Centro

martes, 22 de diciembre de 2015

O Nadal e a literatura VI: Cuentos de Navidad

Unha antoloxía de 38 contos, seleccionados por Marta Salís, na que atoparás relatos dos irmáns Grimm, Hoffmann, Andersen, Dickens, Emilia Pardo Bazán, Paul Auster... Como ves, unha recompilación moi variada!
Con este libro damos por rematada a nosa selección de lecturas relacionadas co Nadal. Se queredes coñecer máis premede nos seguintes enlaces:
Pero, non queremos despedirnos por uns días sen felicitarvos estas festas a todas e todos coa tarxeta gañadora do noso concurso de tarxetas de Nadal, organizado polo EDLG coa colaboración da ANPA. 


Parabéns á gañadora e Bo Nadal!

viernes, 18 de diciembre de 2015

miércoles, 16 de diciembre de 2015

Guías de suxestións de Nadal

Xa están listas as nosas guías de suxestións de lectura para este Nadal. Premede neste enlace se queredes coñecer a de Educación Infantil e Primaria e nestoutro para ver o noso especial sobre a literatura de medo para a ESO.
Felices lecturas! 

O Nadal e a literatura II: Conto de Nadal


Hoxe tócalle a quenda a outro dos grandes clásicos do Nadal: Un conto de Nadal de Charles Dickens. O relato protagonizado polo avaro señor Scrooge é xa un clásico destas datas.

Por outra banda, é unha das obras de Dickens que máis veces foi adaptada ao cine. A última versión foi dirixida por Robert Zemeckis

martes, 15 de diciembre de 2015

O Nadal e a literatura



Agora que xa se aproxima o Nadal queremos recomendar algúns libros e películas relacionados con estas datas. Comezamos cun dos máis emotivos contos escritos sobre esta época do ano: "A vendedora de mistos" de Hans Cristian Andersen. O escritor danés amosa neste relato a sensibilidade e a mestría literaria que o converteron nun clásico da literatura mundial.
Para saber máis:

lunes, 14 de diciembre de 2015

Libros que van chegando: O amor, l'amour de Pepe Carreiro

O amor, l'amour de Pepe Carreiro é o primeiro libro dunha colección, chamada "Algo así debeu pasar",  que pretende achegarnos a acontecementos da historia de Galicia a través de personaxes de ficción.  Neste caso atopámonos cunha divertida historia ambientada na época en que as tropas napoleónicas invadiron Galicia


jueves, 10 de diciembre de 2015

Un novembro de ciencia máis... en decembro tamén XIV: Jane Goodall

O pasado 3 de abril Jane Goodall cumpriu 81 anos. Goodall é unha das primatólogas máis coñecidas nun eido do saber científico no que destacaron, e destacan, numerosas mulleres coma Dian Fossey ou Birute Galdikas.
Por certo, se Diane Fossey serviu de inspiración a unha famosa película  Gorilas en la niebla, en 2010 estreouse o documental El viaje de Jane sobre a vida de Goodall.


Esta é unha interesante entrevista feita horas antes da súa investidura coma Doutora Honoris Causa pola Universidade Nacional de Córdoba (Arxentina).



Xa para rematar deixámosvos unhas suxestións de lectura ben interesantes:

E nós, coma  sempre agardámosvos onde o mundo se chama biblioteca.

lunes, 7 de diciembre de 2015

Novembro de ciencia... en decembro tamén XIII: A expedición Malaspina

E de tanto escribir sobre expedicións, véusenos á cabeza a "Expedición Malaspina" encabezada por Alessandro Malaspina entre 1789 e 1794.


                                                  
Este vídeo está accesible en: 
https://www.youtube.com/watch?v=uq5Wqql9fcA#t=16

viernes, 4 de diciembre de 2015

miércoles, 2 de diciembre de 2015

Neira Vilas: Memorias dun neno labrego

"Eu son Balbino. Un rapaz de aldea. Coma quen dis, un ninguén. E ademais, pobre."

Este é o comezo de Memorias dun neno labrego, a novela máis coñecida de Neira Vilas. A través de Balbino, o narrador-protagonista, sabemos da difícil vida dun neno galego de aldea durante a posguerra, pero tamén dos seus soños e esperanzas.
Unha novela moi lida, como amosan os máis de 600.000 exemplares vendidos, que foi traducida a numerosas linguas.


