La página escrita é o título da revista literaria dixital online que publican trimestralmente a Fundación Jordi Sierra i Fabra de Barcelona e a Fundación Taller de Letras Jordi Sierra i Fabra de Medellín (Colombia). Por certo, no número de xaneiro publican unha entrevista coa escritora galega Fina Casalderrey.
lunes, 11 de abril de 2016
viernes, 8 de abril de 2016
Libros que van chegando: Siete breves lecciones de física
Porque la ciencia nos enseña a comprender mejor el mundo, pero también nos da una idea de la vastedad de lo que aún ignoramos.
Carlo Rovelli
Siete breves lecciones de física, escrito polo veronés Carlo Rovelli, é un percorrido polos fitos da física do século XX e XXI. O seu autor, físico teórico e un dos fundadores da chamada "gravidade cuántica de bucles", amosa unha enorme capacidade de achegarnos á ciencia dunha forma amena, clara e sinxela. Escribe Rovelli no prefacio:
Estas lecciones se han escrito pensando en quienes desconocen la ciencia moderna o la conocen poco. En conjunto, componen una rápida panorámica de algunos de los aspectos más relevantes y fascinantes de la gran revolución acaecida en la física del siglo XX, y, sobre todo, de las cuestiones y misterios que dicha revolución ha planteado. Porque la ciencia nos enseña a comprender mejor el mundo, pero también nos da una idea de la vastedad de lo que aún ignoramos.
jueves, 7 de abril de 2016
Marzo de poesía... en abril tamén XIII: "Mapas" de Concha Méndez
Atopamos na antoloxía La rosa de los vientos, que por certo podedes atopar na nosa biblioteca, un fermoso poema de Concha Méndez:
Mapas
Los mapas de la escuela,
todos tenían mar,
todos tenían tierra.
¡ Yo sentía un afán
por ir a la escuela…!
Soñaba el corazón
con mares y fronteras,
con islas de coral
y misteriosas selvas…
Soñaba el corazón…
¡ Oh sueños de escuela!
Concha Méndez
A ilustración que acompaña o poema realizouna Henri Meyer para a novela Un capitán de quince anos do escritor francés Jules Verne.
E non queremos despedirnos por hoxe sen lembrarmos que Concha Méndez foi unha poeta e editora que formou parte daquel grupo de mulleres ás que se pretende lembrar cun interesante proxecto chamado "Las sin sombrero". A elas tamén lles dedicaron unha exposición e un libro dixital no IES Lucus Augusti.
E non queremos despedirnos por hoxe sen lembrarmos que Concha Méndez foi unha poeta e editora que formou parte daquel grupo de mulleres ás que se pretende lembrar cun interesante proxecto chamado "Las sin sombrero". A elas tamén lles dedicaron unha exposición e un libro dixital no IES Lucus Augusti.
miércoles, 6 de abril de 2016
23 Días 'de libro´
Este é o lema da nova campaña lanzada polo observatorio da Lectura e do Libro do Ministerio de Educación, Cultura
e Deporte para " incidir en la importancia de los libros y contribuir a la
conmemoración del Día del Libro, que se celebra cada año el 23 de abril". Preme aquí se queres acceder a máis información sobre esta campaña.
martes, 5 de abril de 2016
Marzo de poesía... en abril tamén XII: o soneto 116 de Shakespeare...
Sabedores da afección a Jane Austen dalgúns dos membros da nosa comunidade educativa, queremos hoxe lembrarvos que o soneto 116 de Shakespeare é recitado por Marianne Dashwood, interpretada por Kate Winslet, na versión cinematográfica da novela Sentido e sensibilidade dirixida por Ang Lee (1995).
lunes, 4 de abril de 2016
Día Mundial de Concienciación sobre o Autismo
En este Día Mundial de Concienciación sobre el Autismo, insto a que
se promuevan los derechos de las personas con autismo y se asegure su
plena participación e inclusión, como miembros valiosos de nuestra tan
diversa familia humana, para que puedan contribuir a crear un futuro de
dignidad y oportunidad para todos.»
Mensaxe do Secretario Xeral da ONU, Ban Ki-moon
con motivo do Día Mundial de Concienciación sobre o Autismo, 2 de abril de 2016
con motivo do Día Mundial de Concienciación sobre o Autismo, 2 de abril de 2016
A Asemblea Xeral das Nacións Unidas decidiu designar o 2 de abril Día Mundial de Concienciación sobre o Autismo na Resolución 62/139 do 18 de decembro de 2007.
No blogue Alto, alto como una montaña atopamos este vídeo que forma parte do proxecto audiovisual "A canción de Manuel".
Preme aquí para coñecer os outros vídeos deste proxecto.
viernes, 1 de abril de 2016
Día do Libro Infantil
Mañá, 2 de abril conmemoraremos un ano máis o Día Internacional do Libro Infantil. Como sabedes, esta data foi elixida por ser a do nacemento do escritor danés Hans Christian Andersen.
Este ano o IBBY (The International Board on Books for Young PeoplE) elixiu á escritora brasileira Luciana Sandroni para redactar a mensaxe deste día tan especial, mentres que imaxe do cartel é obra de Ziraldo coñecido escritor, xornalista e ilustrador tamén brasileiro.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)






