miércoles, 27 de noviembre de 2013
Novembro de Ciencia VIII: Guía de suxestións "Ciencia e literatura"
Podedes atopar na nosa web unha guía de suxestións de lectura que agardamos que vos guste. Xa sabedes: esperámosvos onde o mundo se chama biblioteca.
Novembro de Ciencia VII: as nosas guías de suxestións e outros materiais
O longo destes catro últimos anos elaboramos numerosas guías de suxestións lectoras sobre a ciencia: "De ciencia e con ciencia", "Naves en chamas máis alá de Orión", "Isto é curioso", "Tolos pola ciencia", "Mulleres e ciencia" e "Ciencia e literatura".
Ademais conmemoramos o Día Internacional da Muller do 2013 cun especial dedicado a Rita Levy-Montalcini.
Felices lecturas científicas!
martes, 26 de noviembre de 2013
Novembro de Ciencia VI: as mates, os Simpsons e...
Xa sei o que pensarás cando leas estas liñas: que título tan sorprendente para unha entrada do blog! Pois, non é así, xa que a coñecida serie televisiva contén numerosas referencias matemáticas, como podes comprobar nesta interesante reportaxe do xornal La Tercera e neste artigo de Simon Singh.
As webs e blogs dedicadas á divulgación matemática son numerosas, nós ímosche deixar dous enlaces moi interesantes: Divulgamat e AGAPEMA.
O 40 aniversario
O vindeiro 10 de decembro celebramos o 40 aniversario. Na nosa web poderás atopar as actividades programadas para tan especial ocasión.
Feliz aniversario!
Feliz aniversario!
lunes, 25 de noviembre de 2013
Novembro de Ciencia V: a ciencia nos medios de comunicación
Os medios de comunicación ofrécennos moitas oportunidades para adentrarnos no mundo da ciencia. Así, son numerosos os xornais que teñen unha sección dedicada á ciencia e á tecnoloxía. Por outra banda, tamén atopamos programas e novas na radio e televisión sobre estes temas, coma por exemplo na RNE, na TVE e na CRTVG. Ademais, as webs das televisións fornécennos de información científica e tecnolóxica, por exemplo a BBC: ciencia e tecnoloxía.
viernes, 22 de noviembre de 2013
Fina Casalderrey
A escritora Fina Casalderrey le hoxe o seu discurso de ingreso na Real Academia Galega. Fina Casalderrey é unha das escritoras galegas máis recoñecidas dentro do eido da literatura infantil e xuvenil. Entre as súas obras figuran: Dúas bágoas por máquina, ¡Asústate Merche!, O misterio dos fillos da Lúa, ¿Sobrevives?, etc..
Hoxe, nunha entrevista que a escritora lle concedeu ao xornal La Voz de Galicia, puidemos ler estas palabras súas, que resumen, dalgún xeito, a súa obra literaria:
"O importante é que aprendan a gozar da palabra, da
forza dabondo que ten para trasladalos a outros mundos descoñecidos. Os
valores reais que mellor podes transmitir cando escribes son os que ti
tes de verdade gravados, tatuados na alma. O resto é finxido. Cando se
comezou a facer literatura para rapaces partiu das escolas, desa
necesidade de textos para que puidesen ler, non con simpleza, con
sinxeleza, con palabras claras. Nun principio, entendíase que había que
transmitir isto, que ensinar isto outro, cunha utilidade fora do que é a
literatura. Non ten por que. Chégalle ben con que sexan historias
fermosas contadas da maneira máis bonita."
Parabéns a Fina Casalderrey e mentres agardamos que saia do prelo outro dos seus libros, podedes consultar nos nosos catálogos os que temos na biblioteca nas salas de EI e EP e na da ESO.
martes, 19 de noviembre de 2013
Elena Poniatowska, Premio Cervantes 2013
A escritora e xornalista mexicana Elena Poniatowska vén de recibir o Premio Cervantes 2013. Elena, que naceu en Paris no ano 1932, é autora dunha extensa obra literaria que abrangue a narrativa, a poesía e o teatro.
