Centro

viernes, 22 de marzo de 2024

Semana da Prensa

 O alumnado de 2º e 3º de ESO realizou un mural con recortes de xornais e novas que lles gustaría ler.


Tamén tivemos unha pequena exposicións de xornais na entrada do edificio de secundaria.



miércoles, 13 de marzo de 2024

Día da Muller: actividades

 O pasado venres conmemoramos o Día da Muller con actividades moi diversas: moitos carteis e  tamén poemas sobre mulleres elaborados polo alumnado de 2º de ESO.

Tarxetas sobre científicas:

Un xogo de programación con Scratch elaborado polo alumnado de 4º de ESO en Tecnoloxía sobre imaxes e explicacións dos estereotipos nos contos tradicionais traballadas  nas clases de Lingua Galega e Literatura.

 

E como colofón un recital de poemas de diferentes escritoras e pezas musicais levado a cabo polo alumnado de ESO para todo o centro. Esta actividade foi coordinada polo equipo de biblioteca en colaboración cos departamentos de Música, Lingua Castelá e Lingua Galega.

 


lunes, 4 de marzo de 2024

Día de Rosalía




 

Un ano máis a biblioteca do centro tivo unha activa participación no Día de Rosalía. O equipo de infantil e primaria montou o recuncho cos seus libros. Mentres que o alumnado participante no proxecto Biblioteca Creativa realizou collages sobre os versos de Rosalía e descubriron no recuncho creativo curiosidades sobre Rosalía co Blue-bot. 



En Educación Infantil levaron a cabo unha proposta de grafismo creativo de Rosalía; asistiron ao contacontos "Procúrase-Pepa A Loba, organizado pola Biblioteca Municipal e protagonizada por Cristina Collazo; despois deste recibiron  un agasallo moi especial.


 


Tamén o alumnado de 2º, 3ª e 4º de secundaria asistiu a unha actividade organizada pola Biblioteca Municipal: os divertidos contos que narrou Cándido Pazó. Ademais léronse poemas de Rosalía nas diversas aulas e na biblioteca.