Centro

Mostrando entradas con la etiqueta LITERATURA INGLESA. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta LITERATURA INGLESA. Mostrar todas las entradas

martes, 25 de abril de 2017

Lembramos a Roald Dahl na Semana do Libro

Roald Dahl é un autor moi apreciado por moitos e moitas de vós, por isto decidimos continuar lembrándoo cunha selección de recursos que atoparedes na nosa aula virtual. Agardamos que sexa do voso agrado.


Por certo, as bibliotecas escolares de Galicia levan a cabo moitas actividades nestas datas. Neste enlace atoparedes algunhas delas.

martes, 7 de febrero de 2017

Charles Dickens

Cada fracaso no enseña algo que necesitamos aprender.
Charles Dickens



Un 7 de febreiro de 1812 nacía en Portsmouth (Inglaterra) o escritor Charles Dickens. Atopamos en Europa Press 20 frases do autor de obras coma Oliver Twist, David Copperfield ou Tempos difíciles.
Para saber máis:
Charles Dickens


viernes, 13 de enero de 2017

A illa do tesouro

Terras Altas de Escocia, verán de 1881... A familia de Robert Louis Stevenson entrentense naquel húmido verán escribindo unha historia colectiva, pasando o manuscrito duns a outros... Lloyd Osbourne, fillastro do escritor escocés de 12 anos decide debuxar un barco afundido cerca dunha illa... Entón xorde o xermolo do que se convertirá nunha das máis populares novelas nunca escritas. Deixemos que nolo conte Lloyd:

..con mi nueva caja de acuarelas intenté hacer un mapa de la isla que había dibujado. Stevenson entró cuando yo lo terminaba y mostrando ese amable interés por todo que yo hacía, se apoyó sobre mi hombro, y pronto se puso a construir el mapa y darle un nombre. ¡Nunca olvidaré la emoción al ver la Isla del Esqueleto, la Colina del Catalejo, ni la emoción que sentó en mi corazón con las tres Cruces Rojas! ¡Pero la emoción fue aún mayor cuando escribió las palabras "La isla del tesoro" en la esquina superior derecha! No tardó en demostrar grandes conocimientos sobre la isla y sus habitantes —los piratas, el tesoro enterrado, o el hombre que había sido abandonado en la isla. "Oh, es como para hacer una historia sobre ello", exclamó. "Sí, que cuente quién enterró el tesoro, o por qué se llama la Isla del Esqueleto", respondí en un paraíso de encanto...



Si, así foi coma naceu A illa do tesouro... A novela dos piratas. Porque si, xa o sabemos, novelas de piratas hai moitas... Pero coma esta moi poucas, por non dicir ningunha... E que será iso tan especial que ten? A ver: un mapa do tesouro, un cofre, piratas cun loro no ombreiro... E por riba de todo personaxes redondos, ese concepto que ás veces nos costa entender e que poderiamos exemplificar con John Long Silver.


Así que xa sabes, somérxete nas súas páxinas e acompaña a Jim na Hispaniola, o barco que o leva a el e ao resto da tripulación a unha illa na que se esconde un tesouro. Creme, non te has de arrepentir se acompañas a Jim na súa busca e, quizais, tamén na de si mesmo... Porque esta non deixa de ser unha
Bilndungsroman, ou sexa unha novela de autoformación ou autoaprendizaxe. 

Squire Trelawney, Dr. Livesey, and the rest of these gentlemen having asked me to write down the whole particulars about Treasure Island, from the beginning to the end, keeping nothing back but the bearings of the island, and that only because there is still treasure not yet lifted, I take up my pen in the year of grace 17—, and go back to the time when my father kept the "Admiral Benbow" inn, and the brown old seaman, with the sabre cut, first took up his lodging under our roof.
I remember him as if it were yesterday, as he came plodding to the inn door, his sea-chest following behind him in a hand-barrow; a tall, strong, heavy, nut-brown man; his tarry pigtail falling over the shoulders of his soiled blue coat; his hands ragged and scarred, with black, broken nails; and the sabre cut across one cheek, a dirty, livid white. I remember him looking round the cove and whistling to himself as he did so, and then breaking out in that old sea-song that he sang so often afterwards:—


"Fifteen men on the dead man's chest—
 Yo-ho-ho, and a bottle of rum!"


Robert Louis Stevenson, Treasure Island

lunes, 10 de octubre de 2016

Jane Austen

Los trocitos de marfil (de dos pulgadas de ancho) en los que trabajo con un diminuto pincel
Carta de Jane Austen ao seu sobriño James Edward 


Austen, unha das grandes escritoras inglesas de todas as épocas, naceu na rectoría de Steventon (Hampshire) en 1775. En 1811 publicou, de forma anónima, a súa primeira novela, Sentido e sensiblidade. Nesta xa se aprecian algunhas das características fundamentais da súa obra narrativa: habilidade na descrición psicolóxica dos personaxes e do seu ambiente social, escasa importancia da intriga, ironía...


Dende entón ata a súa morte, en 1817, publicou seis novelas máis: Orgullo y prejuicio, Mansfield Park, Emma, La abadía de Northanger e Persuasión.