                                                
VÍdeo atopado en: https://www.youtube.com/watch?v=D3iHudyrzXk

martes, 1 de diciembre de 2015

Neira Vilas: sempre no corazón, sempre en Galicia

A pasada fin de semana atopámonos coa nova do pasamento de Xosé Neira Vilas e, malia que se nos fai difícil afacernos a súa ausencia, sentiamos que tiñamos que escribir unha lembraza del.
E é tan difícil empezar! Porque Xosé Neira Vilas foi non só un bo escritor, senón tamén un home ben cordial e xeneroso, coma puidemos constatar hai dous anos no noso centro, grazas á Biblioteca Pública Municipal.
Queremos recordar a Pepe de Gres, pero tamén á súa compañeira Anisia Miranda a quen el sempre lembraba. E unha vez máis, temos que recorrer ás palabras de Manuel Rivas, quen escribiu un emotivo artigo sobre Neira Vilas e Xosé Chao Rego, tamén falecido esta fin de semana:

Si, Neira e Chao medraron aí, nesa escola onde se aprende a ver con ollos libres, a ceibar as palabras coa ironía e onde a verdadeira reválida do ser humano consiste en ser quen de rebelarse contra a inxustiza. (...)
Os dous foron activistas. É unha palabra que molesta aos que vén a cultura como unha variedade estupefaciente. Mais ser activista significa non ser conformista. Ter por musa a conciencia. E mesmo apostar a cabeza en tempos de silencio. Ambos os dous se foron sen apagar a luz. Deixan acesas lámpadas de esperanza. E unha marabillosa herdanza que non pediu nada a cambio, nin poder nin vangloria. Só a nosa curiosidade.
 Manuel Rivas, "Dous nenos na liña do horizonte" en La Voz de Galicia
Grazas ao escritor coruñés polas súas palabras e grazas a Manuel Rey polo fotografía na que podemos ver a Neira Vilas durante a conferencia inicial do recente congreso "Ferrol-Cuba-Galiza: historias comúns" celebrado os días 13, 14 e 15 de novembro.

Vou ó reencontro dos teus ollos, neno.
Teño espetada en min
a lembranza deles:
dúas pérolas que rodan por incertos vieiros,
dous tenros gromos,
dúas caixiñas azúes
que gardan pevidas de saudade.
  
Xosé Neira Vilas, Dende lonxe

lunes, 30 de noviembre de 2015

Un novembro de ciencia máis X: Darwin e o Beagle

A novela de Marilar Aleixandre A expedición do Pacífico, comentada nunha entrada anterior, permítenos coñecer as teorías de Charles Darwin sobre a evolución. Sen lugar a dúbidas, cando este se embarcou no Beagle o 27 de decembro do 1831 non era consciente da relevancia que a súa viaxe ía ter para a ciencia!
Se queres acompañar a Darwin na súa viaxe recomendámosche o libro Charles Darwin de Alan Gibbons, no cal o grumete da expedición nos conta toda aquela apaixonante aventura do saber... Sen que falte detalle!



viernes, 27 de noviembre de 2015

Kandinsky ou a fascinación pola cor

Hai un tempiño soubemos pola prensa da inauguración en Madrid da exposición "Kandinsky. Una retrospectiva". Deixámosvos un interesante vídeo sobre a obra deste pintor ruso, un dos precursores da arte abstracta e un gran mestre da cor.

jueves, 26 de noviembre de 2015

Un novembro de ciencia máis IX: A expedición do Pacífico

A literatura é unha fonte de coñecemento sen fin... Mesmo podes aprender moita bioloxía e xeografía a través dela; por exemplo con A expedición do Pacífico de Marilar Aleixandre. A súa intrépida protagonista, Emilia, non dubida en agocharse coma polisón nun barco que parte para realizar unha exploración científica a mediados do século XIX. 