Por outra banda, neste mes da ciencia, non podemos esquecer que a mexicana é autora dunha novela titulada La piel del cielo protagonizada por un astrónomo, Lorenzo de Tena, quen dende ben pequeno se interesou polos misterios do universo e puxo os seus ollos nas estrelas.
http://es.wikipedia.org/wiki/Archivo:Elena_Poniatowska.JPG
Novembro de Ciencia IV: Galiciencia
Galiciencia é a maior feira científica que se celebra en Galicia. Este ano preséntanse nela 50 inventos realizados por equipos de estudantes de secundaria e Formación Profesional. Nesta edición, tamén se suma á conmemoración do Ano Internacional da Cooperación na Esfera da Auga.
lunes, 18 de noviembre de 2013
Novembro de Ciencia III
A web do SINC, Servizo de Información y Noticias Científicas, ofrece reportaxes, novas, entrevistas e materiais audivosuais relacionados coa ciencia e a tecnoloxía. Ademais, permítenos acceder a numerosos enlaces de interese relacionados coa ciencia e ao blog "Amigos de la Ciencia" da Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía.
Outra web de moito interese é a do CSIC, Centro Superior de Investigaciones Científicas, onde podemos atopar enlaces coas webs dos centros que forman parte deste e tamén con webs temáticas e didácticas.
jueves, 14 de noviembre de 2013
Novembro de Ciencia II: científicos galegos
O Álbum da Ciencia é un proxecto do Consello da Cultura Galega que pretende contribuír "ao fomento da cultura científica da sociedade por medio da difusión do
labor desenvolto polos científicos-as máis sobranceiros da historia de
Galicia". Podemos atopar nel, por exemplo, a lembranza das irmáns Elisa e Jimena Fernández de la Vega, as primeiras mulleres que acadaron unha licenciatura, en Medicina concretamente, na Universidade de Santiago de Compostela.
O Álbum tamén nos fornece de información sobre outros destacados científicos como Ramón María Aller Ulloa, Domingo Fontán e Cruz Gallástegui que protagonizan o documental "As causas das cousas" da serie Historias de Galicia, producida pola TVG.
Por certo, o mapa elaborado por Domingo Fontán, o primeiro mapa topográfico é científico de Galicia, ten un importante papel na novela Arredor de si do escritor ourensán Ramón Otero Pedrayo, o cal conservaba na súa casa de Trasalba unha das escasas copias orixinais deste. Lembremos como o protagonista, Adrián, redescobre o mapa:
"Non á dereita, á
esquerda, un pouco ao norte”. A vela alumou longamente un nome e o
sitio de Compostela. Adrián lía nomes de montes, de ríos, de
pobiños, de ermidas. A luz ía seguindo o trazado dos camiños.
Naqueles instantes
estraños e fondos figuraban lucir no mapa agras marelas de centeo,
ermos vestidos de flores de toxo e de piorno, serras penedosas,
campanarios barrocos, xente que vai polos carreiros aos muíños e ás
feiras, verdeceres de camposantos, fuxir de augas, praias dourada,
galgar de ondas nos cons, velas que saen roselando o mar, orballeiras
sobre as arboredas mestas, rúas de vellas cidades, soidades de
esquecidos mosteiros."
miércoles, 13 de noviembre de 2013
Juan Mayorga, Premio Nacional de Literatura Dramática
O dramaturgo madrileño Juan Mayorga vén de recibir o Premio Nacional de Literatura Dramática pola súa obra La lengua en pedazos. O xurado valorou "la lúcida y contemporánea visión dramática de la figura de una mujer
como Teresa de Jesús, que supo llevar adelante sus convicciones a pesar
de las presiones de su tiempo, con un tratamiento enraizado en lo mejor
de la literatura castellana."
O autor afirmou que se trata dunha obra "sobre la libertad que se fragua en el conflicto de la palabra".
martes, 12 de noviembre de 2013
Novembro de Ciencia I
Iniciamos hoxe unha serie de entradas nas que queremos comentar webs, libros e artigos de divulgación científica, aproveitando que é neste mes no que, como sabedes se celebra, a Semana da Ciencia e da Tecnoloxía e o Día da Ciencia en Galego.
