Centro

viernes, 10 de noviembre de 2023

Samaín



 

O EDLG preparou moitas actividades para este día: dramatización do conto Carabuñas por parte do alumnado de 2º de ESO, redacción de "historias de medo", exposición de cabazas...

 

A biblioteca sumouse coa súa colaboración na dramatización e cunha exposición de libros de medo na sala de secundaria que podedes visitar ata o vindeiro venres.



jueves, 28 de septiembre de 2023

miércoles, 21 de junio de 2023

Felices lectura de verán

 Un curso máis chegou á fin e nós, coma xa vén sendo común ultimante, deixámosvos un enlace con "Lendo en Sansa" onde atoparedes recursos e suxestións para unhas felices lecturas de verán.

Sorolla



miércoles, 31 de mayo de 2023

Parabéns!

Queremos dar os parabéns ás dúas alumnas do noso centro premiadas no I Concurso de Banda Deseñada e Humor convocado polo Museo do Humor Xaquín Marín e Demo Editorial.


martes, 23 de mayo de 2023

Día das Letras Galegas

Faladoiros interxeracionais, semente de versos, charla-obradoiro con Siro, maios... Esta data veu "cargada" de actividades que podedes consultar na nosa web. Desde a biblioteca unímonos cunha selección de recursos e unha guía de suxestións.


martes, 9 de mayo de 2023

As nosas actividades do Día do Libro

 Amadriñamentos e apadriñamentos lectores, contacontos, obradoiros de poesía,  unha homenaxe moi especial ao libro O principiño de Saint-Exupéry... Se queres saber máis sobre a celebración desta data no noso centro preme aquí.



jueves, 20 de abril de 2023

Día do Libro

 Estámonos achegando ao Día do Libro e nós temos programadas xa as actividades que se desenvolveran. A Consellería de Cultura Educación, Formación profesional e Universidades convídanos a celebralo cun  cartel moi especial cuxo texto elaborou Montse Pena Presas.