero Vallejo
Onte cumpríronse cen anos do nacemento do dramaturgo Antonio Buero Vallejo (1916-2000). A súa longa traxectoria dramática, que inaugurou en 1949 co estreo de Historia de una escalera, presenta unha visión do mundo profundamente humanista na que o simbolismo ten un importante papel.

miércoles, 28 de septiembre de 2016

Unha selección de lecturas para empezar un novo curso

Atopamos en Canal Lector unha interesante selección de lecturas titulada "Un curso por delante". Por certo, nós tamén publicamos no Nadal de 2013 unha guía de suxestións para o alumnado de secundaria que titulamos " Literatura, cine e educación". 

Felices lecturas e xa sabedes: atoparédesnos onde o mundo se chama biblioteca.

martes, 27 de septiembre de 2016

viernes, 23 de septiembre de 2016

A lectura, chave do futuro

Atopamos no blogue Rede Lectura información sobre unha interesante guía dixital sobre a lectura: A lectura, chave do futuro.


Ola... de novo

Un curso máis estamos de volta no blogue da biblioteca: benvidas e benvidos. Queremos empezar lembrando o cartel que a Asesoría de Bibliotecas Escolares elaborou para este vindeiro curso co lema "Biblioteca escolar-Territorio das Artes". Por certo, a imaxe foi creada pola ilustradora pontevedresa Minia Regos.

E coma sempre: agardámosvos onde o mundo se chama biblioteca!