Ao longo deste curso publicamos algunhas suxestións de libros relacionados coa sustentabilidade, a paisaxe e a protección do medio ambiente no blogue ¿E ti sustentas?
martes, 31 de mayo de 2016
lunes, 30 de mayo de 2016
Libros que van chegando: Non hai luz sen escuridade de Andrea Barreiro
O grande vólvese pequeno sen perder a
súa esencia. Todo se transforma, o de hoxe é distinto ao de onte e o de
mañá non será igual ao de hoxe, pero o que é sempre queda.
Andrea Barreiro, Non hai luz sen escuridade
Un corvo e unha loba acompañan a unha feiticeira que provén do Mundo da Escuridade na procura do seu dragón e de si mesma.
Para saber máis:
viernes, 27 de mayo de 2016
III Carreira Popular de San Sadurniño
Mens sana in corpore sano
Juvenal
O vindeiro domingo terá lugar, como todas e todas xa sabedes, a III Carreira Popular.
O pasado curso recomendamos algúns fondos nunha entrada, que titulamos "Correr, na que tamén recollemos enlaces a suxestións de lectura relacionadas co deporte.
jueves, 26 de mayo de 2016
A visita do pergamiño
Martín Codax resulta ser uno de los trovadores más
enigmáticos: ni siquiera comprendemos su apellido, no
identificado, ni cómo hemos de interpretarlo, quizá
grafía poco corriente por Codaz, con acento
oxítono.
Vicenç Beltran
Hoxe non imos comentar ningún libro, senón facernos eco dunha nova que vimos de ler en GCiencia: a chegada a Galicia do Pergamiño Vindel. Neste figuran as sete cantigas de amigo (con notación musical incluída) de Martín Codax, o tamén chamado xograr ou trobador da ría de Vigo por aparecer esta cidade nomeada nas súas cantigas.
A descuberta do pergameo, copiado a finais do século XIII ou principios do XIV, é unha historia ben sorprendente na que o azar xogou un importante papel, posto que o seu descubridor, o libreiro Pedro Vindel atopouna servindo de "forro" a un exemplar dunha obra do orador e escritor romano Cicerón. Despois dalgún que outro avatar o manuscrito foi adquirido pola Pierpont Morgan Library, unha importante biblioteca estadounidense que vén de cedela temporalmente para unha exposición á Cidade olívica.
Ondas do mar de Vigo,
se vistes meu amigo?
E ai Deus! se verrá cedo?
Ondas do mar levado,
se vistes meu amado?
E ai Deus! se verrá cedo?
Se vistes meu amigo,
o por que eu sospiro?
E ai Deus! se verrá cedo?
Se vistes meu amado,
por que hei gran coidado?
E ai Deus! se verrá cedo?
se vistes meu amigo?
E ai Deus! se verrá cedo?
Ondas do mar levado,
se vistes meu amado?
E ai Deus! se verrá cedo?
Se vistes meu amigo,
o por que eu sospiro?
E ai Deus! se verrá cedo?
Se vistes meu amado,
por que hei gran coidado?
E ai Deus! se verrá cedo?
Para saber máis:
- "As cantigas de Martin Códax volven a Galicia" en GCiencia.
- "Centenario do Pergamiño Vindel" de Manuel Bragado en El Faro de Vigo (21-01-2014).
- "Trobadores da ría de Vigo" na web da RAG.
- "Martín Codax" na Biblioteca Virtual Galega.
- "Martín Codax" na Biblioteca Virtual Miguel de Cervantes.
miércoles, 25 de mayo de 2016
Libros que van chegando: Los fantasmas del paraíso de Alfredo Gómez Cerdá
Pablo está estudando en Suiza cando se entera de que... Para saber como continúa esta historia terás que ler Los fantasmas del paraíso de Alfredo Gómez Cerdá.
Estes son algúns enlaces interesantes sobre o autor:martes, 24 de mayo de 2016
Poemar o mar de García Teijeiro
QUERO chegar ao amar
(se está fuxindo)
para abrazalo
Antonio García Teijeiro, Poemar o mar
Para saber máis:
- Rede Lectura.
