Centro

viernes, 23 de noviembre de 2018

Día Internacional Contra a Violencia de Xénero

A biblioteca do noso centro e o Equipo de Dinamización da Lingua Galega convocan un ano máis o Certame Literario 25 de novembro (para 3º e 4º de ESO) no marco das actividades organizadas para o Día Internacional Contra a Violencia de Xénero.



jueves, 22 de noviembre de 2018

Novembro de ciencia X: Marie Curie e o Premio Nobel de Física

Hai un tempiño recibimos a nova de que a científica canadiense Donna Strickland se convertía na terceira muller en recibir o Premio Nobel de Física. Pero, quen foron as outras dúas?

A primeira muller que recibiu o Nobel de Física foi Marie Sklodowska Curie en 1903. Marie, que foi a primeira muller en recibir este premio, foi galardoada en 1903 conxuntamente co seu marido Pierre Curie e o científico Henry Becquerel. En 1911 recibiu o seu segundo Nobel, nesta ocasión de Química.


miércoles, 21 de noviembre de 2018

Novembro de Ciencia IX: Premios Nobel de Física 2018

A investigadora canadiense Donna Strickland recibiu o Premio Nobel de Física conxuntamente con Arthur Ashkin e Gérard Mourou polas súas “rompedoras invencións no eido da física do láser" segundo anuncio a Real Academia de Ciencias de Suecia. Strickland é a terceira muller que recibe este galardón. 

Para saber máis:

martes, 20 de noviembre de 2018

lunes, 19 de noviembre de 2018

Día das Librerías

O pasado venres 16 de novembro conmemorouse o Día das Librerías. Co gallo desta data Canal Lector ofrécenos unha selección de libros sobre librarías para todas as idades titulada "Benditas librerías".


viernes, 16 de noviembre de 2018

Ida Vitale Premio Cervantes

La palabra infinito es infinita,
la palabra misterio es misteriosa.
Ida Vitale

A poeta uruguaya Ida Vitale vén de ser galardoada co Premio Cervantes. Vitale adóitase incluír na chamada Generación del 45 ao carón de Juan Carlos Onetti ou Idea Vilariño.


Para saber máis:

jueves, 15 de noviembre de 2018

Novembro de ciencia VI: Alicia Estévez, premio María Wonenburger 2018

Alicia Estévez, catedrática de Microbioloxía na USC e membro da Real Academia Galega de Ciencias, foi galardoada co Premio María Wonenburger deste ano. Este premio, que leva o nome da coñecida matemática coruñesa, outorgase cada ano pola Unidade da Muller e Ciencia (Secretaría Xeral de Igualdade).
Para saber máis: