Centro

viernes, 11 de febrero de 2022

Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia

 Co gallo desta data vimos de publicar unha sección na aula virtual na que atoparedes  unha recompilación de recursos e unha mostra dos traballos realizados arredor da figura que escollemos este curso no noso centro: Isabel Zendal.

  • Preme aquí para acceder á sección.

miércoles, 9 de febrero de 2022

Candeloria


O pasado 2 de febreiro foi o día da Candeloria, unha festa da cultura popular con ampla presenza no refraneiro coma xa observastes coa actividade organizada polo EDLG. Unímonos a esta conmemoración cun fermoso poema de Lois Amado Carballo:

 


A CANDELORIA

   Na catedral do abrente
hoxe cásans'os paxaros,
con nubens de neve e ouro
está o ceo galanado.

   Ficou o día ancorado
na ría donda do ceo.
Os roibens soben no lonxe
como rosarios d'encenso.

   O xantar do casamento,
roibo, na palma da man
das eiras madrugadoras
xa está arranxado no val.

   Vai tocando pol-o campo
a sua zanfona o rego
e canta o vento nas farpas
sonorosas dos piñeiros.

   O campo as montanas ruzas
envolve en capa pluvial
co hisopo do sol mollado
dalles a beizón nupcial.

   Do casebre nugallán
soben os vivas dos galos
e na festa d'esta noite
estrena un luar o campo. 

Lois Amado Carballo, Proel

 

viernes, 28 de enero de 2022

Día da Paz

 O vindeiro 30 de xaneiro conmemoramos o Día da Paz. Podedes atopar na nosa aula virtual unha selección de recursos así coma as actividades que vimos realizando ao longo destes cursos.


 


lunes, 24 de enero de 2022

lunes, 17 de enero de 2022

viernes, 24 de septiembre de 2021

E... de novo aquí

Aquí estamos un curso máis neste lugar onde o mundo se chama biblioteca. Empezamos tendo moi presente o lema das bibliotecas escolares para este ano académico: "A biblioteca escolar ten a palabra".