- Poemar o mar de García Teijeiro no blogue Caderno da crítica.
- Antonio García Teijeiro na AELG.
- Antonio García Teijeiro na Biblioteca Virtual Miguel de Cervantes.
lunes, 23 de mayo de 2016
Libros que van chegando: Historia de la vida
Outra alfaia máis da colección Visita nuestro museo que se une nos nosos andeis a Historium: Historia de la vida. Unha obra despregable na que atoparás máis de oitenta criaturas terrestres, mariñas e voadoras e coñecerás a historia da evolución.
viernes, 20 de mayo de 2016
I Gala do Libro Galego
O pasado sábado 14 de maio celebrouse a I Gala do Libro Galego no Teatro Principal de Santiago de Compostela. As obras gañadoras foron:
Para saber máis:
- O último día de Terranova de Manuel Rivas na categoría de narrativa.
- O meu pesadelo favorito de María Solar na categoría de Literatura infantil e xuvenil.
- Xogando con gatos de Antón Cortizas na categoría de teatro
- Poesía Hexágono. Ollada e experiencia. Proposta e resposta nas aulas na categoría de ensaio.
- oso, mamá, si? de María Lado na categoría de poesía.
- Mocidade (Joseph Conrad) en tradución de Alejandro Tobar. Hugin e Munin na categoría de tradución.
- Poétic@, de Fran Alonso na categoría de proxecto literario na rede.
- Lendo lendas, digo versos, de Antonio G. Teijeiro e Antonio Reigosa (ilustracións de Xosé Cobas) na categoría de iniciativa bibliográfica.
- Espazo Lectura na categoría de iniciativa cultural ou de fomento da lectura.
- Cadros dunha exposición. Modest Mussorgsky, de Xosé Cobas (texto de José Antonio Abad Varela na categoría de libro ilustrado.
- Sermos Galiza na categoría de xornalismo cultural.
Para saber máis:
jueves, 19 de mayo de 2016
Maio de Letras Galegas XII: as nosas lecturas
O xoves 12 e o venres 13 lemos poemas de Manuel María na sala de secundaria da nosa biblioteca. Moitas grazas ao alumnado participante! Por outra banda antonte, como sabedes celebráronse na vila natal do poeta, Outeiro de Rei, os actos do Días das Letras Galegas.
miércoles, 18 de mayo de 2016
Centenario das Irmandades da Fala
Singer e Minerva
Galicia detivo
O seu afundimento,
Exasperante na lentitude,
Para alucar o encontro
Da máquina Singer
Da costureira María Miramontes
E a imprenta Minerva
Do editor Ánxel Casal.
Manuel Rivas, A boca da terra
Hoxe, 18 de maio, cúmprense cen anos da fundación das Irmandades da Fala e numerosas iniciativas lembran esta data coma podedes comprobar neste enlace.
- As Irmandades da Fala nos fondos da RAG.
- Álbum das Irmandades da Fala (Consello da Cultura Galega).
- As Irmandades da Fala en Galiciana (Biblioteca Dixital de Galicia).
- Programación de actividades do centenario das Irmandades da Fala.
Por certo, a fotografiada é de María Miramontes, socia das Irmandades da Fala e membro da súa Xunta Directiva, a quen Manuel Rivas lembra nestes versos, que reproducimos no inicio, pertencentes ao seu poemario A boca da terra. Se queredes coñecer máis sobre a súa figura atoparedes información de interese no Álbum de Mulleres.
lunes, 16 de mayo de 2016
Maio de Letras Galegas XI: Sempre Outeiro no corazón
Manuel María dedicoulle numerosos textos á súa vila natal: Outeiro de Rei. Así a lembra en A tribo ten catro ríos:
No lugar en que comeza ou remata a Terra Chá -pois nunca se sabe e depende de a onde se vaia ou de onde se veña- hai unha vila que se chama Outeiro de Rei. (...)
