Celebramos o Día da Paz (30 de xaneiro) con murais, recital de poemas, lectura dun manifesto... Entre as diversas actividades figuran as realizadas polo alumnado de EI e EP sobre Sadako Sasaki dentro do noso PDI.
viernes, 20 de febrero de 2026
jueves, 12 de febrero de 2026
Entroido
Xa está aquí o Entroido, petando nas nosas portas. Así que imos recibilos cun cantos recursos para aqueles e aquela que queiran ampliar os seus coñecementos:
martes, 10 de febrero de 2026
Día Internacional da Nena e a Muller na Ciencia
A ONU estableceu o Día Internacional da Nena e a Muller na Ciencia no 2015. Unímonos á conmemoración desta data cun cartel sobre unha exposición de libros de ciencia na sala de EI e EP e unha guía de suxestións de lectura.
jueves, 5 de febrero de 2026
A Candeloria
O Día da Candeloria "casan os paxariños" segundo di a tradición popular, posto que é a época na que as aves comezan a buscar as súas parellas. O refraneiro tamén alude a esta data con referencias meteorolóxicas: "Cando a Candeloria chora, medio inverno vai fóra; que chore, que deixe de chorar, mitá do inverno está por pasar".
Refráns e expresións populares refírense a que estamos na metade do inverno, medran os días e xa falta menos para a primavera. Curiosamente esta data coincide co Groundhog Day, Día da marmota, que se se conmemora nalgunhas localidades de Canada e USA e que foi levado ao cine na película Atrapado no tempo.
Nós decidimos unirnos a celebración desta data coa lectura por parte do alumnado de 4º de secundaria do poema "A candeloria" do libro Proel de Lois Amado Carballo.
Para saber máis:
- "Candeloria" no Portal das Palabras.

-2.jpg)

.jpg)