Se queres saber máis sobre a novela:

jueves, 19 de noviembre de 2015

Un novembro de ciencia máis VIII: El curioso mundo de Calpurnia Tate

E Callie Vee volveu para contarnos coma continuaban as súas aventuras... En setembro publicouse a tradución do segundo libro protagonizado por ela: El curioso mundo de Calpurnia Tate


Callie Vee segue moi interesada na ciencia e máis decidida que nunca a continuar as súas investigacións científicas guiada polo avó. Mesmo se achega á veterinaria da man do señor Pritzker, ao mesmo tempo que tenta solucionar os problemas que o amor polos animais do seu irmán Travis lle trae...
O libro comeza no inverno de 1899, cando unha gran nevarada cobre Texas e o avó guía a Calpurnia nas súas investigacións meteorolóxicas:

"–Necesitaremos –indicó el abuelo– un tarro de cristal, un globo, una goma elástica, una pajita, una aguja de coser, una regla métrica y un bote de pegamento. (…) Si sube la presión y asciende la aguja, quiere decir que viene buen tiempo. En cambio, si cae la presión y desciende la aguja, es señal de lluvia y tormenta."

A sabedoría do avó sempre axudará a Calpurnia, quen aprenderá moitas sabias leccións del, aínda que quizais unha das fundamentais sexa esta:

" Recuerda, Calpurnia, que aprendes más de un fracaso que de diez éxitos. Y cuánto más espectacular es el fracaso, más importante es la lección que aprendes."



miércoles, 18 de noviembre de 2015

Un novembro de ciencia máis VII: Calpurnia Tate

Calpurnia Tate é unha mociña texana protagonista de dúas novelas escritas por Jacqueline Kelly: La evolución de Calpurnia Tate e El curioso mundo de Calpurnia Tate.
Na primeira novela, Calpurnia ponnos ao día sobre a súa vida en Texas no verán de 1899. Calpurnia, Callie Vee para os familiares e amigos, é a única rapaza de sete irmáns. Curiosa e tenaz non está disposta a que as convencións sociais sobre o papel da muller da época lle impidan achegarse á ciencia, que tanto ama, na que se inicia coa axuda dun sabio avó admirador de Darwin. De feito, cada capítulo da novela está introducido por unha cita de A orixe das especies, o libro publicado en 1859 polo naturalista inglés.


Unha vez máis ciencia e boa literatura combinadas: que agradable mestura! Pero deixemos que "fale" Calpurnia:

"Reanudamos nuestro camino hacia el río y hallamos sombra bajo un árbol hospitalario en la parte baja de las pacanas. Entonces el abuelo me contó unas cosas increíbles. Me explicó maneras de llegar a la verdad de cualquier tema, no sólo sentándote a pensar en ello como Aristóteles (un señor griego, listo pero confundido), sino saliendo a mirar con tus propios ojos; me habló de hacer hipótesis e idear experimentos, y de comprobar mediante observación y llegar a una conclusión."

               
Vídeo dispoñible aquí.

martes, 17 de noviembre de 2015

Un novembro de ciencia máis VI: Ángeles Alvariño

A oceanógrafa ferrolá Ángeles Alvariño foi a científica homenaxeada no pasado Día da Ciencia en Galicia. A prestixiosa oceonógrafa naceu en Serantes (Ferrol) en 1916 e finou en La Jolla (California) en 2005. 
En 1956 comezou a investigar no Instituto Oceanográfico Woods Hole en Massachusetts, posteriomente incorporouse ao Instituto Scripps de Oceanografía e ao Servizo Nacional de Pesca Marítima dos EEUU. 
Publicou un centenar de traballos en revistas de prestixio e descubriu 22 novas especies de zooplancto, dúas das cales levan o seu nome. O 24 de febreiro de 2012 o Instituto Español de Oceonografía botou en Vigo un buque  que leva o seu nome.
Para saber máis:
Fotografía atopada aquí.

lunes, 16 de noviembre de 2015

Un novembro de ciencia máis V: Hedy Lamarr, inventora e actriz

O pasado día 9 o doodle de Google homenaxeou a Hedy Lamarr, famosa actriz e inventora. En 1942, Lamarr e o compositor George Antheil  patentaron un método de comunicación entre barcos e torpedos mediante sinais de radio; se ben este  non foi posto en práctica ata 1962. Posteriormente, o sistema foi adaptado á enxeñería civil para desenvolver sistemas de comunicación inalámbrica. Así que xa sabes, cando uses a wifi lémbrate de Hedwig Eva Maria Kiesler, que era o verdadeiro nome da actriz.
Créditos da fotografía aquí.

jueves, 12 de noviembre de 2015

miércoles, 11 de noviembre de 2015

Día do Peón

Hoxe o noso centro acolleu o Acto Central do Día do Peón. Na nosa web atoparedes toda a información sobre esta actividade que tanto nos gusta.

