Centro

Mostrando entradas con la etiqueta MÚSICA EN GALEGO. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta MÚSICA EN GALEGO. Mostrar todas las entradas

viernes, 8 de febrero de 2019

Día da Paz VII: unha cantarola de Neira Vilas

Cantarolas de Anisia Miranda e Xosé Neira Vilas é outro dos clásicos da literatura infantil galega. O libro, publicado en 1975, foi reeditado por Kalandraka nunha fermosa edición ilustrada por Leandro Lamas. Deixámosvos hoxe as dúas primeiras estrofas da "Cantarola dos nenos".


Cantarola dos nenos

Amiguiños todos,
amiguiños xa,
os nenos de aquí,
e os nenos de alá.

Os nenos do mundo
todos a cantar
a unha mesma voz
collidos das mans.

Por certo, podedes escoitar algunhas das versións musicais das "cantarolas" na web da Fundación Xosé Neira Vilas.

martes, 27 de junio de 2017

Ata sempre

Pasou xa outro curso e nós atopámonos de novo cunha despedida: a do noso alumnado de 4º de ESO e a dalgúns dos profesores e profesoras que tamén cambian de centro. Querémoslles desexar o mellor e deixarlles un pequeno agasallo musical do último Nobel de Literatura, Bob Dylan. Trátase dunha canción moi especial, xa que o cantautor estadounidense a escribiu en 1966 para un dos seus fillos.

                  
Mais, agora que estamos escribindo isto, pensamos: pero coma despedirnos do alumnado de 4º de ESO sen unha das "nosas cancións preferidas" que ata algúns e algunhas cantaron? Así que vaia un dobre agasallo musical co poema de Cunqueiro xa convertido nun clásico da canción en galego e xa sabedes: un cordial saúdo, feliz verán e ata sempre!

lunes, 29 de mayo de 2017

Maio de Letras Galegas: Cancións para desafinar da Gramola Gominola

Gústanos moito a colección Sonárbore de Galaxia que nos vén de sorprender cun novo libro-CD: Cancións para desafinar do grupo de rock de música infantil en galego Gramola Gominola.


Deixámosvos o booktrailer do seu anterior libro-CD.


viernes, 19 de mayo de 2017

Chea de vida

A pasada semana parte do alumnado do noso centro formou parte dun proxecto moi especial: un coro dirixido por Ramón Bermejo e composto por mil alumnos e alumnas de dezasete centros educativos da comarca de Ferrolterra. O coro e Guadi Gallego interpretaron a canción "Chea de vida"  nos estaleiros de Navantia. Moitos parabéns ao alumnado e aos organizadores e organizadoras! 




                  
Preme aquí para acceder a máis información na web do nosos centro.

jueves, 26 de mayo de 2016

A visita do pergamiño

Martín Codax resulta ser uno de los trovadores más enigmáticos: ni siquiera comprendemos su apellido, no identificado, ni cómo hemos de interpretarlo, quizá grafía poco corriente por Codaz, con acento oxítono.
Vicenç Beltran 
Hoxe non imos comentar ningún libro, senón facernos eco dunha nova que vimos de ler en GCiencia: a chegada a Galicia do Pergamiño Vindel. Neste figuran as sete cantigas  de amigo (con notación musical incluída) de Martín Codax, o tamén chamado xograr ou trobador da ría de Vigo por aparecer esta cidade nomeada nas súas cantigas.

A descuberta do pergameo, copiado a finais do século XIII ou principios do XIV, é unha historia ben sorprendente na que o azar xogou un importante papel, posto que o seu descubridor, o libreiro Pedro Vindel atopouna servindo de "forro" a un exemplar dunha obra do orador e escritor romano Cicerón. Despois dalgún que outro avatar o manuscrito foi adquirido pola Pierpont Morgan Library, unha importante biblioteca estadounidense que vén de cedela temporalmente para unha exposición á Cidade olívica.

Ondas do mar de Vigo,
se vistes meu amigo?
E ai Deus! se verrá cedo?

Ondas do mar levado,
se vistes meu amado?
E ai Deus! se verrá cedo?

Se vistes meu amigo,
o por que eu sospiro?
E ai Deus! se verrá cedo?

