Centro

Mostrando entradas con la etiqueta DÍA DAS LETRAS GALEGAS. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta DÍA DAS LETRAS GALEGAS. Mostrar todas las entradas

miércoles, 13 de mayo de 2026

Día das Letras Galegas

 Conmemoramos esta data, dedicada a Begoña Caamaño, cunha selección de recursos e suxestións para achegarnos a súa figura.


jueves, 15 de mayo de 2025

Día da Letras Galegas

 O 17 de maio está aí e nós quixemos contribuír ás actividades que se realizan no centro cunha selección de recursos e unha guía de suxestións.



martes, 23 de mayo de 2023

Día das Letras Galegas

Faladoiros interxeracionais, semente de versos, charla-obradoiro con Siro, maios... Esta data veu "cargada" de actividades que podedes consultar na nosa web. Desde a biblioteca unímonos cunha selección de recursos e unha guía de suxestións.


jueves, 12 de mayo de 2022

Día das Letras Galegas: Florencio Delgado Gurriarán

 Achégase o Día das Letras Galegas que, como sabedes, está dedicado a Florencio Delgado Gurriarán. Unha data especial para a que preparamos unha marcapáxinas coma agasallo grazas a colaboración do profesor de Plástica. 



Non podiamos esquecer os libros do autor homenaxeado nin algúns dos que este ano se prepararon para achegarnos a súa vida e obra.


E tampouco a xa tradicional recompilación de recursos sobre esta data que atoparedes na nosa aula virtual.

Feliz Día das Letras Galegas!

martes, 11 de mayo de 2021

Xela Arias: Darío a diario

  Darío a diario é un poemario de Xela Arias sobre a maternidade que vén de ser reeditado pola editorial Xerais con prólogo da escritora Berta Dávila e ilustracións de Iván R.. 




Se ti es

serei eu

nunca máis feliz.

Xela Arias, Darío a diario

martes, 4 de mayo de 2021

Xela Arias: Non te amola!

"Agora na primavera fixen nove anos. Son moitos para non procurar nada de proveito na vida, así que vou escribir un libro".

Xela Arias, Non te amola!

Non te amola é o título da única obra narrativa de Xela Arias. Unha engaiolante achega á súa infancia que vén de publicar Galaxia con ilustracións de Luz Beloso. 



miércoles, 27 de mayo de 2020

O maio de Don Ricardo XV: poesía

Antologia da poesia en galego é unha selección de poesía realizada por Paulo Fernández Mirás dos diversos libros publicados por Ricardo Carvalho Calero.


O primeiro aeroplano
ensaiaba o seu voo, ti ja o dixeches,
namentres nós nacíamos.
E o cometa Halley brillaba no ceu,
e Tolstoy se apagaba cando nós nacemos.

Ricardo Carvalho Calero, Futuro condicional

martes, 26 de mayo de 2020

O maio de don Ricardo XIV

Os materiais  elaborados polo noso alumnado de 4º, 5º e 6º de EP en base a un traballo de investigación previo foron recompilados no especial das Letras Galegas de Aulas Galegas.

  Moitos parabéns ao alumnado e profesorado participante!

miércoles, 20 de mayo de 2020

O maio de Don Ricardo XI: Descubrindo illas

Descubrindo illas con Carvalho Calero é o nome dun pequeno proxecto que desenvolveu o alumnado de secundaria na materia de Lingua galega e literatura: carteis, poemas, fotografías... Un pouco de todo nesta proposta aberta para o Día das Letras Galegas. 
Preme aquí para coñecelo e lembra que tes que ir ao apartado "Guías e outros materiais do curso 2019/2020).

martes, 19 de mayo de 2020

O maio de don Ricardo X: presentación materiais do noso centro

O alumnado de 4º, 5º e 6º  de EP do noso centro estivo a traballar nun proxecto de investigación sobre Carvalho Calero. Hoxe fixemos a presentación que podedes atopar premendo neste enlace. 

Moitos parabéns ao profesorado e alumnado que colaborou nesta homenaxe tan especial da Carvalho Calero.

viernes, 15 de mayo de 2020

O maio de don Ricardo VIII

Ricardo Carvalho Calero de Lela Edicións é o título deste libriño de banda deseñada que nos achega á vida e obra do escritor ferrolán.


Por outra banda, a CRTVG dedícalle numerosos espazos ao Día das Letras Galegas na radio, na televisión e nas redes sociais.


jueves, 14 de mayo de 2020

O maio de don Ricardo VII: Scórpio

Scórpio foi publicada en 1987 e nese mesmo ano acadou o Premio da Crítica de narrativa galega. Henrique Rabuñal descríbea coma "unha das obras de Carvalho máis celebradas pola crítica literaria, tanto pola súa orixinalidade técnica e polas súas achegas estilísticas como por servir de reflexión e memoria individual e colectiva para o período 1910-1939".


miércoles, 13 de mayo de 2020

O maio de don Ricardo VI: A xente da Barreira

A xente da Barreira foi publicada pola editorial Bibliófilos Galegos en 1951. Trátase da primeira novela publicada en galego da posguerra. Narra a historia dunha familia fidalga na transición do século XIX ao XX.