A
orientación da súa vida e da súa obra eran o ter a Galiza como
tarefa, que é o título dun dos seus libros fundamentais.
Isaac
Díaz Pardo
Este
ano o Día
das Letras Galegas está dedicado a Valentín
Paz Andrade. Paz Andrade, que naceu en Lérez (Pontevedra) en
1898 e morreu en Vigo en 1987, foi avogado, escritor, poeta,
empresario e xornalista.
É
autor dunha prolífica obra ensaística en castelán e galego na que
figuran títulos coma
A galeguicidade na obra de Guimarães Rosa
(1978) e Castelao
na luz e na sombra
(1982). A poesía tamén foi outra das súas dedicacións dende que
en 1954 publicou Pranto
Matricial,
poemario elexíaco dedicado a Castelao.
Se
desexas saber máis sobre a súa biografía e obra, aquí
atoparás actividades e materiais elaborados por diversos centros
educativos para lembrar a súa figura. Nós rematamos esta breve
lembranza con estas palabras do escritor Manuel Rivas dedicadas ao
escritor homenaxeado neste 17 de maio:
“Cada
un dos seus pasos estaba tinguido de compromiso, Galicia para el era
unha utopía realizable”.