Como sabedes esta é a segunda Semana da Froita no noso centro e vimos de lembrar un libro que chegou hai uns meses a nosa biblioteca: Vida sa de María Corbacho.
jueves, 31 de mayo de 2018
miércoles, 30 de mayo de 2018
Maio de Letras Galegas XVII: Elexías de luz
Esa lúa de prata
atopou o tesouro
que eu perdera na auga
Mª Victoria Moreno, Elexías de luz
Elexías de luz é un poemario publicado postumamente no que se inclúen en realidade dous: o que lle dá título e outro titulado Duns folios en branco. Mª Victoria amosa neste libro o seu coñecemento da técnica poética e a paixón pola poesía que sempre sentiu, como amosa a antoloxía Os novísimos da poesía galega que publicou en 1973.
Neste amencer de pombas indecisas
conversarei coas fontes
onde beben pesares cristalinos
as sombras que se axitan pola noite.
Mª Victoria Moreno, Elexías de luz
Para saber máis:
Etiquetas:
EFEMÉRIDES,
LITERATURA GALEGA,
MAIO DAS LETRAS GALEGAS,
MAIO DE LETRAS GALEGAS,
POESÍA,
POESÍA GALEGA,
SUXESTIÓNS,
SUXESTIÓNS DE LECTURA,
SUXESTIÓNS DE LECTURA +15
martes, 29 de mayo de 2018
Maio de Letras Galegas XVI: A festa no faiado
Uxía é unha boneca que foi abandonada no faiado, pero que non se resigna á tristura do abandono por parte da súa dona e busca novos amigos: os animais.
Etiquetas:
EFEMÉRIDES,
LITERATURA GALEGA,
LIX,
LIX. LITERATURA GALEGA,
MAIO DAS LETRAS GALEGAS,
MAIO DE LETRAS GALEGAS,
SUXESTIÓNS,
SUXESTIÓNS DE LECTURA
lunes, 28 de mayo de 2018
Maio de Letras Galegas XV: Guedellas de seda e liño
Para os meus alumnos, que sempre encheron de luz a miña vida.
María Victoria Moreno, Guedellas de seda e liño
Guedellas de seda e liño foi publicada en 1999 e mereceu unha Mención Especial White Ravens en 2002.
O que se teme, ás veces, realízase
coma un regalo da vida e o que se arela pode despois descubrirse coma un
treito costento no camiño. Son así as cousas e non lles hai que facer;
foron así sempre e seguirán sendo así.
María Victoria Moreno, Guedellas de seda e liño
Etiquetas:
LITERATURA GALEGA,
LIX,
LIX. LITERATURA GALEGA,
MAIO DAS LETRAS GALEGAS,
MAIO DE LETRAS GALEGAS,
SUXESTIÓNS,
SUXESTIÓNS DE LECTURA,
SUXESTIÓNS DE LECTURA +14
viernes, 25 de mayo de 2018
V Carreira Popular
O 27 de maio terá lugar a V Carreira Popular Pola Igualdade coma todas e todos sabedes. Aproveitamos para lembrarvos os enlaces con algunhas das entradas que fixemos ao longo destes anos sobre libros e películas relacionadas con este tema.
jueves, 24 de mayo de 2018
Maio de Letras Galegas XIV: Doce cartas a María Victoria Moreno
Ánxela Gracián é a autora desta biografía novelada de María Victoria Moreno narrada polo lobo Garimoso, un dos personaxes de Mar adiante.
miércoles, 23 de mayo de 2018
Maio de Letras Galegas XIII: Mar adiante
Mar adiante considérase unha das novelas fundadoras da LIX en lingua galega, ademais de ser a primeira en galego de María Victoria Moreno. Anímaste a coñecer a escola peculiar do barco Arroás?
Para saber máis:
martes, 22 de mayo de 2018
Maio de Letras Galegas XII: O cataventos
Don Pío é un moi fachendoso galo por culpa do cal os paxariños e as galiñas non poden vivir felices e libres. As ilustracións de Lara Torres acompañan este relato publicado inicialmente en 1989.
Para saber máis:
Etiquetas:
ÁLBUMS,
ILUSTRACIÓN,
LITERATURA GALEGA,
LIX,
LIX. LITERATURA GALEGA,
MAIO DAS LETRAS GALEGAS,
MAIO DE LETRAS GALEGAS,
SUXESTIÓNS,
SUXESTIÓNS DE LECTURA
lunes, 21 de mayo de 2018
Maio de Letras Galegas XI: Radio SanSa
Xa tedes dende hai uns días o programa especial de Radio SanSa das Letras Galegas. Premede aquí se queredes escoitalo e lembrade que no apartado "programas" da páxina de radio tedes acceso ás emisións anteriores.
Parabéns a Radio Sansa!!!
miércoles, 16 de mayo de 2018
Maio de Letras Galegas X: Un maio para María Victoria e o noso marcapáxinas
Ao longo destes días realizamos unha actividade que nos gustou moito. O alumnado de 1º de secundaria encheu de canciños e flores un maio moi especial: "O maio de María Victoria Moreno". Despois, seis alumnas e alumnos deste curso foron ler os textos, que seleccionaran para o maio, ao alumnado de Educación Infantil e de 1º de Educación Primaria. E continuarán o vindeiro luns esta "lecturas compartidas". Atoparedes máis información sobre esta actividade na nosa web.
Tamén hoxe repartimos entre os nosos alumnos e alumnas o marcapáxinas que deseñou para esta data o profesor de Educación Plástica de secundaria que sempre está a nos botar unha man.
