Centro

viernes, 28 de febrero de 2014

Tempo de Entroido


Chega o entroido, antroido ou carnaval e case sen decatarnos xa estamos abandonando o inverno e entrando na primavera. Pero, non queremos escribir sobre a próxima primavera, senón sobre esa época do ano na que as orellas, as filloas, os cocidos (coa cachucha do porco, os grelos e os chourizos) se fan donos das nosas mesas e os disfraces son o eixo da nosa vestimenta: o entroido, antroido ou carnaval.
Entroido ou antroido derivan do latín introitus” que significa entrada, posto que o entroido sinalaba o inicio da Coresma. Por outra banda, a palabra carnaval procede, segundo explica Joan Corominas no seu Breve diccionario etimológico de la lengua castellana (dicionario cuxo uso nunca nos cansaremos de recomendar) da palabra italiana carnevale e esta de carnelevale, alteración de carnelevare, palabra composta de carne e levare 'quitar'. Ou sexa, que a orixe de carnaval sería unha expresión que significaba “quitar a carne”, unha alusión ao comezo do xexún da Coresma. Esta palabra comezou a ser de uso común en castelán, segundo o mesmo autor a partir do século XVII, xa que ata aquela época a palabra utilizada era carnestolendas, que provén do latín carnes tollendas cuxo significado era 'carne que se deixa´ e aludía, polo tanto, tamén ao comezo da Coresma. Por certo Las carnestolendas é o nome dun entremés de Pedro Calderón de la Barca no que un dos personaxes afirma: “Oh, loco tiempo de las Carnestolendas...”
Mais, imos ao conto, coma se di coloquialmente, recomendándovos unha serie de libros sobre estas datas. Empezamos cunha breve introdución ao entroido que atoparedes no libro As festas rituais de Galicia (Edicións Lóstrego). Continuamos con outro libro breve, O entroido galego de Federico Cocho (Edicións A Nosa Terra) e rematamos cunha novela, para 3º e 4º  de ESO, de Ánxela Gracián titulada Eu tamén fun peliqueiro de Laza (Everest). Rematar, rematar, non... porque non podemos esquecer a receita das saborosas orellas, un dos doces máis típicos desta época, que nos ofrece Agustín Fernández Paz no seu libro O rastro que deixamos.
En calquera caso, se desexas saber máis sobre estas festas, poderás atopar máis información neste enlace e nestoutro.

Orixe da foto: http://gl.wikipedia.org/wiki/Ficheiro:Cigarron_1_verin_jpereira.jpg

miércoles, 26 de febrero de 2014

martes, 25 de febrero de 2014

Máis actividades do Día de Rosalía: visita de Ana Hermida

Ana Hermida visitounos para homenaxear a Rosalía co seu espectáculo "Tecín soia a miña tea" no que dramatiza diversos poemas de Rosalía. A Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG) fíxose eco da súa visita na que nos fixo chegar á Rosalía reivindicativa, pero tamén nos amosou unha Rosalía máis inédita, a Rosalía máis divertida.

lunes, 24 de febrero de 2014

Día de Rosalía

Este ano queremos celebrar o Día de Rosalía lembrando Follas novas. Se desexas ver en que consiste a nosa homenaxe preme aquí. Por outra banda, no sitio temático das Bibliotecas Escolares atoparás as interesantes actividades que se desenvolveron e se desenvolven para conmemorar esta data.
No blogue "Son de poetas" podes atopar versións musicadas dalgúns dos poemas máis coñecidos de Rosalía: "Adios ríos, adios fontes", "Maio longo", "Negra sombra", Alborada, etc.

viernes, 21 de febrero de 2014

Día Internacional da Lingua Materna

O Día Internacional da Lingua Materna, que foi establecido pola UNESCO en 1999, celébrase anualmente o 21 de xaneiro. Este ano o tema central elixido para conmemorar esta data é o seguinte: "As linguas locais e a transmisión do coñecemento científico".
A directora da UNESCO, Irina Bokova, vén de facer pública unha mensaxe con motivo desta celebración na que afirma:
" A protección e a promoción das linguas maternas son esenciais para a cidadanía mundial e para lograr un auténtico entendemento mutuo. Entender e falar varias linguas facilita a comprensión da riqueza de interaccións culturais do noso mundo. O recoñecemento das linguas locais permítelle a un maior número de persoas facer oír a súa voz e participar activamente no destino colectivo. Por iso é polo que a UNESCO fai todo o posible por contribuír á coexistencia harmoniosa das 7.000 linguas que se falan no mundo."