O caso é que Outeiro de Rei, no comezo da súa vida, tivo tres ríos: O Pai Miño ou Río Grande, que vén atravesando toda a Terra Chá, ancho, solemne, vagaroso, recreándose ao ollar a beleza das súas propias ribeiras. O Ladra, de augas tépedas, que baixa estabourozando entre árbores, para morrer no Miño. O río Ladra morre murmurando porque sabe que morrer é o remate natural de cada vida e el non lle ten medo á morte. As súas augas cantareiras non desaparecen: mestúranse coas do Río Miño para lles dar un pouco máis de alegría. E finalmente o Río Pequeno, Río de Robra ou Santa Marta, que dos tres xeitos se chama.
viernes, 13 de mayo de 2016
Maio de Letras Galegas X: folliña voandeira do Día de Manuel María
Galiza docemente
está ollando o mar
Manuel María
Estámonos achegando ao día 17 e nós queremos rematar a semana cunha "folliña voandeira dedicada ao escritor Manuel María que podedes atopar na nosa web.
Eu nacín en Outono cando o sol
é colleita total madurecida,
plenitude cabal e ben cumprida,
florecido ronsel, morno remol.
En Outono a vida é doce e mol,
esperanza longamente presentida,
madurez xenerosa conquerida
na loita da semente por ser flor.
Eu nacín en Outono cando o mundo
é un froito dourado e en sazón,
un soño melancólico profundo.
Para ti é, Outono, esta canción
que a min me deixou no corazón
un misterioso vento vagamundo.
Manuel María, Poemas ó outono.
Fotografía atopada aquí.
jueves, 12 de mayo de 2016
Maio de Letras Galegas IX: Manuel María, a chaira no corazón ou o corazón da chaira
A vinculación de Manuel María coa comarca da Terra Chá aparece en toda a súa obra literaria, converténdose no poemario Terra Chá, publicado en 1954 no seu eixo.
Ollada a Terra Cha dende as alturas
é semellante a un mar en calma.
Pra medila só valen dúas mensuras:
¡ferrados de corazón, fanegas de alma!
é semellante a un mar en calma.
Pra medila só valen dúas mensuras:
¡ferrados de corazón, fanegas de alma!
Manuel María, Terra Chá
A Terra Chá somentes é:
un pobo aquí, outro acolá,
mil arbres, monte raso,
un ceo chumbo e tráxico
no que andan as aves a voar.
O resto é soedá.
Manuel María, Terra Chá
miércoles, 11 de mayo de 2016
Manuel María VIII: Cando o mar foi polo río
As aventuras de Manuel de Paderna son o eixo de tres narracións de Manuel María: Cando o mar foi polo río, A tribo ten catro ríos e Viaxes e vagancias de M.. Manuel de Paderna é un peculiar personaxe capaz de facer abrollar as fontes, parar as augas dos ríos e ata din que suspender o voo dos paxaros!
Manuel de Paderna en toda a noite non puido pegar ollo. No seu corazón nacían unhas palabras fermosas, fondas, amantes e musicais. Non se atrevía a dicilas cos beizos por medo a mancalas. Sabía que as ondas do río paraban para as escoitar. E as árbores. E o mundo que se fixo silencioso para recoller, no fondo máis íntimo do seu ser, aquela mensaxe de beleza e de amor: só un puro latexar.
Manuel María, Cando o mar foi polo río.
Etiquetas:
DÍA DAS LETRAS GALEGAS,
EFEMÉRIDES,
LITERATURA GALEGA,
MAIO DE LETRAS GALEGAS,
SUXESTIÓNS DE LECTURA,
SUXESTIÓNS DE LECTURA +12
martes, 10 de mayo de 2016
Día da Ciencia no noso centro
O pasado xoves 5 de maio celebramos o Día Ciencia no noso centro e asistimos a moi interesantes exposicións de proxectos e experimentos coma podedes comprobar neste enlace e nestoutro. A biblioteca tamén quixo estar presente nesta xornada tan especial cunha folliña voandeira e unha exposición de libros na entrada do edificio de secundaria.
Moitas grazas ao profesor de Educación Plástica e Visual por deseñar uns carteis tan atractivos no que non faltou o da biblioteca e parabéns a todas e todos os que fixeron posible este evento.
