Hawking aproveitaba cada minuto coma se fose un regalo.
Jorge Mira
O pasado día 14 recibimos a nova do pasamento do físico, astrofísico cosmólogo e divulgador científico Stephen Hawking. Jorge Mira lémbranos a súa importancia coma científico e divulgador nunha
entrevista en GCiencia:
A verdade é que era o científico máis famoso da actualidade; e despois
de Einstein, ninguén tivo o eco popular que chegou a ter Hawking. (...)
E por outra banda, Breve historia do tempo supón un antes e un despois
na divulgación científica. Estivo catro anos entre os libros máis
vendidos do mundo, e estímase que chegou a vender unha copia por cada
750 persoas que hai no mundo; foron unhas cifras que supuxeron un salto a
nivel mundial.
Jorge Mira
E iso facía que aproveitara cada minuto coma se fose un regalo. Para a
xente que estaba enferma, ou nunha situación mala, ver a Hawking era un
xute de ganas de vivir. Porque el sabía o que era ter problemas de
verdade desde moi novo. E iso tamén lle facía ter unha gran calidade
humana. Ás veces era difícil que cadrase a axenda para atender a
importantes autoridades, pero se acudía a velo unha persoa con
problemas, el sempre atopaba un oco.
Jorge Mira
E as súas visitas a Galicia:
Percorreu Santiago, estivo en Noia, pola Costa da Morte, no cabo
Fisterra… Todo o mundo que veu con el quedou cunha boa impresión, e
conectamos tamén con eles a nivel humano.
Para saber máis: