Centro

Mostrando entradas con la etiqueta DÍA DE ROSALÍA. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta DÍA DE ROSALÍA. Mostrar todas las entradas

jueves, 5 de marzo de 2026

Conta con elas... Rosalía tamén conta

 Continuamos co noso PDI, Conta con elas, celebrando o Día de Rosalía. Realizamos diversas actividades: flores cun poema para agasallar as familias, lecturas, Bee boteando con Rosalía, exposicións e carteis.





lunes, 4 de marzo de 2024

Día de Rosalía




 

Un ano máis a biblioteca do centro tivo unha activa participación no Día de Rosalía. O equipo de infantil e primaria montou o recuncho cos seus libros. Mentres que o alumnado participante no proxecto Biblioteca Creativa realizou collages sobre os versos de Rosalía e descubriron no recuncho creativo curiosidades sobre Rosalía co Blue-bot. 



En Educación Infantil levaron a cabo unha proposta de grafismo creativo de Rosalía; asistiron ao contacontos "Procúrase-Pepa A Loba, organizado pola Biblioteca Municipal e protagonizada por Cristina Collazo; despois deste recibiron  un agasallo moi especial.


 


Tamén o alumnado de 2º, 3ª e 4º de secundaria asistiu a unha actividade organizada pola Biblioteca Municipal: os divertidos contos que narrou Cándido Pazó. Ademais léronse poemas de Rosalía nas diversas aulas e na biblioteca.






martes, 7 de marzo de 2023

Actividades do Día de Rosalía

Un feixe de actividades arredor da escrita, o debuxo, o recitado e a robótica... Ese foi resumido o noso Día de Rosalía.

O noso alumnado participou nas actividades organizadas polo EDLG e a Concellería de Cultura: "Letras e cores para Rosalía", recitado de poemas e visionado da peza Feminino producida polo colectivo The sun girl.

 

Os nenos e nenas de  Educación Infantil elaboraron un cadro ben especial de Rosalía.


 Velaquí un dos dípticos de Eduación Primaria:




Por certo, o alumnado de Robótica de 4º de EP anda a preparar con Cristina un xogo a partir do poema "Adios ríos, adios fontes".


 

E o de 5º  uns estupendos caligramas!


 

Os versos de Rosalía tamén foron o eixe da actividade para este día de 2º de ESO.


 

 O dito: un feixe de actividades!

jueves, 23 de febrero de 2023

Día de Rosalía

Unímonos á celebración desta data colaborando coas actividades desenvolvidas polo EDLG e engadindo máis recursos ao noso espazo sobre Rosalía na aula virtual.  


 

martes, 23 de febrero de 2021

Día de Rosalía

 Mañá é o Día de Rosalía e na nosa web atoparedes a fotografía dun curruncho moi especial dedicado a ela que prepararon os membros do equipo de EI e EP. Tamén figuran nesta os recursos que seleccionamos para este día.


 

 

miércoles, 27 de febrero de 2019

Día de Rosalía

Estes días podedes ver un espazo moi especial no primeiro andar do edificio de EI e EP: O Recuncho de Rosalía. Neste espazo amosanse algúns dos libros da autora, unha escolma de versos e unha cesta con rolos nos que están escritos algúns dos seus poemas para coller e ler nas aulas. 

Onte foron algúns alumnos e alumnas de 1º de ESO a lerlles aos nenos e nenas de Educación Infantil un deles. Hoxe continuamos a celebración desta data cun recital do alumnado de secundaria no recreo de mediodía. Atoparás máis información sobre este conmemoración na nosa web.


viernes, 2 de marzo de 2018

Día de Rosalía: Abride a fiestra! V

Rosalía debuxada pola súa filla Alejandra

Son numerosos os medios de comunicación que se fixeron eco do Día de Rosalía. Como non podemos reseñalos todos, escollemos un programa de radio sobre o mundo literario galego presentado por María Solar: Chamando á Terra (24/02/2018).

