Centro

jueves, 22 de diciembre de 2022

Nadal!

 Un ano máis chegaron decembro, o inverno e o Nadal que agardamos teñan os seus intres para a lectura.

Franz Skarbina, Mercado de Nadal en Berlín (1892)


 

 "Intres" nos que achegarnos a algunhas das lecturas do noso curruncho de Nadal na aula virtual ou das propostas por outras bibliotecas escolares.

 

"Intres" para buscar unha lectura nunha árbore moi especial que xa levades vendo ao longo destes días.

Felices festas e felices lecturas!


martes, 22 de noviembre de 2022

Lecturas en Violeta: 25 N

 O equipo de biblioteca  de EI e EP vén de preparar un boletín coas novidades adquiridas para esta data: Lecturas en Violeta. Novidades ben interesantes que, coma sempre, podedes atopar alí onde o mundo se chama biblioteca.



lunes, 21 de noviembre de 2022

miércoles, 9 de noviembre de 2022

Novembro, Mes da Ciencia en Galego nas Bibliotecas

"A ciencia está chea de momentos épicos coma este. Coñecelos e transmitilos é un deber no que todos, non soamente os que somos científicos, debemos participar."

José Tubio

Un curso máis chegou "Novembro, mes da Ciencia en Galego nas Bibliotecas". Este ano o encargado de elaborar o manifesto é José Tubío.


jueves, 27 de octubre de 2022

Outono de medo

 


O pasado día 24 de outubro conmemorouse o Día das Bibliotecas e mañá será o día no que celebremos o Samaín no noso centro, polo que pensamos que non sería unha mala idea elaborar unha guía de suxestións de lecturas de medo.


 





viernes, 14 de octubre de 2022

martes, 4 de octubre de 2022

A Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional  e Universidades publica o lema e o cartel para as bibliotecas escolares de Galicia de cara a este curso 2022/202: Escribir a biblioteca escolar.  

 


 

lunes, 26 de septiembre de 2022

E- LBE.2 Lectura dixital para as bibliotecas escolares

Moitos e moitas xa sabedes que desde o curso pasado podemos acceder á plataforma de lectura dixital para as bibliotecas escolares: E- LBE.2. Pois ben, vimos de atopar no blogue O Recuncho de Tambo da biblioteca e o EDLG do CEIP do Carballal de Marín un vídeo moi didáctico sobre como acceder a estas lecturas dixitais.



viernes, 16 de septiembre de 2022

De volta

 Un curso máis estamos de volta desexando abrir as nosas portas para lembrarvos que a biblioteca é unha ventá ao mundo.


                                     Winslow Homer (1836-1910): The country school



miércoles, 29 de junio de 2022

Feliz verán

Un curso máis despedímonos dexexándovos un feliz verán no que non falte un oco para os libros.

 Monet: Xardín en Vétheuil


viernes, 17 de junio de 2022

Un verán de libros

 O mes de xuño chegou e con el a fin de curso e a xa tradicional guía de suxestións de lectura. 

 



 

Felices lecturas de verán!

viernes, 3 de junio de 2022

Catálogo LIX da OEPLI

 Unha vintena de libros en galego aparecen no catálogo publicado pola OEPLI (Organización Española para o Libro Infantil e Xuvenil) segundo vimos de coñecer na web culturagalega.

 


 

miércoles, 18 de mayo de 2022

Onde converxen os espazos

 O alumnado de 2º de ESO construíu uns interesantes xogos de pulsos que podedes atopar expostos na nosa sala de secundaria. Biblioteca e obradoiro de tecnoloxía converxen e temos unha bibliotecno, unha tecnobiblio ou simplemente unha ventá ao mundo na súa diversidade científica e humanística... Espazos creativos múltiples.



jueves, 12 de mayo de 2022

Día das Letras Galegas: Florencio Delgado Gurriarán

 Achégase o Día das Letras Galegas que, como sabedes, está dedicado a Florencio Delgado Gurriarán. Unha data especial para a que preparamos unha marcapáxinas coma agasallo grazas a colaboración do profesor de Plástica. 