Moitas grazas ao alumnado e ao profesorado participante e tamén a Manolo por este marcapáxinas.
martes, 15 de mayo de 2018
Maio de Letras Galegas IX: A brétema
A señora Minia vive na aldea de Vilaxeada e está moi triste, porén o seu amigo o sol axudaralle. A editorial Urco recupera este relato descatalogado de María Victoria Moreno que nesta edición conta coas ilustracións de María Montes Sueiro.
Para saber máis:
lunes, 14 de mayo de 2018
Maio de Letras Galegas VIII: Anagnórise
Anagnórise é unha novela publicada por María Victoria Moreno en 1988 e dedicada ao seu alumnado de Vilalonga:
Para os meus alumnos de Vilalonga, que me aledaron os días en que eu enfiaba esta historia, que me regalaron o bolígrafo co que a escribín.
María Victoria Moreno, Anagnórise
Para saber máis:
As persoas estamos feitas para levar adiante os proxectos máis fermosos.
María Victoria Moreno, Anagnórise
viernes, 11 de mayo de 2018
Encontro Escolar de Xogos Tradicionais en San Sadurniño
Mañá, 12 de maio, celebrarase en San Sadurniño o XII Encontro Escolar de Xogos Tradicionais. Premede aquí se queredes coñecer máis sobre este evento.
jueves, 10 de mayo de 2018
Maio de Letras Galegas VII: Eu conto, ti cantas...
Xa vos contamos que a María Victoria Moreno lle gustaban moito os animais, así que non vos sorprenderá saber que neste libro, con fermosas ilustracións de Manolo Uhía, se contan tres contos de animais en verso.
Etiquetas:
EFEMÉRIDES,
LITERATURA GALEGA,
LIX,
LIX. LITERATURA GALEGA,
MAIO DAS LETRAS GALEGAS,
MAIO DE LETRAS GALEGAS,
POESÍA,
SUXESTIÓNS,
SUXESTIÓNS +7,
SUXESTIÓNS DE LECTURA
miércoles, 9 de mayo de 2018
Maio de Letras Galegas VI: ¿E haberá tirón de orellas?
Camiña
cara a ningures
Alma, a travesa cadela,
e
vai coa calma do sol,
que
nin para min ten présa.
Mª Vitoria Moreno, ¿E haberá tirón de orellas?
María Victoria Moreno amaba aos animais, especialmente aos cans aos que converteu en personaxes e mesmo protagonistas en moitas das súas obras. En ¿E haberá tirón de orellas? a protagonista é Alma, unha cadeliña que está moi tristeira porque os nenos xa non xogan con ela. Un libriño delicioso para todas as idades.
Etiquetas:
LITERATURA GALEGA,
LIX,
LIX. LITERATURA GALEGA,
MAIO DAS LETRAS GALEGAS,
MAIO DE LETRAS GALEGAS,
POESÍA,
SUXESTIÓNS,
SUXESTIÓNS DE LECTURA
martes, 8 de mayo de 2018
Maio de Letras Galegas V: Leonardo e os fontaneiros
María Victoria Moreno afirmaba que este libro era o seu preferido. Anímaste a coñecer aos seus protagonistas? Porque se así o fas coñecerás as confesións que Tono, o rapaz protagonista, lle fai a Leonardo, un can moi especial.
Roteiro Literario: De Padrón a Compostela
O pasado 26 de abril o alumnado de 3º e 4º de secundaria visitou Padrón e Compostela. Tratábase dunha actividade organizada polos departamentos de Xeografía e Historia e Lingua Galega e Literatura á que nos quixemos sumar dende o EDLG e a Biblioteca cun roteiro literario cuxos textos leron acompañados das explicacións históricas de Marta, a nosa profesora de Xeografía e Historia.
viernes, 4 de mayo de 2018
Maio de Letras Galegas IV: recursos e enlaces
Estamos recompilando recursos e enlaces de interese sobre a obra e a vida de María Victoria Moreno na nosa aula virtual. Premede aquí para acceder a eles.
María Victoria Moreno de Chairego apc |
Etiquetas:
MAIO DAS LETRAS GALEGAS,
MAIO DE LETRAS GALEGAS,
RECURSOS,
RECURSOS EDUCATIVOS,
RECURSOS ELECTRÓNICOS,
RECURSOS LINGUA GALEGA
jueves, 3 de mayo de 2018
Maio de Letras Galegas III: Constelación Literaria arredor de María Victoria Moreno
A Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos da Consellería de Cultura,
Educación e Ordenación Universitaria vén de elaborar unha constelación literaria arredor da obra de María Victoria Moreno que podedes atopar aquí.
Etiquetas:
CONSTELACIÓNS LITERARIAS,
LITERATURA,
LITERATURA GALEGA,
LIX,
LIX. LITERATURA GALEGA,
MAIO DAS LETRAS GALEGAS,
MAIO DE LETRAS GALEGAS,
SUXESTIÓNS,
SUXESTIÓNS DE LECTURA
miércoles, 2 de mayo de 2018
Maio de Letras Galegas II: María Victoria Moreno
Os afectos na escola, na literatura, nos proxectos ou na vida fixeron de María Victoria Moreno unha persoa imprescindíbel.
Eli Ríos, María Victoria Moreno
Mulleres bravas da nosa historia: María Victoria Moreno é unha achega á vida e obra da autora homenaxeada neste Día das Letras Galegas escrita por Eli Ríos e con ilustracións de Eva Agra.
Etiquetas:
BIOGRAFÍAS,
DÍA DAS LETRAS GALEGAS,
EFEMÉRIDES,
LITERATURA GALEGA,
LIX,
LIX. LITERATURA GALEGA,
MAIO DAS LETRAS GALEGAS,
MAIO DE LETRAS GALEGAS,
SUXESTIÓNS
Suscribirse a:
Entradas (Atom)