Centro

martes, 1 de octubre de 2024

De volta

    EU TAMÉN NAVEGAR

Xohana Torres

 Un curso máis estamos de  volta neste blogue, aínda que na biblioteca xa levamos traballando todo este mes elaborando proxectos coma os do Club de Lectura e Biblioteca Creativa), programando actividades, etc.. Por suposto, non nos esquecemos das tarefas diarias nas que xa contamos coa axuda do noso equipo de alumnos e alumnas de EP.

 


Este curso a ilustradora e muralista Xoana Almar preparou un cartaz  para as bibliotecas escolares sobre unha obra teatral realizada a partir do poema de Xohana Torres  "Eu tamén navegar".

jueves, 20 de junio de 2024

Verán

Estamos a piques de entrar na nova estación e con ela nas vacacións. A nós, coma xa sabedes, gústanos moito recomendar a lectura para estes longos días estivais, así que, deixámosvos un enlace cunha sección da nosa aula virtual, Lendo en Sansa,  na que poderedes atopar suxestións de lectura e recursos para seleccionar estas.

                                                  Manet: Casa en Rueil

Felices vacacións de verán!

jueves, 23 de mayo de 2024

Yolanda Castaño

 O pasado mércores o alumnado de 4º de ESO asistiu á unha charla coa poeta Yolanda Castaño organizada pola Biblioteca Municipal.



viernes, 19 de abril de 2024

Roteiro literario: Mondoñedo


 

 O xoves 21 de marzo o alumnado de 4º de secundaria visitou Mondoñedo. Alí dividíronse en dous grupos: un  visitou as Covas do Rei Cintolo e outro realizou un roteiro literario por Mondoñedo e visitou o Museo Casa Cunqueiro. Posteriormente reuníronse todos para ir a Lourenzá onde lembramos a Paco Fernández del Riego.

Esta actividade, organizada pola Biblioteca e o EDLG, permitiunos ver a máquina de escribir coa que Cunqueiro nos axuda aínda hoxe a soñar a través das letras.



viernes, 12 de abril de 2024

Ler conta moito:

O martes 2 de abril o alumnado de Educación Infantil asistiu ao espectáculo "A Orixe" de Raquel Queizás na Casa da Cultura, organizado pola Biblioteca Municipal co gallo do Día Internaciónal do Libro Infantil.




 Poderás atopar máis información na nosa web.

martes, 2 de abril de 2024

Día do Libro Infantil

 O IBBY (International board on books for young people) chama á conmemoración do Día do Libro Infantil o 2 de abril. A sección patrocinadora deste ano é Xapón que difunde a mensaxe de Eiko Kadono e o cartel de Nana Furiya co lema "Navega polos mares coas alas da túa imaxinación". 


 

viernes, 22 de marzo de 2024

Semana da Prensa

 O alumnado de 2º e 3º de ESO realizou un mural con recortes de xornais e novas que lles gustaría ler.


Tamén tivemos unha pequena exposicións de xornais na entrada do edificio de secundaria.



miércoles, 13 de marzo de 2024

Día da Muller: actividades

 O pasado venres conmemoramos o Día da Muller con actividades moi diversas: moitos carteis e  tamén poemas sobre mulleres elaborados polo alumnado de 2º de ESO.

Tarxetas sobre científicas:

Un xogo de programación con Scratch elaborado polo alumnado de 4º de ESO en Tecnoloxía sobre imaxes e explicacións dos estereotipos nos contos tradicionais traballadas  nas clases de Lingua Galega e Literatura.

 

E como colofón un recital de poemas de diferentes escritoras e pezas musicais levado a cabo polo alumnado de ESO para todo o centro. Esta actividade foi coordinada polo equipo de biblioteca en colaboración cos departamentos de Música, Lingua Castelá e Lingua Galega.

 


lunes, 4 de marzo de 2024

Día de Rosalía




 

Un ano máis a biblioteca do centro tivo unha activa participación no Día de Rosalía. O equipo de infantil e primaria montou o recuncho cos seus libros. Mentres que o alumnado participante no proxecto Biblioteca Creativa realizou collages sobre os versos de Rosalía e descubriron no recuncho creativo curiosidades sobre Rosalía co Blue-bot. 



En Educación Infantil levaron a cabo unha proposta de grafismo creativo de Rosalía; asistiron ao contacontos "Procúrase-Pepa A Loba, organizado pola Biblioteca Municipal e protagonizada por Cristina Collazo; despois deste recibiron  un agasallo moi especial.


 


Tamén o alumnado de 2º, 3ª e 4º de secundaria asistiu a unha actividade organizada pola Biblioteca Municipal: os divertidos contos que narrou Cándido Pazó. Ademais léronse poemas de Rosalía nas diversas aulas e na biblioteca.






viernes, 23 de febrero de 2024

Vai de... cientíticas galegas

 Vai de.... científicas galegas é o nome da actividade ideada polos membros do equipo da biblioteca  de infantil e primaria para conmemorar o Día Internacional da muller e a nena na ciencia. Unha actividade STEAM para buscar e compartir información deseñada en 5 pasos.

Esta e outras actividades realizadas en cursos pasados figuran na sección da aula virtual dedicada a esta data, na que tamén poderás atopar recursos de interese.


miércoles, 21 de febrero de 2024

Candeloria

Xa temos lista a exposición das vosas creacións para o concurso convocado polo EDLG e a biblioteca co gallo da Candeloria  e o Día da Ilustración.