Para saber máis:

viernes, 29 de abril de 2016

IV Centenario do falecemento de Shakespeare

 "El necio piensa que es discreto; pero el discreto reconoce que es un necio."
Shakespeare, Como gustéis 
"Estamos hechos de la misma materia que los sueños. Nuestro pequeño mundo está rodeado de sueños"  
Shakespeare, La tempestad 
Mencionamos hai uns días que o físico Carlo Rovelli nacera en Verona e foi, precisamente, nesta cidade onde William Shakespeare ambientou unha das súas máis famosas traxedias: Romeo e Xulieta.

Este ano, como sabedes cúmprense catrocentos anos do falecemento do dramaturgo inglés e tamén de Miguel de Cervantes. E para lembrar esta data celebraranse numerosas actividades. Hoxe ímos mencionar algunhas das relacionadas con Shakespeare, así coma algúns enlaces que vos poden resultar de interese.

Xa para rematar esta entrada, lembrámosvos que unha boa forma de achegarse á obra do dramaturgo inglés son os Contos baseados nos teatro de Shakespeare de Charles e Mary Lamb. 

martes, 5 de abril de 2016

Marzo de poesía... en abril tamén XII: o soneto 116 de Shakespeare...

Sabedores da afección a Jane Austen dalgúns dos membros da nosa comunidade educativa, queremos hoxe lembrarvos que o soneto 116 de Shakespeare é recitado por Marianne Dashwood, interpretada por Kate Winslet, na versión cinematográfica da novela Sentido e sensibilidade dirixida por Ang Lee (1995).


jueves, 31 de marzo de 2016

Marzo de poesía XI: Shakespeare


William Shakespeare, o famoso dramaturgo inglés de cuxa morte se cumpren catrocentos anos, foi un excelente poeta tal e coma amosa nos seus famosos sonetos. Por certo, debes ter en conta que o soneto inglés difire dos nosos, posto que está composto por tres serventesios e un pareado final
Escollemos para hoxe o número 116 na tradución de Ramón Gutiérrez Izquierdo:
Que nunca máis no enlace leal de dúas almas  
admita impedimentos. Non sente amor bastante
quen muda decontado se ve que hai mudanzas,
ou tende a distanciarse de quen está distante.

¡Oh, non! o amor é faro por sempre inalterable,
que observa a tempestade e nunca se intimida,
estrela sempre fixa que guía o barco errante,
da que o valor se ignora por alto que se mida.

Co amor non xoga o tempo, aínda que as fazulas
e labios mozos segue a fouce máis severa;
coas horas e semanas o amor non se demuda,
pois ata a fin dos días resiste e persevera.

Se a min poden probarme que nisto ando errado,
eu nada levo escrito, ninguén nunca foi amado.

 William Shakespeare

miércoles, 16 de septiembre de 2015

miércoles, 1 de julio de 2015

Ata logo

Pois si, un ata logo é o que temos que dar polo momento, igual que o pasado martes xa llelo demos ao alumnado de 4º de ESO que nos deixa para continuar cos seus estudos noutros centros. 
Queremos despedirnos cunhas estrofas dun fermoso e famoso poema do poeta romántico inglés William Wordsworth, titulado "Insinuaciones de inmortalidad por recuerdos de la tempraña niñez" na traducción de José María Valverde no libro Poetas románticos ingleses.
 
X



Así, pues, cantad, Pájaros, ¡cantad un canto alegre!
¡Y salten los borregos
como al son del tambor!
En nuestros pensamientos iremos agolpados
con vosotros, flautistas, vosotros que jugáis,
los que sentís en vuestro corazón
la alegría de mayo.
Aunque el fulgor que fue tan claro en otro tiempo
se quiete para siempre de mi vista,
aunque nada me pueda devolver esas horas
de esplendor en la hierba, de gloria entre flores,
no me voy a afligir, sino más bien a hallar
fuerza en lo que atrás queda:
en esa simpatía primigenia
que, habiendo sido, debe siempre ser;
en los suavizadores pensamientos que brotan
del sufrimiento humano;
en la fe que contempla a través de la muerte,
en los años que traen la mente filosófica.


XI

¡Vosotros, Fuentes, Prados, Colinas, Bosquecillos,
no presagiéis que se separen nunca
nuestro amores! Siento en el corazón, hondo
vuestro poder: tan sólo he perdido un deleite,
el vivir bajo nuestro más habitual dominio.
Al Arroyo que baja, ruidoso, lo amo ahora
más que cuando, ligero como él, me tropezaba;
el fulgor inocente de otro día que nace
me sigue siendo amable;
las nubes que se juntan en torno al sol poniente,
toman su colorido sobrio de una mirada
que ha velado la humana mortalidad: ha habido
otra carrera, y otras palmas se han conquistado.
Gracias al corazón que se hace vivir,
gracias a su ternura, sus gozos, sus temores,
la menor flor me puede ofrecer pensamientos
a veces demasiado hondos para las lágrimas.




E coma nos gusta moito a música tamén, queremos deixarvos unha ben fermosa para o verán, a "Galician Overture" do xa mítico grupo irlandés The Chieftains, intepretada por estes e a Xoven Orquestra de Galicia.





E nós coma sempre agardámosvos onde o mundo se chama biblioteca!