Para saber máis sobre xogos e brinquedos tradicionais recomendámosvos os dous imprescindibles  libros de Antón Cortizas: Chirlosmirlos e Tastarabás.

E tamén:

martes, 10 de noviembre de 2015

Novembro mes da ciencia III: Jorge Mira


Este ano Jorge Mira foi o encargado de elaborar o manifesto de "Novembro, mes da Ciencia en Galego nas Bibliotecas". Recollemos dous parágrafos do amentando manifesto que podedes atopar completo aquí:

Cando un neno pequeno descobre algo que lle encanta, enseguida corre
a dicirlles aos seus pais: “Mirade isto!”. Ese mesmo instinto é o que lanza
a moitos científicos a divulgaren o seu coñecemento, a intentar que os
que os rodean vexan o mesmo que eles ven. Ocorre, porén, que ás veces
transmitir ese coñecemento non é trivial. Cómpre, polo tanto, un esforzo
de axeitada tradución da ciencia para poderllo contar á maior cantidade
de persoas.
Nese proceso, a lingua, como soporte das ideas, xogará un papel
fundamental. O galego, tanto pola riqueza que lle dá o seu milenio de
historia, como pola súa condición de porta aberta a centos de millóns de
persoas da lusofonía, é vehículo esencial para transportar masivamente
a ciencia e o labor dos moitos científicos de excelencia que temos en Galicia.


Dende este blogue só nos queda darlle as grazas a Jorge Mira e felicitalo polo seu labor de divulgación científico.


lunes, 9 de noviembre de 2015

miércoles, 28 de octubre de 2015

Sonetos VII: Góngora


Luis de Góngora tamén nos ofrece nun dos seus sonetos máis coñecidos unha versión do "carpe diem"... Pero moito máis amargurada que a de Garcilaso; porque non en van, o escritor cordobés é un dos máis xeniais representantes da poesía barroca


Mientras por competir con tu cabello,
oro bruñido al sol relumbra en vano;
mientras con menosprecio en medio el llano
mira tu blanca frente el lilio bello;
 
  mientras a cada labio, por cogello.                   5
siguen más ojos que al clavel temprano;
y mientras triunfa con desdén lozano
del luciente cristal tu gentil cuello:
 
  goza cuello, cabello, labio y frente,
antes que lo que fue en tu edad dorada                  10
oro, lilio, clavel, cristal luciente,
 
  no sólo en plata o vïola troncada
se vuelva, mas tú y ello juntamente
en tierra, en humo, en polvo, en sombra, en nada.
 
Luis de Góngora 

martes, 27 de octubre de 2015

Libros que van chegando: Pequeña historia de la economía

Davide Ciferri e Stefano di Colli son os autores desta entretida e rigorosa historia da economía. A través de entrevistas imaxinarias cos principais economistas da historia vanse atopando respostas a esas preguntas que seguramente moitos vos facedes: que son e para que serven os impostos? Que é a prima de risco? Como funciona a débeda?...
Ao fin, coma moi ben escriben Ciferri e di Colli na introdución: "un poco de economía no le viene mal a nadie"...


Deixámosvos uns enlaces con seleccións de libros por se estades interesados en ampliar os vosos coñecementos neste eido do saber:

lunes, 26 de octubre de 2015

Catálogo de LIX 2015

O catálogo de Literatura infantil e xuvenil en galego do ano 2015 permítenos coñecer a variedade de libros publicados en galego o pasado ano. Preme aquí para acceder a este.


viernes, 23 de octubre de 2015

Biblios, biblios, biblios: Día da Biblioteca

  "Sen bibliotecas, que nos quedaría? Non teriamos pasado nin futuro" (Ray Bradbury)

Mañá conmemórase o Día da Biblioteca, así que para unirnos a esta celebración querémosvos deixar algúns enlaces de interese: 
E que mellor actividade para realizar neste día (e tamén nos 364) restantes que pasarse por unha biblioteca...  Ou aproximarse á esa ventá á lectura dixital que nos ofrece GaliciaLe, a plataforma de préstamo de libros electrónicos de Galicia


Créditos da imaxe aquí.