Se vistes meu amado,
por que hei gran coidado?
E ai Deus! se verrá cedo?
Martín Codax 

Para saber máis:

Para escoitar versións musicadas das súa cantigas:
 


martes, 10 de mayo de 2016

Manuel María VII: continuamos coa música


As versións musicadas do poeta chairego non deixan de medrar. Así, Uxía e Magín Blanco ofrécennos en Canta o cuco versións de poemas de Manuel María nas que se mesturan as influencias do pop e do rock coa música tradicional e outros ritmos. Ademais, o libro conta con ilustracións de Leandro Lamas que recrean o mundo de Manuel María coa maxia da cor e da imaxinación.




Teatro do guiñol de Pirilampo vén de publicarse tamén en Sonárbore, a colección de Galaxia na que atopamos o libro-CD anterior.


A Berenguela é unha "opereta para voz narrada e cuarteto de clarinetes sobre un texto de Manuel María con música de Nani García" e con ilustracións de Migelanxo Prado. As aventuras da espiña de toxo Berenguela son o eixe desta suxestiva aproximación a poeta da Terra Chá.


 

lunes, 9 de mayo de 2016

Manuel María VI: Manuel María musicado

Os poemas de Manuel María teñen sido musicados en numerosas ocasións, sendo o grupo Fuxan os Ventos un dos que sen lugar a dúbidas máis contribuiu a popularizalos. Así soaba o poema "O carro" do libro Terra Chá (1954) nas súas voces.


                                                  
Para oír máis versións musicais de Manuel María:


lunes, 18 de enero de 2016

Aniversario Seis poemas galegos de Lorca

O pasado 27 de decembro cumpríronse 80 anos da publicación dos Seis poemas galegos de Federico García Lorca. Os Seis poemas galegos foron publicados en 1935 en Compostela pola editorial Nós que dirixía Ánxel Casal. Segundo numerosas fontes, foi o poeta ferrolán Ernesto Guerra da Cal quen lle suxeriu a Lorca a posibilidade de escribir en lingua galega. Se ben, tamén contou o escritor granadino coa colaboración de Eduardo Blanco Amor, quen prologou a primeira edición do poemario. 


Federico non só tiña numerosos amigos galegos, senón que era coñecedor da literatura nesta lingua e amosaba unha especial predileción pola obra de Rosalía. En 1933 declarou:

A mi llegada a Galicia, ellas [las «fuerzas formidables» de Compostela y el paisaje] se apoderaron de mí en forma tal que también me sentí poeta de la alta hierba, de la lluvia alta y pausada. Me sentí poeta gallego, y una imperiosa necesidad de hacer versos, su cantar me obligó a estudiar a Galicia y su dialecto o idioma, para lo maravilloso es igual.



Os poemas galegos de Lorca foron musicados e interpretados por cantantes coma Xoán Rubia e grupos coma Luar na Lubre. En 2013 Amancio Prada publicou un libro-disco, Poeta en Galicia, no que nos ofrece unha nova musicación elegante, sinxela e profunda, como é habitual nel. O libro, editado en formato despregable, conta cunhas fermosas ilustracións do poeta, gravador e ensaísta Juan Carlos Mestre, colaborador habitual do músico berciano.
 
                                            
Vídeo atopado aquí.

jueves, 30 de abril de 2015

Alexandre de Fisterra: o galego que inventou o futbolín

Pois si, o inventor do futbolín era galego, de Fisterra concretamente. Editor, escritor, inventor, testamenteiro do poeta León Felipe... a vida de Alexandre de Fisterra, cuxo verdadeiro nome era Alejandro Campos Ramírez, non se pode dicir que non fose apaixonante e activa.
Aquí conta coma foi a invención, ademais de falar de León Felipe e de literatura.



E este é o vídeo da canción que lle dedicaron "Os diplomáticos de Monte Alto":

martes, 25 de noviembre de 2014

"Lúas de outubro e agosto" de Guadi Gallego

Guadi Gallego pon hoxe á venda o seu segundo disco: "Lúas de outubro e agosto". Por certo, o videoclip da canción "Matriarcas", acadou un grande éxito en Youtube con preto de 15.000 visualizacións en só dous días.