O pasado 25 de novembro, para celebrar o Día internacional da eliminación da violencia contra as mulleres o equipo da biblioteca de Infantil e Primaria fixo a seguinte proposta “Dalle a volta ao conto”
Desde a biblioteca organizaron unha exposición con contos clásicos e outras versións con volta.
A actividade consistía en que aula escollía un libro de contos clásicos e facía unha análise dos roles sexistas e estereotipos que se atopan nel. E como di o título da actividade darlle unha volta cambiando os roles das personaxes, os finais…
Eses cambios foron escritos nunhas tarxetas coas que montaron un mural conmemorativo.
A actividade permitiulles atopar outra lectura na que os contos clásicos teñen outra oportunidade na que as princesas non esperan e os príncipes non deciden.