martes, 20 de octubre de 2015

Libros que van chegando: Madonna e outros contos de inverno

Oito contos unidos por un elo: o inverno e o Nadal. Oito contos de temas diversos: o amor, a crise das vacas tolas, a integración, a paixón futbolística... Oito contos de Manuel Rivas xa coñecidos, pero, malia iso, sempre novidosos... Oito contos nos que o coruñés volve a amosar a súa grande capacidade para capturar o tempo na súa máxica rede de tenrura e poesía.


jueves, 15 de octubre de 2015

Sonetos VI: Garcilaso de la Vega

Garcilaso de la Vega (1501-1536) é sen lugar a dúbida un dos grandes mestres do soneto, ademais do introdutor en España do petrarquismo. Petrarca de novo... Pois si, porque Petrarca é, tal e coma nos lembraba Darío Xohán Cabana na entrevista enlazada na anterior entrada, o pai da poesía moderna europea. 
O petrarquismo é unha peculiar concepción do amor na que o poeta, que ama a súa amada inevitablemente, converte os seus poemas nun particular diario amoroso no que expresa os seus sentimentos. En certo sentido, podemos afirmar que foi unha moda poética que sucedeu en Europa Occidental ao amor cortés de orixe provenzal.

Eliximos un famoso soneto de Garcilaso, no que recrea o tópico do carpe diem,  para hoxe. 
 En tanto que de rosa y de azucena
se muestra la color en vuestro gesto,
y que vuestro mirar ardiente, honesto,
con clara luz la tempestad serena;

y en tanto que el cabello, que en la vena
del oro se escogió, con vuelo presto
por el hermoso cuello blanco, enhiesto,
el viento mueve, esparce y desordena:

coged de vuestra alegre primavera
el dulce fruto antes que el tiempo airado
cubra de nieve la hermosa cumbre.

Marchitará la rosa el viento helado,
todo lo mudará la edad ligera
por no hacer mudanza en su costumbre.

Lembra que onde o mundo se chama biblioteca podes atopar a poesía de Garcilaso e tamén na Biblioteca Virtual Miguel de Cervantes.

miércoles, 14 de octubre de 2015

Sonetos V: o Marqués de Santillana

O Marqués de Santillana (1398-1458) sería o primeiro en tentar adoptar o soneto á lingua castelá. Este é un dos seus corenta e dous sonetos fechos al italico  modo:
Lejos de vos y cerca de cuidado;
pobre de gozo y rico de tristeza,
fallido de reposo y abastado
de mortal pena, congoja y braveza,

desnudo de esperanza y abrigado
de inmensa cuita y visto de aspereza,
la mi vida me fuye, mal mi grado,
la muerte me persigue sin pereza.

Ni son bastantes a satisfacer
la sed ardiente de mi gran deseo
Tajo al presente, ni me socorrer

la enferma Guadïana, ni lo creo.
Sólo Guadalquivir tiene poder
de me guarir y sólo aquél deseo.

Marqués de Santillana 

martes, 13 de octubre de 2015

V Concurso Investigación e Ciencia

Xa tedes na nosa web as bases do V Concurso Investigación e Ciencia  destinado ao alumnado de secundaria do noso centro. Este ano conta con dúas modalidades de participación:  
  • Informe científico sobre unha investigación científica caseira.
  • Fotografía científica.


viernes, 9 de octubre de 2015

Sonetos IV: Petrarca

Darío Xohán Cabana publicou hai dous anos unha nova tradución do Cancioneiro de Petrarca en Edicións da Curuxa, posto que, segundo afirmou nunha entrevista concedida ao xornal La Voz de Galicia, a primeira tradución, que a nós nos parece excelente, non o compracía de todo:  

É que a primeira tradución que fixen, a de finais dos anos oitenta, e que por certo non deixou de ter éxito entre a crítica, cando a volvín ler... xa non me gustaba. Non era digna de Petrarca nin da lingua galega. Quizais era mellor que outras traducións que había, pero vin que lle faltaba unha cocedura. E en vez de corrixila, que é cousa de moito traballo [sorrí Darío Xohán], o que fixen foi traducir de novo, que é cousa de moito máis traballo aínda, pero máis divertida. 

jueves, 8 de octubre de 2015

Sonetos III: Petrarca

Pero, en realidade como, cando e onde xorden os sonetos? O soneto, palabra italiana procedente do provenzal "sonet", xorde en Sicilia (Italia) no século XIII e sóese atribuír o seu "invento" a Giacomo da Lentini, destacado membro  da Escola Siciliana. A composición poética enseguida se fixo popular destacando os sonetos de Dante Algheri (1265-1321) dedicados á súa amada Beatrice e os de Francesco de Petrarca (1304-1374), a quen sen lugar a dúbidas lle debemos moito do seu éxito na lírica europea, ao convertelo nun dos "vehículos" poéticos máis axeitados para a expresión do sentimento amoroso. Este é un dos seus máis famosos sonetos na traducción de Darío Xohán Cabana de 1989.

