Centro

lunes, 13 de octubre de 2014

Malala e Satyarthi

Malala Yousafzai e Kailash Satyarthi, presidente da Marcha Global contra o Traballo Infantil, son os gañadores do Premio Nobel da Paz deste ano. Tal e coma podemos ler nesta nova da TVG o comité noruegués recoñece o labor de ambos a prol da educación e en contra da opresión infantil.
Na nosa biblioteca podes atopar Yo soy Malala, libro escrito por ela mesma e que incluimos nas nosas recomendacións para a ESO o pasado Nadal, na guía de suxestións de lectura titulada "Literatura, cine e educación".


viernes, 10 de octubre de 2014

Libros sobre o medio ambiente

Aproveitando a proveitosa e encomiable campaña de reciclaxe a que aludimos na entrada anterior, queremos lembrarvos que na biblioteca temos numerosos libros relacionados coa natureza e a reciclaxe: La Tierra herida: ¿qué mundo heredarán nuestros hijos?, Atlas básico de ecología, Plantar un pequeño jardín: la jardinería paso a paso, Los porqués de la naturaleza, Os Bolechas coidamos a escola, coidamos o Planeta, Conservación de la naturaleza, Lo que tu puedes hacer para salvar la Tierra... Libros para todas as idades, como podes ver! E ademais, tamén podedes consultar a nosa guía elaborada para o Día Mundial da Auga do 2012.
Para quen isto escribe hai un libro moi especial relacionado con este tema, titúlase Un mundo que agoniza e o seu autor é Miguel Delibes. En realidade é o seu discurso de entrada na RAE e nel podemos ler: "Todo cuanto sea conservar el medio es progresar; todo lo que signifique alterarlo esencialmente, es retroceder."
Uns cantos anos antes, en 1899, outro dos grandes mestres da literatura universal, Anton Chekhov escribiu no seu drama El tío Vania o seguinte:
"El hombre está dotado de inteligencia y fuerza creativa para multiplicar lo que le ha sido dado. Sin embargo, hasta ahora no ha creado, sino que ha destruido. Cada día hay menos bosques, los ríos se secan, la caza desaparece, el clima se ha deteriorado y la tierra se vuelve más pobre y fea."
Se queres coñecer estes libros e moitos máis, agardámoste onde o mundo se chama biblioteca.

miércoles, 8 de octubre de 2014

De novo en marcha "¿E ti sustentas?"

O blogue "¿E ti sustentas?" está de novo en marcha despois do verán. Así que, se queredes ver a dous dos vosos compañeiros explicando en que vai consistir o programa de reciclaxe deste ano só tedes que premer aquí.
Parabéns aos promotores e participantes e agora a reciclar moito entre todos. 

martes, 7 de octubre de 2014

1º Congreso Mundial sobre Gaudí

Onte, 6 de outubro, inaugurose o 1º Congreso Mundial sobre Gaudí, o xenial (non cabe empregar outra palabra) arquitecto catalán nado en 1852 e finado en 1926. Entre os seus numerosos proxectos figuran:  A Sagrada Familia, o Parque Güell, a casa Batlló, o Pazo Episcopal de Astorga, etc..
Se queres saber máis sobre a súa obra recomendámosche que pases pola biblioteca onde poderás atopar libros coma este.

lunes, 6 de octubre de 2014

A volta á Terra nun minuto

Atopamos na web da BBC un time-lapse elaborado pola Axencia Espacial Europea (ESA) a partir das fotos enviadas polo astronauta alemán Alexander Gerst. Se queres velo preme aquí.
E aproveitamos para lembrarvos algúns dos libros sobre astronomía que podedes atopar na biblioteca: As vidas de Galileo: viaxe pola historia da astronomía de Fiami, Astronomía práctica e outras cousas de Ramón Vilalta, Los porqués de la astronomía de Paul Martin e Monike Czarneki, Las astrónomas chicas estrella de Sara Gil Casanova, Galileo el astrónomo de Esteban Rodríguez Serrano, Guía del joven astrónomo e ¿Qué sabían los antiguos sobre los astros? de Isaac Asimov...
Xa sabes, agardámoste na biblioteca e se queres consultar os libros sobre este tema só tes que ir aos nosos catálogos, premer en busca avanzada e escribir en "tema" astronomía. Lembrámosche que para acceder aos catálogos debes premer neste enlace ou nestoutro.

jueves, 2 de octubre de 2014

Vídeo moi interesante

A través do sitio temático das Bibliotecas escolares de Galicia coñecemos un interesante vídeo sobre a importancia da biblioteca escolar: "Bibliotecas escolares de Andalucía al servicio de la comunidad educativa".

miércoles, 1 de octubre de 2014

Nélida Piñón na RAG

A escritora brasileira de ascendencia galega Nélida Piñón vén de ingresar na Real Academia Galega cun discurso titulado "A épica do coração".  Nacida en Río de Xaneiro no seo dunha familia que tiña as súas orixes no concello pontevedrés de Cotobade, no que residiu dende os 12 aos 14 anos, é autora dunha ampla obra composta de novelas, relatos breves e ensaios.
Nelida Piñón é membro da Academia Brasileira de Letras, da que foi presidenta entre 1996 e 1997, sendo por certo a primeira muller elixida para presidir esta institución.