Hoxe traemos ao blogue un poema de Mª Victoria Moreno, autora homenaxeada no Día das Letras Galegas deste ano:
limiar
Se
eu achase a palabra
donda,
escintilante,
tan
lene coma o peito da andoriña,
tan
rexa coma face da vedade...
Se
eu achase a palabra
de
lume, de auga, de aire,
de
terra aloumiñada pola brisa
que
arrola cada tarde...
Se
eu achase a palabra
limpa,
espida, que cabe
no
efémero latexo dun salouco
e
abrangue a eternidade...
Se
eu achase a palabra
de
amor que iluminase
esta
esfera que treme estarrecida
na
sombra e na soidade...
Se
eu achase a palabra
eu
pintaría o planeta
de
paz e liberdade.
Gústame
o cheiro a pan
dos
amenceres,
e
as andoriñas tolas,
e
as luces febles...
Gústame
a vida
cando
se axita en gozo
ó
abri-lo día.
Mª
Victoria Moreno, Elexías de luz