Manuel María VII: continuamos coa música
As versións musicadas do poeta chairego non deixan de medrar. Así, Uxía e Magín Blanco ofrécennos en Canta o cuco versións de poemas de Manuel María nas que se mesturan as influencias do pop e do rock coa música tradicional e outros ritmos. Ademais, o libro conta con ilustracións de Leandro Lamas que recrean o mundo de Manuel María coa maxia da cor e da imaxinación.
Teatro do guiñol de Pirilampo vén de publicarse tamén en Sonárbore, a colección de Galaxia na que atopamos o libro-CD anterior.
A Berenguela é unha "opereta para voz narrada e cuarteto de clarinetes sobre un texto de Manuel María con música de Nani García" e con ilustracións de Migelanxo Prado. As aventuras da espiña de toxo Berenguela son o eixe desta suxestiva aproximación a poeta da Terra Chá.
Etiquetas:
DÍA DAS LETRAS GALEGAS,
EFEMÉRIDES,
LITERATURA GALEGA,
MAIO DE LETRAS GALEGAS,
MÚSICA,
MÚSICA EN GALEGO,
RECURSOS. MÚSICA,
SUXESTIÓNS DE LECTURA
lunes, 9 de mayo de 2016
Manuel María VI: Manuel María musicado
Os poemas de Manuel María teñen sido musicados en numerosas ocasións, sendo o grupo Fuxan os Ventos un dos que sen lugar a dúbidas máis contribuiu a popularizalos. Así soaba o poema "O carro" do libro Terra Chá (1954) nas súas voces.
Para oír máis versións musicais de Manuel María:
viernes, 6 de mayo de 2016
Maio de Letras Galegas V: Manuel María. Vida, versos e rebeldía
Unha frase común di que os poetas viven nas nubes, nun mundo propio e idealizado, porén Manuel María pisaba a terra con firmeza, como todos os seus antepasados campesiños, dos que se sentía herdeiro.
Manuel Veiga, Manuel María. Vida, versos e rebeldía.
Manuel Veiga e Xosé Lastra son os autores deste libro no que biografía e antoloxía se combinan coas suxestivas ilustracions de Nuria Díaz para ofrecernos unha visión completa do escritor chairego.
Etiquetas:
DÍA DAS LETRAS GALEGAS,
EFEMÉRIDES,
LITERATURA GALEGA,
MAIO DE LETRAS GALEGAS,
SUXESTIÓNS DE LECTURA,
SUXESTIÓNS DE LECTURA +11
jueves, 5 de mayo de 2016
Maio de Letras Galegas IV: Un ano de poesía
A biblioteca do IES Lama das Quendas (Chantada) en colaboración con Televinte lanzou o proxecto "Manuel María. Un ano de poesía". Preme aquí se queres coñecer esta iniciativa que prentede gravar todos os días un poema do poeta chairego.
Fotografía atopada na "Fotobiografía" da web da Casa-Fundación Manuel María.
Etiquetas:
BIBLIOTECAS ESCOLARES,
DÍA DAS LETRAS GALEGAS,
EFEMÉRIDES,
LINGUA GALEGA,
LITERATURA GALEGA,
MAIO DE LETRAS GALEGAS,
RECURSOS,
RECURSOS EDUCATIVOS
miércoles, 4 de mayo de 2016
Bibliocienciando
Mañá celebramos o Día da Ciencia no noso centro e nós quixémonos sumar a esta conmemoración cunha folliña voandeira que titulamos Bibliocienciando e cunha exposición de fondos da biblioteca. Agardamos que vos guste.
Maio de Letras Galegas III: As rúas do vento ceibe
As rúas do vento ceibe publicouse en 1979 acompañado dunha carta-prologo na que Manuel María escribiu:
Velaquí o meu segundo volume de versos para nenos galegos. Tiña que ser.
Este servidor, con case medio século ás costas que me florea nas
barbas, sentiuse na obriga e sobre de todo na necesidade de escribir de
novo para os nenos. Para todos os nenos galegos, e dun xeito particular
para os nenos da cidade, un tanto esquecidos no outro meu libro para
rapaces, Os soños na gaiola.
Manuel María
Eliximos para hoxe o poema "O semáforo":
O semáforo
é un couso,
medio garda,
medio guía,
medio monstro,
medio espía.
