Centro

miércoles, 30 de septiembre de 2015

Sonetos II: Xoán Manuel Pintos Villar

Xoán Manuel Pintos naceu no Burgo (Pontevedra) en 1811 e finou en Vigo en 1876. Pintos, quen foi un dos precursores do Rexurdimento, publicou en 1853 A gaita gallega tocada polo gaiteiro, libro trilingüe (latín, castelán e galego) cuxo principal obxectivo era achegar a lingua galega aos seus lectores. Eliximos para esta entrada un soneto-acróstico da súa autoría.

Queira Dios que esta gaita ben tocada
Un recordo lle valla ó bon gaiteiro,
E que millenta mais unda o primeiro
Veñan tocar tamén a Galicia amada.

Inda premita Dios que sea soada
Voando muy vistoso o meu prumeiro
Arrolando cos chios do punteiro
Garrido se mostrando coa alborada.

Avante vaia en tod'as romerias
Levada polas vilas e arredores.
Inda sea a maestra das folías.
Calada nunca estea. E de primores
Inzando os sons preñados, e alegrías,
A busquen homes legos e doutores.

 
Xoán Manuel Pintos, A gaita gallega

E por certo, se non sabedes o que é un acróstico, aquí atoparedes máis información.

martes, 29 de septiembre de 2015

Sonetos I: Lope de Vega

Ao reler os sonetos de Quevedo veunos á cabeza dedicarlle unhas poucas entradas no noso blogue a este tipo de composición poética. Empezamos cun soneto sobre coma escribir un soneto: "Soneto de repente" de Lope de Vega:


Un soneto me manda hacer Violante;
en mi vida me he visto en tal aprieto,
catorce versos dicen que es soneto,
burla burlando van los tres delante. 
 
Yo pensé que no hallara consonante
y estoy a la mitad de otro cuarteto;
mas si me veo en el primer terceto,
no hay cosa en los cuartetos que me espante. 


Por el primer terceto voy entrando,
y aún parece que entré con pie derecho,
pues fin con este verso le voy dando. 


Ya estoy en el segundo, y aún sospecho
que estoy los trece versos acabando:

contad si son catorce, y está hecho.


Lope, xenial sonetista, atreveuse tamén a definir o amor nunha destas composicións poéticas. Preme aquí se queres lelo.

martes, 22 de septiembre de 2015

Lembrando a: Francisco de Quevedo

O pasado 8 de setembro cumpríronse 370 anos do falecemento en Villanueva de los Infantes (Ciudad Real) de Francisco de Quevedo.
Resumir en breves palabras a obra de Francisco Gómez de Quevedo Villegas y Santibáñez Cevallos é tarefa ben difícil, porque non só cultivou numerosos xéneros senón que sempre o fixo cunha singular mestría e xerando moita controversia. Hai tantos Quevedos...



viernes, 18 de septiembre de 2015

Suxestións de lectura: Bienvenidos a la cocina

Bienvenidos a la cocina é un libro de 114 receitas de cociña e tamén de trucos para compartir e de interesantes curiosidades para aprender. Se queres aprender a cociñar raviolis de salmón con salsa de porros ou unha hamburguesa de polo con maionesa de pemento este é o teu libro.
Por certo, a súa autora é Inés Ortega, filla de Simone Ortega (autora de 1080 recetas de cocina, un dos libros máis vendidos en España dende a súa publicación en 1972) e neta do filósofo José Ortega y Gasset.

jueves, 17 de septiembre de 2015

Suxestións de lectura: A neve interminable

Agustín Fernández Paz publicou recentemente unha novela titulada A neve interminable na colección Fóra de Xogo da editorial Xerais. Unha novela, ambientada na Fonsagrada, na que se advirte a pegada de Ánxel Fole, especialmente na estrutura narrativa que nos lembra  Á lus do candil (1953) e Terra brava (1955). Así que, xa sabes, se queres pasalo de medo con medo... abre a novela e somérxete cos protagonistas no ambiente misterioso dun hotel de montaña mentres a neve non deixa de caer.

Reseñas:

miércoles, 16 de septiembre de 2015

martes, 15 de septiembre de 2015

Benvida

Benvidos todas e todos a este novo curso no que dende a biblioteca vos propoñemos iniciar unha viaxe exploratoria polo saber, seguindo o lema do  cartel, deseñado por Fran Bueno, da campaña anual de bibliotecas escolares da  Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria: "Biblioteca escolar, base de exploracións".

 

Xa sabedes: agardámosvos onde o mundo se chama biblioteca!