Parabéns aos premiados no Concurso Galego de Robótica

Como todos xa sabedes, tres alumnos do noso centro veñen de resultar gañadores na sexta edición do Concurso Galego de Robótica organizado pola Institución Galega de Ciencia (Igaciencia) coa colaboración da Fundación Barrié de la Maza.
Moitos parabéns!

miércoles, 19 de febrero de 2014

A lus do mundo

Hoxe celébrase o centenario do nacemento do poeta Xosé María Díaz Castro a quen, como todos xa sabedes, se lle dedica este ano o Día das Letras Galegas. A biblioteca do IES Díaz Castro de Guitiriz ofrécenos uns moi interesantes materiais para lembrar esta data, entre os que figura o documental A lus do mundo.


martes, 18 de febrero de 2014

Tendal da poesía VII

Rematamos esta selección de poemas de amor cun fermoso poema do ensaísta, filólogo, pensador e escritor Agustín García Calvo.

Libre te quiero
como arroyo que brinca
de peña en peña,
pero no mía.

Grande te quiero
como monte preñado
de primavera,
pero no mía.

Buena te quiero
como pan que no sabe
su masa buena,
pero no mía.

Alta te quiero
como chopo que al cielo
se despereza,
se despereza,
pero no mía.

Blanca te quiero
como flor de azahares
sobre la tierra,
pero no mía.

Pero no mía
ni de Dios ni de nadie
ni tuya siquiera.
O poema, que foi musicado por Amancio Prada, pode entenderse como unha declaración dedicada á amada, pero tamén á sabedoría ou á filosofía. Esa plurisignificación é unha das características da boa literatura, daquela que acabamos por chamar clásica.

lunes, 17 de febrero de 2014

Tendal da Poesía VI: Inés de Castro

As bibliotecas escolares galegas celebraron esta data con interesantes actividades que podes coñecer aquí. Por certo, no CEIP da Gándara lembraron a Inés de Castro, á quen lle dedicamos a nosa anterior entrada. Se visitas o seu blogue atoparás numerosos enlaces de interese sobre esta figura que camiña entre a historia e a lenda.

Tendal da Poesía V: Camões

A tráxica historia da nobre galega Inés de Castro inspirou numerosas obras literarias. O grande poeta portugués Luís de Camões, conta a súa historia, nos Lusíadas, concretamente no canto III. Hoxe, 442 anos despois da publicación desta obra clásica da literatura portuguesa, aínda nos seguen a conmover os versos que lle dedicou:
Tu só, tu, puro Amor, com força crua,
Que os corações humanos tanto obriga,
Deste causa à molesta morte sua,
Como se fora pérfida inimiga.
Se dizem, fero Amor, que a sede tua
Nem com lágrimas tristes se mitiga,
É porque queres, áspero e tirano,
Tuas aras banhar em sangue humano.

Estavas, linda Inês, posta em sossego,
De teus anos colhendo doce fruto,
Naquele engano da alma, ledo e cego,
Que a fortuna não deixa durar muito,
Nos saudosos campos do Mondego,
De teus fermosos olhos nunca enxuto,
Aos montes ensinando e às ervinhas
O nome que no peito escrito tinhas.

Estas dúas estrofas dos Lusíadas foron musicadas polo grupo Milladoiro no seu disco "Quinta das lágrimas" (nome por certo da finca real onde Inés e Pedro se reunían). Nesta versión aparece, tamén, unha moi coñecida estrofa do canto I:
No mar tanta tormenta e tanto dano,
tantas vezes a morte apercebida!
Na terra tanta guerra, tanto engano,
tanta necessidade aborrecida!
Onde pode acolher-se um fraco humano,
onde terá segura a curta vida,
que não se arme e se indigne o Céu sereno
contra um bicho da terra tão pequeno?

jueves, 13 de febrero de 2014

Tendal da Poesía IV

Hoxe queremos dedicar esta entrada a un soneto considerado polo poeta e filólogo Dámaso Alonso "probablemente el mejor de la literatura española": "Amor constante más allá de la muerte" de Francisco de Quevedo.

Cerrar podrá mis ojos la postrera
sombra que me llevare el blanco día,
y podrá desatar esta alma mía
hora a su afán ansioso lisonjera;

mas no, de esotra parte en la ribera,
dejará la memoria en donde ardía:
nadar sabe mi llama la agua fría
y perder el respeto a ley severa.

