Centro

viernes, 27 de febrero de 2015

Tendal da poesía VII: Neruda

Neftalí Ricardo Reyes Basoalto, máis coñecido coma Pablo Neruda, é un dos grandes poetas do século XX. Escollemos hoxe un dos seus poemas máis famosos do libro Veinte poemas de amor y una canción desesperada.

PARA que tú me oigas
mis palabras
se adelgazan a veces
como las huellas de las gaviotas en las playas.

Collar, cascabel ebrio
para tus manos suaves como las uvas.

Y las miro lejanas mis palabras.
Más que mías son tuyas.
Van trepando en mi viejo dolor como las yedras.

Ellas trepan así por las paredes húmedas.
Eres tú la culpable de este juego sangriento.

Ellas están huyendo de mi guarida oscura.
Todo lo llenas tú, todo lo llenas.

Antes que tú poblaron la soledad que ocupas,
y están acostumbradas más que tú a mi tristeza.

Ahora quiero que digan lo que quiero decirte
para que tú las oigas como quiero que me oigas.

El viento de la angustia aún las suele arrastrar.
Huracanes de sueños aún a veces las tumban.
Escuchas otras voces en mi voz dolorida.
Llanto de viejas bocas, sangre de viejas súplicas.
Ámame, compañera. No me abandones. Sígueme.
Sígueme, compañera, en esa ola de angustia.

Pero se van tiñendo con tu amor mis palabras.
Todo lo ocupas tú, todo lo ocupas.

Voy haciendo de todas un collar infinito
para tus blancas manos, suaves como las uvas.

Pablo Neruda 

Deixámosvos a versión musical de Carmen Paris e un enlace onde podedes escoitar o poema recitado polo propio Neruda.

jueves, 26 de febrero de 2015

Remate exposición Día da Paz

Como sabedes, durante mes  expuxemos algúns dos nosos fondos relacionados coa paz na sala de secundaria.


Podedes aproveitar até o vindeiro luns para visitala.

Tendal da poesía VI: Xohana Torres

A poeta, narradora e dramaturga Xohana Torres naceu en Santiago de Compostela en 1931, aínda que pasou a súa infancia e mocidade en Ferrol, cidade na que a través de Ricardo Carballo Calero entrou en contacto co mundo do teatro. 

Eliximos un seu poema do libro Tempo de ría no que Penélope, a dona de Ulises, reclama a súa voz:


PENÉLOPE


                   DECLARA o Oráculo:

                                                        "Que a banda do solpor é mar de mortos,
                                                         incerta, última luz, non terás medo.

                                                         Que ramas de loureiro erguen rapazas.
                                                         Que cor malva se decide o acio.

                                                         Que acades desas patrias a vindima.
                                                         Que amaine o vento, beberás o viño.

                                                         Que sereas sen voz a vela embaten.
                                                         Que un sumario de xerfa polos cons".


     Así falou Penélope:


                                                         Existe a maxia e pode ser de todos.
                                                         ¿A que tanto novelo e tanta historia?

                                                         EU TAMEN NAVEGAR"


Xohana Torres

miércoles, 25 de febrero de 2015

Tendal da poesía V: Juana de Ibarbourou

A uruguaia Juana Fernández Morales, máis coñecida como Juana de Ibarbourou e chamada Juana de América, é unha das poetas americanas máis coñecidas pola súa poesía vital e apaixonada. 
Millonarios
 
Tómame de la mano. Vámonos a la lluvia
descalzos y ligeros de ropa, sin paraguas,
con el cabello al viento y el cuerpo a la caricia
oblicua, refrescante y menuda, del agua.

¡Que rían los vecinos! Puesto que somos jóvenes
y los dos nos amamos y nos gusta la lluvia,
vamos a ser felices con el gozo sencillo
de un casal de gorriones que en la vía se arrulla.

