Centro

miércoles, 15 de abril de 2015

Feliz IV Centenario Don Quijote III: Don Quijote e o cine

O libro de Miguel de Cervantes foi levado ao cine xa dende os albores deste, posto que a produtora francesa Gaumont rodou unha breve escena, hoxe desaparecida, en 1898. A partir de aquí as versións cinematográficas sucedéronse, como podes observar neste vídeo e neste enlace.
En 1948 estreouse a versión dirixida por Rafael Gil protagonizada por Rafael Rivelles e Juan Calvo.




En1957 deuse a coñecer a versión do ruso Gregory Kozintsev, considerada unha das mellores pola crítica.

E tamén nese ano empezou Orson Welles a rodaxe da súa película sobre o cabaleiro manchego que, malia prolongarse durante tres décadas, non foi acabada polo xenial director norteamericano. A versión de Welles ofrece unha moi orixinal visión da obra cervantina, xa que  o director trataba de reinventar a historia do cabaleiro e o seu escudeiro na España da época.  En 1992 estreouse a montaxe que o seu amigo Jesús Franco  realizou a partir do material gravado e das notas de Welles.

martes, 14 de abril de 2015

Unha curiosidade familiar e histórica

Aludiamos na anterior entrada sobre o centenario de Don Quijote a don Pedro Fernández de Castro y Andrade; pois ben, este nobre pertencía a nunha época moi poderosa familia da Casa de Castro e estaba, polo tanto, emparentado cunha figura histórica cuxa vida deu pé a moitas obras literarias: Inés de Castro. Xa temos mencionado a Inés noutras entradas do blogue, pero hoxe queriamos traer aquí o conto titulado Inés de Castro, unha muller para o 8 de marzo, con ilustracións das nenas e nenos dos CEIP, CPR e CEE de Monforte de Lemos, Pobra de Brollón, Currelos, Bóveda, Saviñao e Sober. Por certo, a súa figura é moi popular aínda hoxe en Portugal onde existe a Fundação Inês de Castro que colabora en iniciativas tan interesantes coma este blogue.

Imaxe atopada aquí.

lunes, 13 de abril de 2015

viernes, 10 de abril de 2015

Feliz IV Centenario Don Quijote II

En 1992 publicouse a tradución en lingua galega da obra cervantina, nunha edición especial de 300 exemplares ilustrada por algúns dos máis coñecidos pintores galegos, co título de O enxeñoso fidalgo Don Quixote da Mancha. En 2005, co gallo do cuarto centenario da saída do prelo do primeiro tomo publicouse unha edición actualizada.
Os vínculos da obra cervantina con Galicia e a literatura galega son numerosos.  De feito, a segunda parte da obra está dedicada a Don Pedro Fernández de Castro y Andrade, VII conde de Lemos e coñecido mecenas de escritores da época entre os que non só figura Cervantes, senón tamén Góngora, Quevedo e Lope quen foi seu secretario. Don Pedro ostentou, entre outros moitos cargos (Presidente do Consello de Indias, Vicerrei de Napoles, etc.), o de Alguacil Maior do Reino de Galicia e foi un firme defensor da reivindicación do voto en cortes como amosa a súa obra El búho gallego haciendo cortes con las demás aves de España (un opúsculo apoloxético de Galicia escrito, na opinión dalgúns estudosos, non só con este fin senón tamén co de mellorar a imaxe de Galicia). Así o lembraba Manuel Murguía:

"Entre os seus ningún sentiu como el as desgrazas de Galicia, ningún que de mellor vontade desposásese coas súas esperanzas nin se doese tanto das súas inmerecidos infortunios. A súa pluma, a súa palabra, a súa influencia, as súas riquezas, todo púidoo ao servizo do país galego. Só por iso debe sernos sacra a súa Memoria."



Álvaro Cunqueiro sentía unha especial fascinación por un personaxe que aparece na segunda parte de Don Quijote: o Cabaleiro do Verde Gabán. Non é sorprendente, pois este cabaleiro deu moito que escribir, especialmente polo seu suposto erasmismo que  o hispanista francés Marcel Bataillon defendía fronte a outras voces prestixiosas, coma a de Américo Castro, que se ben afirmaba estar convencido da profunda influencia da obra de Erasmo en Cervantes e no Quijote, non a apreciaba neste personaxe. En calquera caso, Cunqueiro amosa fascinación, como vimos de escribir, polo do verde gabán a quen no libro Teatro venatorio y coquinario gallego, escrito con J.M. Castroviejo, fai recibir a uns cazadores amigos na súa casa. Porén, a influencia cervantina en Cunqueiro percíbese noutras das súas obras coma en As crónicas do Sochantre, onde parodia o recurso cervantino do manuscrito encontrado.  O influxo cervantino na obra do mindoniense é pois, clara e evidente, tal e coma o profesor Xoán González-Millán ten amosado en numerosas ocasións.
Se queres ler o capítulo I da novela inmortal de Cervantes traducida ao galego, preme aquí e nós, coma sempre, agardámoste onde o mundo se chama biblioteca.



miércoles, 8 de abril de 2015

Feliz IV Centenario Don Quijote

Andaba Miguel de Cervantes ensarillado na redacción do capítulo LIX da segunda parte da súa obra sobre o máis famoso fidalgo manchego que os séculos viron e verán (cuxa primeira parte, por certo, saíu do prelo en xaneiro de 1605) cando soubo que alguén, que asinaba coma Alonso Fernández de Avellaneda, viña de publicar un Segundo tomo del ingenioso hidalgo don Quijote de la Mancha. Así que, a don Miguel non lle quedou outra que alterar o seu plan e facer ir ao cabaleiro manchego namorado de Dulcinea a Barcelona, xa que o falso Quijote fora á Zaragoza. E por fin, malia todos os desenganos e traballos obtén o 30 de marzo de 2015 permiso para publicar a súa segunda parte.


Recursos e enlaces de interese:
 Créditos da segunda imaxe aquí.


martes, 7 de abril de 2015

Gabriela Mistral

Hoxe o doodle de Google lembrounos que se cumpren 126 anos do nacemento da escritora e pedagoga chilena Gabriela Mistral. Gabriela, Premio Nobel de Literatura en 1945, naceu en Vicuña e faleceu en Nova York o 10 de xaneiro de 1957. A súa poesía, marcadamente intimista, está tinguida por unha profunda tenrura cara os máis desfavorecidos e escrita cun estilo sobrio e sinxelo que progresivamente vai abandonando o modernismo que influiu os seus primeiros poemas.

Deixámosvos o seu poema "Doña Primavera", tan axeitado para estas datas de abril:
Doña Primavera

Doña Primavera
viste que es primor,
viste en limonero
y en naranjo en flor.

Lleva por sandalias
unas anchas hojas,
y por caravanas
unas fucsias rojas.

Salid a encontrarla
por esos caminos.
¡Va loca de soles
y loca de trinos!

Doña Primavera
de aliento fecundo,
se ríe de todas
las penas del mundo...

No cree al que le hable
de las vidas ruines.
¿Cómo va a toparlas
entre los jazmines?

¿Cómo va a encontralas
junto de las fuentes
de espejos dorados
y cantos ardientes?

De la tierra enferma
en las pardas grietas,
enciende rosales
de rojas piruetas.

Pone sus encajes,
prende sus verduras,
en la piedra triste
de las sepulturas...

Doña Primavera
de manos gloriosas,
haz que por la vida
derramemos rosas:

Rosas de alegría,
rosas de perdón,
rosas de cariño,
y de exultación.

Gabriela Mistral 
Enlaces e recursos de interese: