Centro

lunes, 29 de febrero de 2016

Unha historia ben bonita a de bisesto

O profesor e membro da RAG (Real Academia Galega) Xesús Ferro Ruibal explícanos a etimoloxía da palabra bisesto na sección "Pregúntalle á academia" do Portal das Palabras.
Outros enlaces de interese:


E non queremos deixar pasar esta data sen presentarvos un libro moi especial do dramaturgo, director escénico e guionista José Luis Alonso de Santos: El niño bisiesto.

jueves, 25 de febrero de 2016

Día de Rosalía III

Son moitas as actividades que se desenvolveron onte para lembrar a Rosalía de Castro. Deixámosvos algúns enlaces sobre estas:
Por certo, a ilustración desta entrada é obra da ilustradora Aldara Prado e forma parte das catro liberadas pola Deputación da Coruña para conmemorar esta data, o mesmo ca entrada de onte, creada por Aurora Cascudo. Se queres coñecer as outras dúas imaxes atoparalas neste enlace.

miércoles, 24 de febrero de 2016

Día de Rosalía II

Este ano decidimos realizar unha selección de poemas de Rosalía, que podedes atopar neste enlace para conmemorar esta data.

A ilustración de Aurora Cascudo foi atopada aquí.

martes, 23 de febrero de 2016

Día de Rosalía

Trocando en sonrisas 
queixiñas e choros 
 Rosalía de Castro 
Mañá, 24 de febreiro, conmemoramos o Día de Rosalía de Castro. Na web da AELG (Asociación de Escritores en Lingua Galega) podemos atopar as súas propostas para este día.
Para saber máis:

Canta, paxariño alegre,
canta!
Canta porque o millo medre,
canta!
Canta porque a luz te escoite,
canta!
Canta que fuxeu a noite.

Rosalía de Castro

lunes, 22 de febrero de 2016

Día Internacional da Lingua Materna

Onte conmemorouse o Día Internacional da Lingua Materna.  O tema deste ano é "Educación de calidade, lingua(s) de instrución e resultados da aprendizaxe.”
Para saber máis:

viernes, 19 de febrero de 2016

Día da Ciencia en Galicia 2016: Ignacio Ribas Marqués

 “Os países que non teñen ciencia son pobres, viven unha vida moral e material mediocre.
Ignacio Ribas Marqués

O químico Ignacio Ribas Marqués (Palma de Mallorca, 1901- Santiago de Compostela, 1996) será homenaxeado este ano no Día da Ciencia en Galicia, conmemoración promovida pola Real Academia Galega de Ciencias. Ribas Marqués, catedrático de Química orgánica e Bioquímica na Universidade de Santiago de Compostela dende 1942, centrou as súas investigacións en Galicia  na síntese de produtos naturais presentes en especies vexetais autóctonas como a xesta ou o sobreiro. Bautizou algunhas das  subtancias que descubriu nas súas investigacións cos nomes de cidades galegas: orensina, coruñesina, santiaguina e pontevendrina. 

Para saber máis:
Imaxe atopada en GCiencia

jueves, 18 de febrero de 2016

Einstein tiña razón... unha vez máis


Ao longo da semana pasada moitos de vós seguramente escoitariades ou leriades esta afirmación: "Einstein tiña razón". Neste caso aludíase ao feito de que o Observatorio de Interferometría Láser de Ondas Gravitacionales de Estados Unidos (LIGO) conseguiu captar as ondas gravitacionais que Albert Eintein predixo en 1916.



miércoles, 17 de febrero de 2016

Chanfaina Lab

Un ano máis San Sadurniño celebrou o encontro audiovisual Chanfaina Lab. Proxectáronse 21 curtas cun fío común: San Sadurniño. Se queres saber máis en Fálame de San Sadurniño atoparás toda a información.
Parabéns pola iniciativa e o éxito!

martes, 16 de febrero de 2016

VII centenario de Ramón Llull

A Biblioteca Nacional de España lembra ao escritor, filósofo e teólogo mallorquín Ramón Llull (1235-1315) cunha exposición chamada " Escribir un libro, el mejor del mundo. 700 años de Ramón Llull en la BNE".
Llull, sen ningunha dúbida un dos máis importantes escritores da literatura medieval en catalán, escribiu tamén en árabe en latín.

Para saber máis:

lunes, 15 de febrero de 2016

Antroponimia

Sabemos que este é un tema que vos interesa e xa temos escrito sobre el; por iso, hoxe deixámosvos un enlace coa axencia Europa Press sobre os nomes e apelidos máis habituais en España. Se queredes saber máis, agardámosvos onde o mundo se chama biblioteca ou ben podedes consultar a Estatística do Padrón Contínuo do Instituto Nacional de Estadística.


