Poéticas diversas na biblioteca escolar é o lema escollido para o cartel que elabora a Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional. Unha suxerente ilustración de Nuria Díaz convídanos a descubrir a poesía en todas partes.
jueves, 11 de octubre de 2018
miércoles, 10 de octubre de 2018
Libros que van chegando: Anatomía da lingua de Antón Cortizas
É tan grande esta miña
pequena e humilde lingua
que nunca chegarei
a pronunciala enteira.
Antón Cortizas, Anatomía da lingua
Anatomía da lingua é un poemario de Antón Cortizas con ilustracións de Leandro Lamas que vén de chegar aos nosos andeis. Un libro no que a musicalidade e o ludismo se combinan harmoniosamente arredor dun único tema: a lingua.
martes, 9 de octubre de 2018
Unha longa viaxe
Unha longa viaxe é o título dun novo álbum que vén de publicar a editorial Kalandraka e do que temos nova grazas ao blogue Rede Lectura.
jueves, 4 de octubre de 2018
Outono con poesía
![]() |
| Retrato de Gustavo Adolfo realizado polo seu irmán Valeriano |
Que é poesía? Hoxe escollemos a famosa Rima XXI de Gustavo Adolfo Bécquer para buscar unha resposta:
¿Qué es poesía?, dices mientras clavas
en mi pupila tu pupila azul.
¿Que es poesía? ¿Y tú me lo preguntas?
Poesía… eres tú.
en mi pupila tu pupila azul.
¿Que es poesía? ¿Y tú me lo preguntas?
Poesía… eres tú.
Gustavo Adolfo Bécquer
miércoles, 3 de octubre de 2018
Juan Kruz Igerabide, Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil 2018
O escritor guipuzcoano Juan Kruz Igerabide vén de recibir o Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil 2018 polo seu libro Abezedario titirijario. A obra, escrita inicialmente en euskera, vén de ser traducida ao castelán, galego e catalán.
Parabéns!
martes, 2 de octubre de 2018
Libros que van chegando: Soneto no alfabeto
Soneto no alfabeto é o novo poemario de Xoán Carlos Domínguez Alberte: unha homenaxe as 22 letras do alfabeto galego.
Pon e supón que o poema é un pan
que preparas con palabras puídas
que acaparas en patrias nacidas
do pensamento en semente artesán.
X.C. Domínguez Alberte, Soneto no alfabeto
lunes, 1 de octubre de 2018
Un poema de Ana Romaní
Hoxe deixámosvos un dos máis coñecidos poemas de Ana Romaní quen, como lembrabamos o pasado xoves vén de recibir o Premio Nacional de Xornalismo Cultural.
"Belas irmás, subide
ás mais firmes rochas"
EDITH SÖDERGRAN
Camiñan descalzas polas rochas,
pantasmas de sal habitan as sombras,
saben que as últimas mareas
esqueceron na praia os restos do naufraxio.
As mulleres recollen cada noite
os tesouros de auga, líquidos e fráxiles,
rebélanse contra a Historia,
constrúen co mar as estatuas
que nunca permanezan.
As mulleres de sal, con argazos de sombras,
xorden das últimas mareas
e tecen tesouros de auga cada noite
contra a Historia.
Elas, que saben que o efémero permanece.
Ana Romaní: Das últimas mareas
Suscribirse a:
Entradas (Atom)