Benditos sexan ano e mes e día,
sazón, tempo, hora e instante, e o belido
país e mailo sitio onde prendido
polos seus ollos ficaría;

e bendito o afán doce que eu sentía
no intre de verme con Amor unido,
e as setas e arco con que fun ferido,
e cada chaga que ata lo cór se enfía.

Benditos cantos berros levo estrados
chamando polo nome a miña dona,
e os laios e ansia e choros derramados;

e benditas as follas onde sona
lle vou gañando, e mailos meus coidados
onde outra non ten parte e ela é dona.
Petrarca, Cancioneiro

A tradición afirma que este soneto recrea o momento en que coñeceu a súa amada musa Laura... Claro que tamén hai quen di que Laura non existiu e só foi unha imaxinación do poeta... 

miércoles, 7 de octubre de 2015

Poe, sempre Poe...

Un 7 de outubro de hai 166 anos falecía en Baltimore (Maryland, Estados Unidos) o poeta, narrador, xornalista e crítico literario Edgar Allan Poe. Mestre do relato terror, poeta inquietante, precursor da  narrativa policíaca moderna e ata da ciencia ficción... Poe, sempre Poe!

Créditos da fotografía aquí.

martes, 6 de octubre de 2015

Ledicia Costas Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil

A escritora viguesa Ledicia Costas vén de ser galardoada co Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil pola súa novela Escarlatina, a cociñeira defunta. Este galardón é concedido polo Ministerio de Educación, Cultura y Deporte para distinguir unha obra dun escritor español escrita en calquera das linguas oficiais do Estado e editada durante o ano anterior á concesión do premio. 
O xurado, segundo podemos ler na nota de prensa antes enlazada, considerou que se trata dunha obra "extraordinaria, humorística y rompedora en el contexto de la literatura infantil y juvenil actual que destaca también por su fácil lectura, por su humor escalofriante, y por la habilidad para desmitificar el mundo de la muerte”.

Parabéns a Ledicia! Por certo, os que aínda non lestes a novela, xa sabedes que a podedes atopar alí onde o mundo se chama biblioteca. 

lunes, 5 de octubre de 2015

Lembrando a Henning Mankell

Vimos de coñecer a triste nova da morte do escritor sueco Henning Mankell. Mankell, moi coñecido polas súas novelas policíacas protagonizadas polo inspector Kurt Wallander, foi un prestixioso dramaturgo que fundou o Teatro Avenida en Maputo. Seguramente algúns dos nosos alumnos e alumnas de secundaria tamén o coñecerán pola triloxía de novelas protagonizada pola mociña africana  Sofía: El secreto del fuego,  La ira del fuego e Jugar con fuego.
Hai uns anos publicamos unha entrada sobre el no primeiro blogue do noso club de lectura que podedes atopar premendo aquí.


viernes, 2 de octubre de 2015

Time-lapse da eclipse de lúa

A través de Naukas coñecemos un fascinante Time-lapse ,sobre a eclipse de lúa do pasado 28 de setembro, elaborado por Fernando Cabrerizo da Sociedad Astronómica Syrma (Valladolid). Preme aquí para velo. Por certo, en Meteosansa poderás atopar os interesantes traballos realizados por algúns dos vosos compañeiros e compañeiras sobre esta acontecemento astronómico.

jueves, 1 de octubre de 2015

Suxestións de lectura: Rosalía pequeniña

Rosalía pequeniña é un libro CD de Uxía publicado na colección Sonárbore (pensada para achegar á música aos máis noviños) da editorial Galaxia.  Begoña Caamaño presentou o libro no limiar deste así: "Rosalía pequeniña sería hoxe, como daquela, unha nena guerreira, gustaríalle o rock tocado con gaita e vestiría de punki."