Más allá están los campos y el camino de acacias
y la quinta suntuosa de aquel pobre señor
millonario y obeso, que con todos sus oros,

no podría comprarnos ni un gramo del tesoro
inefable y supremo que nos ha dado Dios:
ser flexibles, ser jóvenes, estar llenos de amor.

 Juana de Ibarbourou


O pai da poeta era natural de Lourenzá (Lugo) e ela sempre amosou unha querenza pola terra galega como amosa este poema:
 
Patria de mi padre, luminosa y grande,
Qué profundamente te quiero también.
Me crié soñando con tu maravilla,
No quiero morirme sin verte una vez.
Cuando a ti yo llegue, has de conocerme
Por el gozo trémulo, por la palidez,
Por la emoción honda de risa y de llanto,
Por el canto puro que te llevaré.
Con el niño mío, que también te ama,
¡oh! Galicia mía, hemos de traer,
a la tierra india que amparó a mi padre,
de tu hechizo y tu placidez.
  Juana de Ibarbourou
Por certo, a biblioteca de Lourenzá leva o seu nome.

martes, 24 de febrero de 2015

Día de Rosalía II 2015

Un ano máis conmemoramos o Día de Rosalía e son numerosas as actividades que co gallo desta data van xurdindo.
Déixamosvos un dos vídeos da campaña #EuSonRosalía: María Solar e Rosalía. Por certo, María Solar é a autora de As meigas de Lupa.
 

lunes, 23 de febrero de 2015

Día de Rosalía I 2015

Unímonos á conmemoración do Día de Rosalía cunha selección de poemas relacionados coa meteoroloxía. Como sabedes, o noso centro participa no programa do Plan Proxecta MeteoEscolas e no blogue Meteosansa podedes atopar información sobre as actividades desenvolvidas dentro deste.

Tendal da poesía IV: Curros Enríquez

Outro poeta celanovés ilustre é Manuel Curros Enríquez (Celanova, Ourense 1851- A Habana, 1908), unha das figuras senlleiras do Rexurdimento con Rosalía e Pondal.

Ten a serena o canto




Ten a serena o canto
i a serpe o alento;
o lago ten a onda,
Dios ten o inferno.
Ti tes de abondo
co que tes escondido
neses teus ollos.

O trono dos monarcas,
do sabio os trunfos,
a groria do poeta,
o ouro do mundo:
Dera eso todo
por sólo unha mirada
deses teus ollos.

Buscan os pitorreises
pra faguer niño,
a herba santa que nace
veira dos ríos.
Eu busco sólo
unha mirada meiga
deses teus ollos.

Cando se pon a lúa
tras dos penedos,
choran as estreliñas
todas do ceo.
Tamén eu choro
cando non me alumean
eses teus ollos.
Manuel Curros Enríquez 
En Son de poetas atoparás a versión musical da canción na voz  de María do Ceo.

jueves, 19 de febrero de 2015

Tendal da poesía II: Celso Emilio

Ao igual que o curso pasado, ao longo desta semana e da vindeira iremos incluíndo no blogue poemas, cuxo tema principal é o amor, para animarvos coa vosa actividade creativa. Empezamos cun poema do celanovés Celso Emilio Ferreiro titulado "Eu en ti" que peublicou no libro O soño sulagado.
Se queres saber cales son os poemarios do escritor de Celanova que temos na biblioteca só tes que premer aquí.


Eu en ti

Eu xa te busquei
cando o mundo era unha pedra intaita.
Cando as cousas buscaban os seus nomes,
eu xa te buscaba.

Eu xa te procurei
no comezo dos mares e das chairas.
Cando Dios procuraba compañía
eu xa te procuraba.

Eu xa te chamei
cando soio a voz do vento soaba.
Cando o silenzo chamaba polas verbas,
eu xa te chamaba.

Eu xa te namorei
cando o amor era unha folla branca.
Cando a lúa namoraba as outas cumes,
eu xa te namoraba.