martes, 27 de febrero de 2018

viernes, 24 de febrero de 2017

Semana Rosaliana V: Chegou o Día


Este ano sucedéronse outras iniciativas de interese relacionadas con Rosalía, coma por exemplo o  cambio de denominación do aeroporto de Santiago de Compostela a Aeroporto Santiago de Compostela - Rosalía de Castro. Tamén soubemos que un avión da compañía aérea Norwegian lle foi dedicado.
Xa para rematar esta Semana Rosaliana queremos lembrar algúns dos materiais que fomos elaborando ao longo destes anos en colaboración co EDLG.
Aromas puros, frescura e poesía é o título dunha selección de poemas, que elaboramos o pasado curso, ilustrada con cadros de pintores que dalgunha maneira se relacionan con Rosalía ou coa súa poesía. Non podiamos deixar de lembralo neste curso académico da Biblioteca Escolar-Territorio das Artes.

Feliz Día de Rosalía!
Manifesto Día de Rosalía de Ledicia Costas

Para saber máis sobre as actividades deste día preme neste enlace coa web culturagalega.org. E para coñecer as actividades das bibliotecas escolares galegas nestoutro.

miércoles, 22 de febrero de 2017

Semana Rosaliana III: A moda de Cantares Gallegos

refaixo e mantelo negro
zapato e media de seda,
negra chaqueta de raso,
mantilla da mesma peza,
con terciopelo adornado
Rosalía de Castro, "Nosa señora da Barca" de Cantares gallegos

Como vestirían todos eses personaxes que Rosalía recrea e describe en Cantares gallegos


Deixámosvos algúns enlaces de interese sobre esta cuestión.

Unha interesante exposición que se puido visitar na Cidade da Cultura dende o 11 de marzo ao 11 de setembro de 2016. Belén Sáenz-Chas Díaz escribiu no catálogo desta: "O traxe folclorizado que hoxe vemos nos escenarios apenas ten que ver coa realidade da nosa sociedade do século XIX e do xeito de vestir das súas xentes".

martes, 21 de febrero de 2017

Semana Rosaliana II: E como vestiría Rosalía?


A Cidade da Cultura de Galicia vén de cederlle á Fundación Rosalía de Castro unha das pezas creadas co gallo da mostra ‘Con-fío en Galicia’ para a súa exhibición ao público. Trátase da recreación dun traxe de Rosalía, creado pola modista e deseñadora Carme Pichel, que se inspira nunha fotografía, realizada por Encausse na Coruña no ano 1855, que pertence á RAG.
Por certo, o Museo del Romanticismo de Madrid inaugurou o pasado 25 de outubro unha mostra sobre a moda romántica que nos permite coñecer a moda no século XIX.


lunes, 20 de febrero de 2017

Semana Rosaliana

O 24 de febreiro conmemoramos o Día de Rosalía, pero nós queremos dedicarlle toda a semana; así que comezamos hoxe as nosas entradas sobre esta data lembrando o cartel que a AELG (Asociación de Escritores en Lingua Galega) lle dedica. Neste podedes atopar tamén unha das actividades que a amentada asociación propón para este día: agasallar un libro en galego e unha flor.

jueves, 25 de febrero de 2016

Día de Rosalía III

Son moitas as actividades que se desenvolveron onte para lembrar a Rosalía de Castro. Deixámosvos algúns enlaces sobre estas:
Por certo, a ilustración desta entrada é obra da ilustradora Aldara Prado e forma parte das catro liberadas pola Deputación da Coruña para conmemorar esta data, o mesmo ca entrada de onte, creada por Aurora Cascudo. Se queres coñecer as outras dúas imaxes atoparalas neste enlace.

miércoles, 24 de febrero de 2016

Día de Rosalía II

Este ano decidimos realizar unha selección de poemas de Rosalía, que podedes atopar neste enlace para conmemorar esta data.

A ilustración de Aurora Cascudo foi atopada aquí.