Un fito da medicina convertido en adictiva novela xuvenil de aventuras que combina varias tramas con gran eficacia.
Canal Lector
Corre o ano 1803 e os nenos do hospicio da Coruña reciben unha visita que cambiará a súa vida: o doutor Balmis. María Solar novela a Real Expedición Filantrópica da Vacina dirixida polo alacantino Francisco Javier de Balmis y Berenguer. Por certo, esta expedición foi tamén levada á pantalla da man de Miguel Bardem nunha produción para televisión.
Para saber máis sobre a novela:
- Os nenos da varíola na web de María Solar.
- Entrevista no programa A Revista da TVG.
- Reseña no blogue Trafegando Ronseis.
- "La odisea del doctor Balmis" en El País.
- "Los 22 ángeles de la Expedición Balmis" en La Voz de Galicia.
Deixámosvos un vídeo da serie Historias de Galicia da TVG na que se nos lembra ao doutor betanceiro Posse Roibanes, o home que trouxo a primeira vacina a Galicia e que colaborou con Balmis na preparación da expedición.