Alma a quien todo un dios prisión ha sido,
venas que humor a tanto fuego han dado,
medulas que han gloriosamente ardido,

su cuerpo dejará, no su cuidado,
serán ceniza, más tendrá sentido,
polvo serán, mas polvo enamorado.
Francisco de Quevedo

miércoles, 12 de febrero de 2014

Lembrando a Cortázar

Hai trinta anos falecía en París o escritor arxentino Julio Cortázar. Cortázar, un dos máis grandes escritores latinoamericanos do século XX, tería cumprido 100 anos o vindeiro 26 de agosto, polo que este ano tamén se conmemora o centenario do seu nacemento.
Hai xa uns anos dedicámoslle na sección da biblioteca da nosa antiga web unha pequena entrada que podes atopar aquí. Se queres coñecer as "Instrucciones para subir una escalera", só tes que premer neste enlace. Se despois de lelas che quedaron ganas de saber como viaxan os Cronopios, os Famas e as Esperanzas, preme nestoutro e escoitaralo na voz do propio Cortázar.

Créditos da foto:
 http://es.wikipedia.org/wiki/Archivo:Cortazar2.jpg

Tendal da Poesía III: Luís Amado Carballo

Luís Amado Carballo naceu en Pontevedra en 1901 e morreu nesta mesma cidade en 1927. En 1982 dedicóuselle o Día das Letras Galegas. Ao seu libro Proel, publicado en 1927, pertence este fermoso poema titulado "Madrigal a Marucha":



Cando o día anda a morrer
encol do mar amarelo
e furan os seus salayos
a verde seda do vento...

   Asomareime aos teus ollos
para ollar o craro ceo.

   Os teus ollos namorantes
que gardan a Lua dentro
na lágoa da miña alma
espallarán un luar tépedo.

   O meu corazón a festa
repinicara algareiro.

   Aos teus beizos frorecidos,
pombal de verbas amantes,
fan romaxe os meus amores
silandeiros e arelantes.

   Na fonte da tua boca
bebín as miñas saudades.

   No abrente da tua alma
o paxaro milagreiro
da miña ilusión vagante
aniñara no teu peito.

   No limiar da tua alma
durmirase un bico tenro.

   Recendentes caraveles
no serán da tua faciana
incensan as soedades
qu'en min deixara a lembranza.

   Na cor das tuas meixelas
queimouse a miña añoranza.

   Nas tuas mans pensativas
—santa almohada dos meus soños.—
o meu espíritu neno
acóchase con arrolo. 

   Os nardos das tuas mans
tecen meu lírico ensono. 

   O teu sonrimento neva
docemente no meu peito,
orballando craridades
con maino e levian concento. 

   Do fondo da miña vida
benzoache o meu silenzo. 

   A tua voz ateigada
de dourados agarimos,
pendura nas miñas mágoas
un resprandor cristaiño. 

   No salgueiro da voz tua,
frorece o meu dor amigo.   
Lois Amado Carballo

 

Tendal da Poesía II: "No niño novo do vento" de Cunqueiro

O noso poema de hoxe, "No niño novo do vento", pertence ao poemario Cantiga nova que se chama riveira do escritor mindoniense Álvaro Cunqueiro. O poema, musicado por Luís Emilio Batallán nos anos 70, forma parte da banda sonora da película Pradolongo

No niño novo do vento
hai unha pomba dourada,
meu amigo!
Quén poidera namorala!

Canta ao luar e ao mencer
en frauta de verde olivo.
Quén poidera namorala,
meu amigo!

Ten áers de frol recente,
cousas de recén casada,
meu amigo!
Quén poidera namorala!