Non podiamos esquecer os libros do autor homenaxeado nin algúns dos que este ano se prepararon para achegarnos a súa vida e obra.


E tampouco a xa tradicional recompilación de recursos sobre esta data que atoparedes na nosa aula virtual.

Feliz Día das Letras Galegas!

martes, 3 de mayo de 2022

Semana do libro

 

  "Velaí o libro: unha faísca da memoria do mundo" 
Xosé Ballesteros

Corros de lectura, murais, exposición de novidades... Este ano a semana do libro foi a ocasión para numerosas actividades, algunhas das cales coincidiron coa celebración dos Maio organizada polo EDLG o pasado venres.

Preme no seguinte enlace para coñecer máis actividades desta semana. E nestoutro atoparás as actividades das bibliotecas escolares de Galicia para estas datas.


miércoles, 27 de abril de 2022

Aí vén o Maio



Chega o mes de maio e con el os "maios", coma o que anda a preparar o noso EDLG. Unímonos a esa conmemoración lembrando un poema de Florencio Delgado Gurriarán sobre esta festa tradicional:

Aí vén o Maio pola porta do valado


aí vén o maio co seu traxiño branco.

(O Maio garrido, para saudar o vran,

pon luvas  de etiqueta con flores de San Xoán.

F. Delgado Gurriarán, Bebedeira

Poemas para os Maios de 2º B

viernes, 22 de abril de 2022

De plantas e de flores

 O vindeiro domingo celébrase un evento especial: A feira da plantación. Así que, decidimos elaborar unha pequena guía de suxestións sobre plantas e flores... Agardamos que vos guste.




miércoles, 6 de abril de 2022

Día Internacional do Libro Infantil

 O pasado 2 de abril conmemorouse o Día do Libro Infantil. A sección patrocinadora deste ano é Canadá que difunde a mensaxe de Richard Van Camp e o cartel de Julie Flett


 

 Preme no seguinte enlace para coñecer a mensaxe e o cartel.

viernes, 11 de febrero de 2022

Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia

 Co gallo desta data vimos de publicar unha sección na aula virtual na que atoparedes  unha recompilación de recursos e unha mostra dos traballos realizados arredor da figura que escollemos este curso no noso centro: Isabel Zendal.

  • Preme aquí para acceder á sección.

miércoles, 9 de febrero de 2022

Candeloria


O pasado 2 de febreiro foi o día da Candeloria, unha festa da cultura popular con ampla presenza no refraneiro coma xa observastes coa actividade organizada polo EDLG. Unímonos a esta conmemoración cun fermoso poema de Lois Amado Carballo:

 


A CANDELORIA

   Na catedral do abrente
hoxe cásans'os paxaros,
con nubens de neve e ouro
está o ceo galanado.

   Ficou o día ancorado
na ría donda do ceo.
Os roibens soben no lonxe
como rosarios d'encenso.

   O xantar do casamento,
roibo, na palma da man
das eiras madrugadoras
xa está arranxado no val.

   Vai tocando pol-o campo
a sua zanfona o rego
e canta o vento nas farpas
sonorosas dos piñeiros.

   O campo as montanas ruzas
envolve en capa pluvial
co hisopo do sol mollado
dalles a beizón nupcial.

   Do casebre nugallán
soben os vivas dos galos
e na festa d'esta noite
estrena un luar o campo. 

Lois Amado Carballo, Proel

 

viernes, 28 de enero de 2022

Día da Paz

 O vindeiro 30 de xaneiro conmemoramos o Día da Paz. Podedes atopar na nosa aula virtual unha selección de recursos así coma as actividades que vimos realizando ao longo destes cursos.


 


lunes, 24 de enero de 2022

lunes, 17 de enero de 2022