Centro

viernes, 6 de noviembre de 2026

Arredor de Breogán

 O alumnado de 1º de ESO visitou  o mércores 21 de outubro  a Torre de Hércules e o MUNCYT. Esta actividade foi organizada polo Departamento de Tecnoloxía e contou coa participación do Departamento de Lingua Galega e Literatura e da biblioteca que elaboraron un pequeno texto sobre a figura de Breogán que lemos ao pé do famoso faro coruñés.

viernes, 23 de octubre de 2026

viernes, 16 de octubre de 2026

Emilia Pardo Bazán


 

O pasado 16 de setembro cumpríronse 175 anos do nacemento da escritora coruñesa Emilia Pardo Bazán quen escribiu novelas coma Los pazos de Ulloa, contos, poemas, artigos xornalísticos... Foi ademais unha gran defensora dos dereitos das mulleres e do seu acceso á educación.



lunes, 28 de septiembre de 2026

Día Europeo das Linguas

 O 26 de setembro celébrase o Día Europeo das Linguas. O alumnado de 1º de ESO elaborou un mural para conmemorar esta data.




jueves, 17 de septiembre de 2026

Benvida

 Un curso máis estamos de volta e esperando por vós onde o mundo se chama biblioteca. Xa sabedes que podedes pedir prestados non só os nosos libros, senón tamén os da plataforma E-LBE.2. 


 

miércoles, 13 de mayo de 2026

Día das Letras Galegas

 Conmemoramos esta data, dedicada a Begoña Caamaño, cunha selección de recursos e suxestións para achegarnos a súa figura.


miércoles, 8 de abril de 2026

Exposición: teatro

 Lembramos que durante este mes podedes ver a exposición sobre textos teatrais, que inauguramos co gallo do Día Mundial do Teatro, na sala de secundaria 



miércoles, 25 de marzo de 2026

Día Internacional da Muller II

 O pasado luns levamos a cabo o acto programado, que tivemos que pospoñer,  para esta data Todo o centro participou nesta actividade, conducida polo alumnado de Oratoria, que leu poemas dunha selección elaborada polo equipo de biblioteca. Ademais, os alumnos e alumnas de secundaria interpretaron as cancións que compuxeron na materia de Música.




jueves, 5 de marzo de 2026

Conta con elas... Rosalía tamén conta

 Continuamos co noso PDI, Conta con elas, celebrando o Día de Rosalía. Realizamos diversas actividades: flores cun poema para agasallar as familias, lecturas, Bee boteando con Rosalía, exposicións e carteis.





viernes, 20 de febrero de 2026

Día da Paz

 Celebramos o Día da Paz (30 de xaneiro) con murais, recital de poemas, lectura dun manifesto... Entre as diversas actividades figuran as realizadas polo alumnado de EI e EP sobre Sadako Sasaki dentro do noso PDI.




jueves, 12 de febrero de 2026

martes, 10 de febrero de 2026

Día Internacional da Nena e a Muller na Ciencia


 

A ONU estableceu o Día Internacional da Nena e a Muller na Ciencia no 2015. Unímonos á conmemoración desta data cun cartel sobre unha exposición de libros de ciencia na sala de EI e EP  e unha guía de suxestións de lectura.



jueves, 5 de febrero de 2026

A Candeloria

O Día da Candeloria "casan os paxariños" segundo di a tradición popular, posto que é a época na que as aves comezan a buscar as súas parellas. O refraneiro tamén alude a esta data con referencias meteorolóxicas: "Cando a Candeloria chora, medio inverno vai fóra; que chore, que deixe de chorar, mitá do inverno está por pasar". 

Refráns e expresións populares refírense a que estamos na metade do inverno, medran os días e xa falta menos para a primavera. Curiosamente esta data coincide co Groundhog Day, Día da marmota, que se se conmemora nalgunhas localidades de Canada e USA e que foi levado ao cine na película Atrapado no tempo. 

Nós decidimos unirnos a celebración desta data coa lectura por parte do alumnado de 4º de secundaria do poema "A candeloria" do libro Proel de Lois Amado Carballo.

Para saber máis:

jueves, 18 de diciembre de 2025

Nadal...

A piques de irnos de vacacións lembramos algo... faltaban por publicar as nosas guías de suxestións de libros e tamén de xogos para EI e EP.
Aproveitamos para lembrar o noso "Espazo Nadal" onde podedes atopar recursos e suxestións.

miércoles, 10 de diciembre de 2025

25 N

Celebramos esta data con exposicións de libros e carteis sobre as irmás Mirabal en EI e E e iniciamos o noso PDI.
O alumnado de secundaria participou no proxecto creando as súas bolboretas e haikus.
Tamén lemos haikus do libro Libro do mal amor. Haikus contra a violencia de xénero" e un manifesto.

jueves, 27 de noviembre de 2025

Novembro, Mes da Ciencia en Galego nas Bibliotecas

Elaboramos unha guía de suxestións sobre narrativa relacionada coa ciencia co gallo de Novembro, Mes da Ciencia en Galego nas Bibliotecas. Ademais, organizouse unha exposición sobre libros desta área do saber para EI e EP.
O alumndo de EP construíu unha man articulada:

miércoles, 12 de noviembre de 2025

Samaín

Celebramos o Samáin co EDLG cunha adaptación teatral de Truco o Trato de El Hematocrito levada a cabo por alumnado de 2º de ESO para o de Educación Infantil e 1º ciclo de Primaria.
O alumnado de EI e EP puido visitar a exposición de libros "O cemiterio dos libros olvidados", debuxar "monstros abrebocas, ler o libro El gran libro del miedo e deseñar paisaxes terroríficas para ver coas lanternas máxicas.

miércoles, 15 de octubre de 2025