Tamén ten sombra de sombra
e andar primeiro de río.
Quén poidera namorala,
meu amigo!
Álvaro Cunqueiro

No blogue "Son de poetas" podes escoitar diversas versións musicais deste poema.

martes, 11 de febrero de 2014

Tendal da Poesía I

Como todos os febreiros, temos xa preparado o noso Tendal da Poesía para que colguedes nel os vosos poemas de amor preferidos e, mesmo, os compostos por vós. Trátase dunha actividade, como sabedes, dirixida ao alumnado de secundaria coa que pretendemos achegarvos á poesía e animarvos a escribila. Así que,  ao longo desta semana iremos lembrando algúns famosos poemas cuxo tema principal é o amor. Se onte lembramos o poema de Martín Códax no cal unha moza lle preguntaba ás ondas do mar de Vigo polo seu amado, hoxe escollemos este máis que famoso soneto de Lope de Vega, que aquí podedes escoitar recitado.
Desmayarse, atreverse, estar furioso,
áspero, tierno, liberal, esquivo,
alentado, mortal, difunto, vivo,
leal, traidor, cobarde y animoso;

no hallar fuera del bien centro y reposo,
mostrarse alegre, triste, humilde, altivo,
enojado, valiente, fugitivo,
satisfecho, ofendido, receloso;

huir el rostro al claro desengaño,
beber veneno por licor süave,
olvidar el provecho, amar el daño;

creer que un cielo en un infierno cabe,
dar la vida y el alma a un desengaño;
esto es amor, quien lo probó lo sabe.

lunes, 10 de febrero de 2014

Cen anos de Pergamiño Vindel

A web da RAG lémbranos que neste mes de febreiro se cumpren cen anos dun achado fundamental na historia da lírica galego-portuguesa medieval: o Pergamiño Vindel. 
O Pergamiño Vindel, de finais do século XIII ou principios do XIV, foi descoberto por casualidade polo libreiro madrileño Pedro Vindel,  quen se decatou de que era a garda interior dun exemplar do libro De officiis de Cicerón. A práctica de utilizar pergameos medievais para encadernar libros posteriores era moi frecuente e ben coñecida por Vindel, como nos lembran na web da RAG.
O pergamiño contén as sete cantigas de Martin Codax, o coñecido xograr cantor da ría de Vigo, que probablemente foron compostas a mediados do século XIII. Estas xa eran coñecidas por conservarse noutros cancioneiros, non obstante a grande importancia do achado de Vindel vén dada por conter a notación musical de seis delas. 
Hoxe, o pergameo atópase na Biblioteca Pierpont Morgan de Nova York. Esta biblioteca, na actualidade coñecida coma Biblioteca e Museo Morgan, foi fundada en 1906 para almacenar a biblioteca de John Pierpont Morgan e atesoura numerosos manuscritos e incunables. Estes días acolle a exposición sobre O principiño de Saint-Exupéry que comentamos nunha entrada deste blogue o pasado martes.
Nesta semana na que inauguramos na entrada do edificio de secundaria "O tendal da poesía", no que pretendemos recoller os vosos poemas de amor preferidos ou ben creacións propias vosas, lembramos unha das cantigas máis famosas de Martin Codax, aquela na cal unha rapariga lle pregunta ás ondas do mar de Vigo polo seu amado. Por certo, no blogue "Son de poetas" podedes escoitar a súa versión musical.
Ondas do mar de Vigo,
se vistes meu amigo?
E ai Deus! se verrá cedo?

Ondas do mar levado,
se vistes meu amado?
E ai Deus! se verrá cedo?

Se vistes meu amigo,
o por que eu sospiro?
E ai Deus! se verrá cedo?

Se vistes meu amado,
por que hei gran coidado?
E ai Deus! se verrá cedo?
E se queredes saber algo máis sobre o achado de Vindel, recomendámosvos tamén un artigo de opinión publicado por Manuel Bragado o pasado 21 de xaneiro en El Faro de Vigo e a lembranza deste achado realizada pola TVG.


Un interesante vídeo: Orde na sala!

A biblioteca do IES A Xunqueira II realizou un interesante e ameno vídeo, titulado "Orde na sala!", para a formación de usuarios. 
Parabéns por tan útil e entretida iniciativa.

martes, 4 de febrero de 2014

O Principiño de Saint Exupéry

Sempre hai algo novo que comentar sobre este libro inesquecible de Saint-Exupéry, como a interesante nova que vimos de ler na web da BBC sobre a inauguración en Nova York dunha exposición na que se recollen as primeiras versións dos debuxos, os manuscritos orixinais... Todo aquilo que rodeou o proceso creativo desta xoia da literatura mundial.


lunes, 3 de febrero de 2014

Día Escolar da Non Violencia e da Paz

Na nosa web podes atopar as actividades realizadas pola biblioteca para o alumnado de EI, EP e ESO co gallo do Día da Paz. Así mesmo no sitio web das bibliotecas escolares atoparás numerosas actividades realizadas noutros centros.