Centro

jueves, 30 de marzo de 2023

Día Internacional do Libro Infantil

Pois ti tamén es un libro.
Todos somos libros
V. Iliopoulos
 
O Día Internacional do Libro Infantil conmemórase por iniciativa do IBBY (International board on books for young people) o 2 de abril. Este ano a sección patrocinadora é Grecia que difunde a mensaxe de Vagelis Iliopoulos e o cartel de Photini Stephanid.

 

 

 

miércoles, 29 de marzo de 2023

Semana da prensa

 Celebramos a semana da prensa cun mural sobre a prensa en galego e unha exposición de xornais hai xa uns días.


E coma se achegan as vacacións pensamos que sería boa idea unha guía de suxestións de lectura sobre o xornalismo.



viernes, 24 de marzo de 2023

Día Internacional da Muller

O pasado 8 de marzo organizáronse  numerosas actividades no noso centro, nas que tamén colaborou a bibloteca,  co gallo do Día Internacional da Muller : murais, carteis, exposicións de libros...

EI e EP




ESO




martes, 7 de marzo de 2023

Actividades do Día de Rosalía

Un feixe de actividades arredor da escrita, o debuxo, o recitado e a robótica... Ese foi resumido o noso Día de Rosalía.

O noso alumnado participou nas actividades organizadas polo EDLG e a Concellería de Cultura: "Letras e cores para Rosalía", recitado de poemas e visionado da peza Feminino producida polo colectivo The sun girl.

 

Os nenos e nenas de  Educación Infantil elaboraron un cadro ben especial de Rosalía.


 Velaquí un dos dípticos de Eduación Primaria:




Por certo, o alumnado de Robótica de 4º de EP anda a preparar con Cristina un xogo a partir do poema "Adios ríos, adios fontes".


 

E o de 5º  uns estupendos caligramas!


 

Os versos de Rosalía tamén foron o eixe da actividade para este día de 2º de ESO.


 

 O dito: un feixe de actividades!