Polo demais, deixámosvos un fermoso poema "antroponímico": "Xaneiro, 1972". Deste poema, que Celso Emilio Ferreiro lle dedicou á súa dona, fixéronse numerosas versións musicais.

Cando quero vivir
digo Moraima.
Digo Moraima
cando semento a esperanza.
Digo Moraima
e ponse azul a alba.


Cando quero soñar
digo Moraima.
Digo Moraima
cando a noite é pechada.
Digo Moraima
e ponse a luz en marcha.


Cando quero chorar
digo Moraima.
Digo Moraima
cando a anguria me abafa.
Digo Moraima
e ponse a mar en calma.


Cando quero surrir
digo Moraima.
Digo Moraima
cando a mañá é crara.
Digo Moraima
e ponse a tarde mansa.


Cando quero morrer
non digo nada.
E mátame o silencio
de non decir Moraima.
Celso Emilio Ferreiro, Onde o mundo se chama Celanova

Se queredes escoitar a versión que realizou a cantante María do Ceo premede aquí e se queredes coñecer outras versións atoparédalas en Son de poetas.

jueves, 11 de febrero de 2016

Día Mundial da Radio

O 19 de outubro de 2011 a Conferencia Xeral da UNESCO proclamou o 13 de febreiro Día Mundial da Radio. Este ano o tema é: "A radio en tempos de desastre e emerxencia".
Nós unímonos a esta conmemoración cuns poucos enlaces de interese sobre esta data e parabenizando aos responsables da nosa radio: Radio Sansa.


viernes, 5 de febrero de 2016

O Entroido: unha viaxe no tempo


Ricardo Polín recolle no seu libro Álbum de Galiza (estampas da nosa tribo) un interesante texto sobre o Entroido publicado polo Fidalgo de Monterrey, seudónimo de José Alonso Obregón, na súa obra Na miña aldea (1928). 

Quince días antes do entroido xa os rapaces non durmían soñando co entroido; i algún había tan louco polo entroido que ala pola alta noite saía á solaina berrando: ¡¡ Eí ven o entroido!! (...)

Así que sintían as chocas aformigábaselles a sangre nos corpos e todos a unha botaban a correr a carón donde ias sintían: ó ve-los piliqueiros, insultábanos e currían diante deles astra que se cansasen ou os piliqueiros lles disen unha zamarrada ou pilicada. (...)

E como niste mundo todo se acaba, no martes ó escurecer acabouse o antroido. ¡Era de ver que caras máis tristes puñan os mozos por ver marcha-lo entroido! Eu creo que se algún tiña a cara alegre era pensando no entroido que había de vir.

Malia o paso dos anos o Entroido sobrevive e aí están os peliqueiros, os cigarróns, as pantallas, os boteiros, o oso de Salcedo, o loro Ravachol... 
Para saber máis sobre os personaxes do Entroido:
 Imaxe atopada aquí.

jueves, 4 de febrero de 2016

Un ano máis de Entroido

 ¡E víndeo ver!
¡E víndeo ver!
O vello Entroido
que está teso e doído
ó pé do carballo,
sentado nun tallo
¡sen ter que facer!
¡E víndeo ver!
¡E víndeo ver!

Antonio María de la Iglesia

Pois si, un ano máis o Entroido chegou anunciándonos a primavera que aínda tardará un pouquiño en chegar.  Así que, preparémonos para uns días de festa ata que rematen estes días de máscaras, filloas, orellas... Entón, sempre poderemos cantar ou cando menos lembrar a cantiga popular aquela que di:


Adeus martes de entroido,
 adeus, meu amiguiño,  
ata domingo de pascua
 non comerei máis touciño.
Adios, martes de antroido,
adios meu queiridíño
ata o domingo de pascua
non volvo untar o fuciño.

miércoles, 3 de febrero de 2016

Día da Ilustración VII: El herbario de las hadas

El herbario de las hadas,  de Benjamin Lacombe e Sébastien Perez, é un álbum ilustrado impregnado de maxia e misterio en cada páxina.

martes, 2 de febrero de 2016

Día da Ilustración VI: Brancaneves vista por Lacombe


A principios do século XIX os irmáns Grimm, Jacob e Wilhem, recompilaron a versión alemá dun conto popular coñecido en moitos lugares de Europa: "Brancaneves". En 2010 o talentoso ilustrador francés Benjamin Lacombe publicou a súa versión do popular conto.

lunes, 1 de febrero de 2016