Este curso sumámonos ás actividades para conmemorar esta data cunha guía de suxestións e unha recompilación de recursos.
viernes, 7 de marzo de 2025
martes, 1 de octubre de 2024
De volta
EU TAMÉN NAVEGAR
Xohana Torres
Un curso máis estamos de volta neste blogue, aínda que na biblioteca xa levamos traballando todo este mes elaborando proxectos coma os do Club de Lectura e Biblioteca Creativa), programando actividades, etc.. Por suposto, non nos esquecemos das tarefas diarias nas que xa contamos coa axuda do noso equipo de alumnos e alumnas de EP.
Este curso a ilustradora e muralista Xoana Almar preparou un cartaz para as bibliotecas escolares sobre unha obra teatral realizada a partir do poema de Xohana Torres "Eu tamén navegar".
jueves, 20 de junio de 2024
Verán
Estamos a piques de entrar na nova estación e con ela nas vacacións. A nós, coma xa sabedes, gústanos moito recomendar a lectura para estes longos días estivais, así que, deixámosvos un enlace cunha sección da nosa aula virtual, Lendo en Sansa, na que poderedes atopar suxestións de lectura e recursos para seleccionar estas.
Manet: Casa en RueilFelices vacacións de verán!
jueves, 23 de mayo de 2024
Yolanda Castaño
O pasado mércores o alumnado de 4º de ESO asistiu á unha charla coa poeta Yolanda Castaño organizada pola Biblioteca Municipal.
martes, 14 de mayo de 2024
Guía de suxestións: Luísa Villalta
O Día das Letras Galegas está dedicado este ano á escritora, música e filóloga Luísa Villalta.
viernes, 19 de abril de 2024
Roteiro literario: Mondoñedo
O xoves 21 de marzo o alumnado de 4º de secundaria visitou Mondoñedo. Alí dividíronse en dous grupos: un visitou as Covas do Rei Cintolo e outro realizou un roteiro literario por Mondoñedo e visitou o Museo Casa Cunqueiro. Posteriormente reuníronse todos para ir a Lourenzá onde lembramos a Paco Fernández del Riego.
Esta actividade, organizada pola Biblioteca e o EDLG, permitiunos ver a máquina de escribir coa que Cunqueiro nos axuda aínda hoxe a soñar a través das letras.
viernes, 12 de abril de 2024
Ler conta moito:
O martes 2 de abril o alumnado de Educación Infantil asistiu ao espectáculo "A Orixe" de Raquel Queizás na Casa da Cultura,
organizado pola Biblioteca Municipal co gallo do Día Internaciónal do Libro Infantil.
Poderás atopar máis información na nosa web.