Sempre,
dende a neve dos tempos,
eu, na túa ialma.
Celso Emilio Ferreiro
No blogue Son de poetas podedes escoitar varias versións musicais del.

Tendal da poesía I

Un ano máis está aquí o noso tendal poético, para que colguedes nel os vosos poemas.

martes, 17 de febrero de 2015

Xa está aquí o Entroido VI: "O Antroideiro"

E xa para rematar estas entradas "antroideiras", un vídeo de Paco Nogueiras quen, coma moitos sabedes, publicou Brinca vai, libro-CD-DVD con ilustracións de David Pintor e vídeos de Sr. Sagüillo, que contén divertidas cancións sobre a natureza, os xogos tradicionais, o Entroido, o Nadal, o Magosto e o Samaín...


viernes, 13 de febrero de 2015

Xa está aquí o Entroido V: o carnaval de Binche

En Binche, unha cidade belga, celébrase un curioso carnaval que foi declarado parte do Patrimonio Oral e Intanxible da Humanidade pola UNESCO. A cidade conta cun museo moi peculiar: O museo do Carnaval e as Máscaras. Nacido nun principio para dar a coñecer o carnaval da cidade, hoxe atesoura unha grande colección de máscaras procedentes de diversos lugares do mundo entre as que figura un disfrace do Oso de Salcedo, un dos entroidos máis antigos de Galicia sen dúbida algunha.

Xa está aquí o Entroido IV: os xenerais da Ulla

Os protagonistas do Entroido na comarca da Ulla son os xenerais e os correos que se desprazan a cabalo polas distintas parroquias. Este é un dos carnavais galegos no que máis se observan os elementos parateatrais propios de todas as celebracións deste tipo, pois os seus protagonistas escenifican os chamados  atranques ou altos, que veñen sendo  enfrontamentos dialécticos por parellas cun marcado carácter satírico.

miércoles, 11 de febrero de 2015

Apicultura

Sabemos que sodes moitos e moitas os que estades interesados neste tema, especialmente despois da interesante actividade na que participastes, así que vos presentamos dous libros que podedes atopar na nosa biblioteca: Cómo obtener miel, polen y jalea real y criar abejas e O mel.
Non podemos deixar de lembrarvos as Xeórxicas do poeta latino Virxilio (70 a.C- 19 a.C), poema concibido para louvar a vida rural e o goberno de Augusto ao mesmo tempo que describía as tarefas agrícolas, cuxo último libro está dedicado ás abellas. Deixemos que sexa o propio escritor o que nos presente a obra:

"Voy ¡oh Mecenas! a cantar las mieses,
y a decir en qué meses
el cielo desgarrar nos aconseja
la tierra con la reja,
y uncir la vid al olmo, y qué cuidado
nos merezca el rebaño y el ganado
como también la diligente abeja."


Xa está aquí o Entroido II: os peliqueiros de Laza

E se en Verín temos os cigarróns, en Laza as máscaras do Entroido chámanse peliqueiros.


martes, 10 de febrero de 2015

A outra cara da lúa

A través da BBC coñecemos un vídeo da outra cara da lúa divulgado pola NASA.
Non sabemos o que pensaría Jules Verne, un dos primeiros en soñar con visitar o noso satélite e en escribir unha novela sobre unha viaxe a este que foi publicada por entregas no Journal des débats politiques et littéraires. Referímonos por suposto a Da terra á lúa.

Xa está aquí o Entroido

Si, cada vez está máis cerquiña o Entroido, como nolo lembran na nosa web cos mandados do Meco e o II Concurso de Postres de Entroido. Nós tamén queremos sumarnos a esta celebración recompilando algúns recursos e lembrando libros de interese. Empezamos recomendando un libro que podes atopar na biblioteca, O entroido galego de Federico Cocho e continuamos con estes interesantes enlaces:
Xa para rematar, queremos deixarvos un vídeo protagonizado polos cigarróns, populares máscaras do Entroido de Verín cuxos disfraces poden superar os 17 kg..

lunes, 9 de febrero de 2015

Día da Paz IX: actividades no noso centro

Como podedes ver na nosa web, o alumnado de infantil e primaria celebrou o Día da Paz cunha fermosa actividade: "Palabras pola paz".


