O 17 de maio está aí e nós quixemos contribuír ás actividades que se realizan no centro cunha selección de recursos e unha guía de suxestións.
jueves, 15 de mayo de 2025
lunes, 12 de mayo de 2025
Semana do Libro
Unha semaniña completa de actividades foi a dedicada este curso ao Día do Libro: marcapáxinas e amadriñamentos/apadriñamentos en EI e EP:
Carteis, círculos de lectura e concurso Buscando ao escritor ou escritora perdidos en secundaria:
martes, 8 de abril de 2025
Clásicas da LIX
O alumnado de 2º de secundaria realizou un mural con textos de escritoras clásicas da literatura infantil e xuvenil. Pensamos que sería unha boa idea elaborar unha guía de suxestións con algúns dos libros destas para comezar as conmemoracións do Mes do Libro.
Lembrade tamén que podedes atopar algún destes libros e moitos máis en E-LB.2 a plataforma de préstamo de contidos dixitais.
viernes, 4 de abril de 2025
Día do Libro Infantil
Unímonos á conmemoración do Día do Libro Infantil o pasado 2 de abril, data do nacemento de Hans Christian Andersen.
![]() | ||
Alumna lendo a mensaxe de Rian Visser |
miércoles, 2 de abril de 2025
Día Mundial da Poesía
O pasado venres celebramos o Día Mundial da Poesía lendo poemas na biblioteca e na horta do noso centro.
martes, 18 de marzo de 2025
G.P.A.
O pasado xoves 6 de marzo o alumnado de 1º e de 2ª de ESO asistiu ao espectáculo GPA (Galego para Adolescentes) de Avelino González.
viernes, 7 de marzo de 2025
Día Internacional da Muller
Este curso sumámonos ás actividades para conmemorar esta data cunha guía de suxestións e unha recompilación de recursos.