O semáforo
é un ollo
matemático
inflexibel,
inhumano,
case terríbel.
O semáforo
é unha flor
ateigada
de ledicia,
traspasada
de color.
Os sinais
do semáforo:
verde-chumbo
e vermellón
ditan leis
ao peatón,
ao turismo
e ao camión.
O semáforo
é unha luz,
unha acesa
claridade
que ilumina
docemente
a tristura
da cidade!
Manuel María, As rúas do vento ceibe
martes, 3 de mayo de 2016
Maio de Letras Galegas II: Manuel María
Os soños na gaiola é o título dun poemario de Manuel María que se converteu nun clásico da literatura infantil en lingua galega. O poeta utiliza unha linguaxe sinxela para achegarnos ao mundo que nos rodea: a natureza, a paisaxe, os animais, as persoas e os paxaros.
Pero, deixemos que o propio poeta nolo presente:
Queridos nenos:
Un servidor, que xa ten canas e un gran bigote* que lle comeza a
pesar, vai para vello. Nas súas horas de soedade lembra a súa lonxana
infancia campesiña. Desas lembranzas foron nacendo os versos que seguen.
Os versos que este humilde autor botou de menos cando el era neno.
Versos que, por outra banda, non había na literatura galega e que tan
precisos son. Eu quixera encher, en parte, ese oco. Perdoádeme si non
acertei.
E moitas grazas a vós, nenos, a todos os nenos, cando escribín estes
poemas volvín de novo á miña infancia. E coa lonxana música da miña
infancia, que ía durmida dentro de min que despertou de novo, compuxen
estes versos. Que sexan do voso agrado.
Voso amigo sempre,
MANUEL MARÍA
* Agora non levo bigote somentes. Levo bigote e barba entrecana.
Escollemos para esta entrada de hoxe o poema titulado "Bolboreta":
Raio de luz, bolboreta
que voas de flor en flor:
¡non che me engada o teu voo,
que me engada a túa color!
¡Non che me engada o teu voo,
nen teu ar de soñadora!
¡A gracia da túa color
é o que a min me namora!
¡Engádeme a túa color,
metade noite e aurora,
as túas antenas delgadas
e as túas alas voadoras!
metade noite e aurora,
as túas antenas delgadas
e as túas alas voadoras!
Bolboreta, vidro feble
que voas polo xardín:
¡semellas bolboretiña,
unha dona de postín...!
que voas polo xardín:
¡semellas bolboretiña,
unha dona de postín...!
Manuel María, Os soños na gaiola
Etiquetas:
DÍA DAS LETRAS GALEGAS,
EFEMÉRIDES,
LINGUA GALEGA,
LITERATURA GALEGA,
MAIO DE LETRAS GALEGAS,
SUXESTIÓNS DE LECTURA,
SUXESTIÓNS+9
lunes, 2 de mayo de 2016
Maio de Letras Galegas: Manuel María
Manuel María Fernández Teixeiro, o escritor homenaxeado este ano no Día das Letras Galegas, naceu en Outeiro de Rei o 6 de outubro de 1929 e faleceu na Coruña o 8 de setembro de 2004. Ao longo deste mes de maio queremos lembralo con textos da súa autoría e enlaces aos numerosos recursos que podedes atopar en Internet.
- Casa-Museo. Fundación Manuel María.
Esta web ofrécenos numerosos recursos para achegarnos á figura do escritor chairego: biografía, obras, vídeos, audios, unidades didácticas... - Manuel María na Biblioteca Virtual Galega (BVG).
- Manuel María na web da AELG (Asociación de Escritores en Lingua Galega): biografía, obra, fototeca, videoteca e materiais didácticos.
- Primavera das Letras. Espazo da RAG (Real Academia Galega) con numerosos recursos.
- Seminario Galán. Web que nos ofrece recursos, actividades en liña e enlaces sobre as figuras homenaxeadas no Día das Letras Galegas.
- Letras Galegas 2016 na web da Coordinadora Galega de Equipos de Normalización e Dinamización Lingǘística.
- Manuel María. O Portal da Lingua Galega.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)