O CSIC, Consejo Superior de Investigaciones Científicas, participa na Semana da Ciencia con numerosas actividades que poderás atopar aquí. A Secretaría Xeral de Política Lingüística presenta na súa páxina enlaces con materiais para conmemorar o IV Día da Ciencia en Galego. Así mesmo, na páxina das Bibliotecas escolares de Galicia poderás atopar enlaces con interesantes actividades e guías de lectura.
III Concurso Investigación e Ciencia
A biblioteca e os departamentos de ciencias do CPI de San Sadurniño convocan o III Concurso "Investigación e Ciencia", no cal poderá participar o alumnado de ESO deste centro. Atoparás as bases na nosa web.
Anímate e participa!
lunes, 11 de noviembre de 2013
Lembrando a Albert Camus
O pasado 7 de decembro celebrouse o centenario do nacemento do novelista, dramaturgo, xornalista e ensaísta francés Albert Camus. O escritor, nacido en Mondovi (Alxeria) no seo dunha familia de orixe alsaciana pola parte paterna e menorquina pola materna, recibiu o Premio Nobel de Literatura en 1957. Durante a recepción deste pronunciou un discurso no que afirmou:
"Personalmente,
no puedo vivir sin mi arte. Pero jamás he puesto ese arte por encima de
cualquier cosa. Por el contrario, si me es necesario es porque no me
separa de nadie, y me permite vivir, tal como soy, a la par de todos. A
mi ver, el arte no es una diversión solitaria. Es un medio de emocionar
al mayor número de hombres, ofreciéndoles una imagen privilegiada de
dolores y alegrías comunes. Obliga, pues, al artista a no aislarse; le
somete a la verdad, a la más humilde y más universal. Y aquellos que
muchas veces han elegido su destino de artistas porque se sentían
distintos, aprenden pronto que no podrán nutrir su arte ni su diferencia
más que confesando su semejanza con todos."
Palabras que recollen as principais características da obra dun home a quen nada do humano lle foi alleo, dun home que, pouco despois de recibir o Nobel, lle escribiu unha carta a un dos seus mestres en Alxeria na que con sinxelas palabras lle contaba a importancia que as súas ensinanzas e o seu exemplo tiveran na súa vida:
"Pero cuando supe la noticia, pensé primero en mi madre y después en
usted. Sin usted, sin la mano afectuosa que tendió al niño pobre que
era yo, sin su enseñanza y su ejemplo, no hubiese sucedido nada de todo
esto."
Créditos da fotografía:
>http://es.wikipedia.or/wiki/Archivo:20041113-002_Lourmarin_Tombstone_Albert_Camus.jpg
viernes, 8 de noviembre de 2013
Caída de 5000 libros polo efecto dominó
Aquí atoparás un vídeo no que podes observar como máis de 5000 libros caen debido ao efecto dominó. Unha interesante forma de fomentar a lectura.
martes, 5 de noviembre de 2013
Miguelanxo Prado, Premio Nacional de Cómic
Miguelanxo Prado, o prestixioso autor coruñés de banda deseñada, vén de recibir o Premio Nacional de Cómic por Ardalén. O libro, editado en 2012 en galego (El Patito Editorial) e en castelán (Norma Editorial), tiña recibido xa o galardón á mellor obra de autor español no pasado Salón do Cómic de Barcelona.
Para o debuxante coruñés Ardalén "é unha
historia arredor da memoria persoal. A memoria como esencia da nosa
existencia, da percepción da nosa propia vida, da nosa identidade. Pode
soar filosófico pero, ao final, trátase dun grupo de seres humanos que
se axudan e se mancan uns aos outros, algúns chegan a quererse e todos
se aferran aos seus recordos para intentar evitar o naufraxio."
Parabéns a Miguelanxo Prado polo máis que merecido premio.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)