Aquí atoparás un vídeo no que podes observar como máis de 5000 libros caen debido ao efecto dominó. Unha interesante forma de fomentar a lectura.
viernes, 8 de noviembre de 2013
martes, 5 de noviembre de 2013
Miguelanxo Prado, Premio Nacional de Cómic
Miguelanxo Prado, o prestixioso autor coruñés de banda deseñada, vén de recibir o Premio Nacional de Cómic por Ardalén. O libro, editado en 2012 en galego (El Patito Editorial) e en castelán (Norma Editorial), tiña recibido xa o galardón á mellor obra de autor español no pasado Salón do Cómic de Barcelona.
Para o debuxante coruñés Ardalén "é unha
historia arredor da memoria persoal. A memoria como esencia da nosa
existencia, da percepción da nosa propia vida, da nosa identidade. Pode
soar filosófico pero, ao final, trátase dun grupo de seres humanos que
se axudan e se mancan uns aos outros, algúns chegan a quererse e todos
se aferran aos seus recordos para intentar evitar o naufraxio."
Parabéns a Miguelanxo Prado polo máis que merecido premio.
viernes, 25 de octubre de 2013
José María Merino, Premio Nacional de Narrativa
O escritor coruñés José María Merino vén de recibir o Premio Nacional de Narrativa, o máximo galardón concedido a unha obra polo Ministerio de Cultura, pola súa novela El río del Edén.
Boas prácticas
O sitio temático das bibliotecas escolares da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria recolle un feixe de boas prácticas nas bibliotecas escolares para conmemorar o mes da Biblioteca Escolar e o Día da Biblioteca (24 de outubro).
martes, 15 de octubre de 2013
Ángela Ruíz Robles e o libro electrónico
Hai uns días puidemos ler unha interesante reportaxe na BBC sobre Ángela Ruíz Robles. Esta mestra de orixe leonés, que residiu gran parte da súa vida en Ferrol, patentou en 1949 unha enciclopedia mecánica que se pode considerar como precursora dos libros electrónicos .
lunes, 14 de octubre de 2013
Manuel Álvarez Torneiro, Premio Nacional de Poesía 2013
O poeta coruñés Manuel Álvarez Torneiro vén de ser galardonado co Premio Nacional de Literatura (concedido polo Ministerio de Educación, Cultura e Deporte) polo seu poemario Os ángulos da brasa. Este libro, xa tiña sido recoñecido co Premio da Crítica de Poesía galega e co Premio Ánxel Casal.
Así escribiu o poeta sobre a súa obra na autobiografía que podes atopar nas páxinas da AELG e da Biblioteca Virtual Galega:
"Hai na miña última producción un tema recurrente: a memoria, que
dicta unha sorte de variacións sobre un só tema. Debo afirmar que creo
no poder da palabra, nas potencias da beleza. Aínda escribindo en prosa
sempre remato caendo polo escotillón da lírica que procuro afinada ó
máximo.
Escribo contra o mundo e a favor da Vida. Como poeta, creo na utopía."
Parabéns a Álvarez Torneiro.
lunes, 30 de septiembre de 2013
Lembrando a Pablo Neruda
O pasado 23 de setembro cumpríronse 40 anos do falecemento do poeta Ricardo Eliécer Neftalí Reyes Basoalto, máis coñecido como Pablo Neruda. Queremos lembralo enlazando coa web da BBC onde poderás escoitar un dos seus poemas máis famosos recitado en 21 linguas. Aquí atoparás a versión escrita do poema e unha gravación del do propio autor.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)
