Centro

jueves, 20 de marzo de 2014

Quincena da Poesía II

Hoxe traemos a este blogue a Antonio Machado e un dos seus máis famosos poemas, "A un olmo seco", pertencente ao seu libro Campos de Castilla.

A UN OLMO SECO
Al olmo viejo, hendido por el rayo
y en su mitad podrido,
con las lluvias de abril y el sol de mayo.
algunas hojas nuevas le han salido.

¡El olmo centenario en la colina
que lame el Duero! Un musgo amarillento
le mancha la corteza blanquecina
al tronco carcomido y polvoriento.

No será, cual los álamos cantores
que guardan el camino y la ribera.
habitado de pardos ruiseñores.

Ejército de hormigas en hilera
va trepando por él, y en sus entrañas
urden sus telas grises las arañas.

Antes que te derribe, olmo del Duero.
con su hacha el leñador, y el carpintero
te convierta en melena de campaña.
lanza de carro o yugo de carreta:
antes que rojo en el hogar, mañana.
ardas de alguna mísera caseta,
al borde de un camino;
antes que te descuaje un torbellino.
y tronche el soplo de las sierras blancas;
antes que el río hasta la mar te empuje
por valles y barrancas,
olmo quiero anotar en mi cartera
la gracia de tu rama verdecida.
Mi corazón espera
también, hacia la luz y hacia la vida,
otro milagro de la primavera.


Se queres saber máis sobre o poema, preme aquí e se queres coñecer máis poemas de Antonio Machado aquí.

martes, 18 de marzo de 2014

Quincena da Poesía I

Empezamos hoxe a nosa recompilación poética quincenal cun fermoso poema pertencente ao libro Nao senlleira (1933) de Fermín Bouza Brey:

Naquel biduido dos bidos louzanos
o páxaro Sol non pía seus raios,
e morre de amor.

Naquel biduído dos lanzales bidos
o páxaro Sol non criba seus píos
e morre de amor.

Non criba seus ritmos, non pousa seus raios
e albean de frío os albres delgados
e morren de amor.

Non ceiba seus raios, non tece seus fíos
e albres e mámoas albean de frío
ca poldra que morde no mato cativo.

Por certo, bido é un dos moitos nomes que ten esta árbore en galego, tamén chamada albelo, bedugo, bedulo, bídalo...

viernes, 14 de marzo de 2014

Marcos Calveiro

O próximo luns visítanos Marcos Calveiro para falarnos de dúas das súas obras: Palabras de auga e O pintor do sombreiro de malvas. Na nosa web atoparás máis información sobre a súa visita e unha guía de lectura.
Créditos da fotografía: http://gl.wikipedia.org/wiki/Ficheiro:Marcos_Calveiro_%28AELG%29-2.jpg

miércoles, 12 de marzo de 2014

Cómicos de la lengua

A Real Academia Española (RAE) pon en marcha o proxecto "Cómicos de la lengua" dirixido polo actor, director teatral e académico José Luis Gómez. Este proxecto, que se inclúe dentro dos actos programados polo III Centenario da institución, consiste nun ciclo de lecturas dramatizadas de clásicos da literatura española nas que os actores son acompañados de académicos que explican o contexto da obra.

lunes, 10 de marzo de 2014

viernes, 7 de marzo de 2014

Francisco Asorey

O pasado día 4 cumpríronse 125 anos do nacemento do escultor Francisco Hipólito Asorey González, máis coñecido como Asorey. Entre as súas obras de madeira policromada figuran "Picariña", "Naiciña" ou a "Ofrenda a San Ramón" que puidemos contemplar o pasado ano no Museo Provincial de Lugo.
Asorey esculpiu, tamén, grandes monumentos como os dedicados a San Francisco, que podemos ver en fronte do convento do mesmo nome en Compostela, e a Curros Enríquez, situado nos Cantóns na Coruña.