Por outra banda, tamén atoparedes nela as fotografías do Recital do Día da Paz.

viernes, 6 de febrero de 2015

Obra dramática baseada en Made in Galiza en Istambul

Atopamos en Rede Lectura a nova da estrea en Istambul dunha obra teatral baseada no libro Made in Galiza de Sechu Sende. A obra é unha adaptación da tradución realizada por Pepa Baamonde e Irfan Guler. 




jueves, 5 de febrero de 2015

Día da Paz VIII: Celso Emilio

Tamén recitamos un poema de Celso Emilio Ferreiro: "Irmaus".

Irmaus
Camiñan ao meu rente moitos homes.
Non os coñezo. Sonme estranos.
Pero ti, que te alcontras alá lonxe,
máis alá dos desertos e dos lagos,
máis alá das sabanas e das illas,
coma un irmáu che falo.
Si é túa a miña noite,
si choran os meus ollos o teu pranto,
si os nosos berros son igoales,
coma un irmau che falo.
Anque as nosas palabras sean distintas,
e ti negro i eu branco,
si temos semellantes as feridas,
coma un irmau che falo.
Por enriba de tódalas fronteiras,
por enriba de muros e valados,
si os nosos soños son igoales,
coma un irmau che falo.
Común temos a patria,
común a loita, ambos.
A miña mau che dou,
coma un irmau che falo.

Celso Emilio Ferreiro, Longa noite de pedra

CelsoEmilio Ferreiro naceu en Celanova en 1912 e faleceu en Vigo en 1979. Está considerado un dos máximos expoñentes da poesía social galega. 
Se queres coñecer as obras do celanovés que temos na biblioteca preme aquí ou nestoutro enlace. E neste enlace poderás lembrar a participación na lectura colectiva do poema "Deitado fronte ao mar" do noso alumnado de Educación Primaria co gallo do centenario do seu nacemento.


miércoles, 4 de febrero de 2015

Día da Paz VII: Miguel Hernández

Un dos autores que escollemos para o noso recitado foi Miguel Hernández.

Tristes guerras

Tristes guerras
si no es amor la empresa.
Tristes, tristes.

Tristes armas
si no son las palabras.
Tristes, tristes.

Tristes hombres
si no mueren de amores.
Tristes, tristes.

Miguel Hernández, Cancionero y romancero de ausencias.


 
Así o lembraba o gran poeta chileno Pablo Neruda:
Recordar a Miguel Hernández que desapareció en la oscuridad y recordarlo a plena luz, es un deber de España, un deber de amor. Pocos poetas tan generosos y luminosos como el muchachón de Orihuela cuya estatua se levantará algún día entre los azahares de su dormida tierra.”
Por certo, o poema dá título a unha novela de Marina Mayoral e o propio Miguel Hernández ten un relevante papel na novela Mala luna de Rosa Huertas, ambas moi recomendables para 3º e 4º de ESO.

martes, 3 de febrero de 2015

Día da Paz VI: marabillosas pombas e Día da Ilustración

Atopamos a traveś do blogue Trafegando ronseis unhas marabillosas pombas da paz e outros recursos de moito interese. E isto lembrounos que o día 30 de xaneiro tamén se celebrou o Día da Ilustración. Deixámosvos o cartel deseñado por Miguelanxo Prado para esta data.

lunes, 2 de febrero de 2015

Camino a la escuela

Atopamos no blogue de Enrédate.org a nova do estreno en España do documental Camino a la escuela, do director francés Pascal Plisson, no que se narra a historia de catro nenos (de Kenia, Arxentina, Marrocos e India) que deben enfrontar numerosas adversidades para asistir á escola. Na web oficial da película atoparás máis información.